Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito no Curdistán

Alemaña prohibe unha canle de TV curda, "voceira" do PKK

As autoridades consideran que afoutaba os espectadores a se integraren na guerrilla, considerada como grupo terrorista pola lexislación xermana.

Redacción - 12:00 25/06/2008
'Roj TV' emite para Oriente Próximo e Europa

'Roj TV' emite para Oriente Próximo e Europa

As autoridades de Alemaña vetaron a emisión dentro das súas fronteiras á canle de TV curda con base en Dinamarca, Roj TV (TV O día), segundo confirmou este martes un voceiro gobernamental. A razón esgrimida polo Ministerio do Interior é que esta apoia a loita do pobo curdo contra Turquía.

Segundo o goberno, Roj TV é un "voceiro" do Partido Curdo dos Traballadores (PKK), grupo guerrilleiro cualificado de grupo terrorista pola lexislación xermana, "que defende a violencia como medio para impor ás súas aspiracións autonomistas".

Ademais, a mesma fonte ministerial comentou que a emisora fai propaganda para recrutar guerrilleiros que se sumen ao conflito armado entre o PKK e o Estado turco.

A prohibición leva consigo a inmediata disolución da empresa alemá VIKO Fernseh Produktion GmbH, con sede en Wuppertal, ao oeste de Alemaña, que produce programas para Roj TV, e a incautación de todos os seus bens.

Críticas d'Os Verdes
A decisión foi criticada pola portavoz de Interior do opositor partido Die Linke (A Esquerda) e ex d'Os Verdes, Ulla Jelpke, que acusou o goberno de "verter aceite no lume" do conflito turco-curdo.

Roj TV
, afirmou, conta cunha programación cultural e informativa en turco, curdo, árabe e persa que chega a diario a millóns de persoas en Oriente Próximo e en Europa.


2,33/5 (3 votos)

Comentarios (2)

Inxel #1 26/Xuño/2008 Inxel

A democrática Alemaña de Merkel baixa a testa ante os poderes represivos de Turquía e abafa a voz dos "humillados e ofendidos". Señores, ningún pobo ten direito a rebelarse contra o poder dominante e represivo, suceda onde suceda. Tamén aquí. É máis: Se che dan unha labazada na meixela esquerda, debes pór a direita e, por suposto, o cu.

El_Uali #2 27/Xuño/2008 El_Uali

ei, Ulla Jelpke nom é dos Verdes, mas de Die Linke, como se pode ver na sua web

http://www.ulla-jelpke.de/

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: