Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nunha cita pioneira da riqueza marítima do país

Ao PP parécelle "de novos ricos" que a cultura mariñeira de Galiza chegue a Brest

A frota sae cara á Bretaña, onde Galiza será país convidado de honra na festa internacional pola que se espera o paso dun millón de persoas.

Redacción - 14:00 07/07/2008

Dornas, gamelas, botes, galeóns, buceta, lancha do xeito, traiñeira... A frota que representará a Galiza na Festa Marítima Internacional, en Brest, iniciou camiño cara á Bretaña francesa. As vintecinco embarcacións tradicionais irán por terra e chegarán aló entre o 8 e o 10 de xullo. Por outro lado, o Hidria Segundo, o barco de vapor orixinal que completa a frota, navega por mar cara ao peirao bretón.

Aló, todo está xa preparado para unha semana de actividades, en terra e mar, coa que dar a coñecer as tradicións mariñeiras galegas, e tamén a música e gastronomía do país, entre outras manifestacións culturais. De xeito especial, o 16 de xullo vaise celebrar o Día de Galicia, marcando así un fito na divulgación do patrimonio marítimo galego, cunha presenza destacada en Brest pola que a Federación Galega de Cultura Marítima e Fluvial leva anos loitando.

O PP critica a delegación galega
"A crise actual debería obrigar a Xunta a moderar os gastos", expuxo este luns o voceiro de Cultura do grupo parlamentario do PPdeG, Ignacio López Chaves, de paso que criticaba o proxecto e pedía que se expliquen polo miúdo os gastos orzamentados para este evento. "Moitos galegos están pasando dificultades e cústalles chegar a fin de mes", afirmou López Chaves, opinando que "non é de recibo que por riba vexan á consellaría de Cultura gastando os seus impostos en viaxes e festas". Chaves dixo ver compormento de "novos ricos" no Goberno ao tempo que criticaba o programa de exposicións, concertos, obradoiros e demais actividades que Galiza organizará en Brest, argumentando que en tempo de crise económica a Xunta "ten que dar exemplo de austeridade".


Ligazóns

4,92/5 (13 votos)

Comentarios (21)

longanoitedepedra #1 7/Xullo/2008 longanoitedepedra

Este home non merece nin que os medios reproduzan as suas valoracións. Sen dúbida Fraga e os seus cen mil gaiteiros e demais espectáculos magnánimos eran para este señor a mostra máis clara de austeridade e contención.
Unha vez máis demóstrase que a cultura e o PP son absolutamente incompatíbeis.

Paiogomes #2 7/Xullo/2008 Paiogomes

Estou completamente de acordo co que manifesta o deputado popular, a Xunta "ten que dar exemplo de austeridade" e "moderar os gastos". Por iso deberían suprimir os salarios supérfluos destes parlamentarios inúteis anti-cultura e anti-galegos. Aforrar os cartiños para seguir levando a nosa cultura onde faga falta.

mceleiro #3 7/Xullo/2008 mceleiro

#2 Concordo 100%

fillotolo #4 7/Xullo/2008 fillotolo

Se houbera que pagar 100 millóns de € en promover o arte andaluz, ou en facer bandeiras españolas seguro que diríanbotarían a man o peito e dirían que si "porque ser español es un orgullo". Para min Anti-Galegos do PP e PSOE é un orgullo ser galego. Eu son GALEGO e quero que se gasten todos os cartos que se poda en promover e coidar a miña cultura e a miña lingua. Xa sabedes, o que vos digo sempre, se vos sentides mal na Galiza coa nosa forma de ser e a nosa lingua podedes irvos que non vai haber quen vos chore..

petopitopato #5 7/Xullo/2008 petopitopato

Calquera medida que proxecte o país no exterior cunha imaxe propia e non subsidiaria de España, é para o PP de Feijoo caseque delito...

Garrano #6 7/Xullo/2008 Garrano

Nin un peso dende os concellos do BNG para as procesións marítimas do Carme nin para os clubes nauticos elitistas e as suas actividades. Non querían austeridade? Pois a rañar no peto da igrexa!

lavesedo #8 7/Xullo/2008 lavesedo

Sairá o ghavoteiriño defender as palabras do voceiro de Cultura do PP?
Sería moi moi gracioso...

Anti_Lusista #9 7/Xullo/2008 Anti_Lusista

Cinismo Power peperos do carallos! Ou como dicía o protagonista da Laranxa Mecánica, Excus-cusas.

Promoción internacional do país como tal, PAÍS, esta é unha tarefa pendente.

Gaias #10 7/Xullo/2008 Gaias

Mais non lles parece mal pagarlle millons a Julio Iglesias polo Xacobeo, ou gastar millons no mausoleo do Gaias. E iso ainda era para beneficio dos galegos, pq peor ainda son as visitas do Papa a España ou a promocion dos Xogos Olimpicos en Madrid, a promocion do castelan no mundo,etc pagado todo tamen cos impostos de todos nos.

Gaias #11 7/Xullo/2008 Gaias

Eles esta contra todo o que sexa que Galiza, a sua lingua e cultura, se de a coñecer no mundo.
O que lle molesta e todo o que non cheira a cruz, flamenco, touros e castelan. Molestalles que Galiza teña identidade, lingua, autogoberno. Molestallese que sexamos unha NAZON.

polaesquerda #12 7/Xullo/2008 polaesquerda

O PPeros teñen moito que calar ... en canto a derroches, tamén dicer que o bng-psoe son continuadores dos gastiños astronomicos do Monte GAIAS e o futuro mantemento que por suposto EU non comparte..
Sáude e república

pitadomonte #13 7/Xullo/2008 pitadomonte

Hola, son novo por estes lares,e gostariame dar a miña opinión sobre este tema. Por que non nos din os cartos que gastaron cas pantallas xigantes que colocaron as diputacións provincias e mais los concellos (Tanto os do PP. como os do PsoE)nos partidos da eurocopa. Porque lles parece tan mal que Galiza pode camiñar sen que precise de ninguen que a leve da man?. Mais mal foron gastados os cartos nas pulpadas na emigración,antes e agora(o cheque señor Feijoo)( A axente elctoral Sr. Touriñof)pero eso acarrexa votos,ainda que sexa a costa das necesidade das xentes.

DanielErreCe #14 7/Xullo/2008 DanielErreCe

En tempos de crise o que toca é que as empresas que durante dúas décadas estiveron gañando a eito, agora empreguen os cartos en tecido industrial, comecial e I+D+i, aquí, na casa... E os políticos podían comezar por meter man nas Caixas de Aforro para que reinvistan no tecido produtivo de Galiza eses beneficios astronómicos que cada ano nos mostran con orgullo polos medios.

Pero, claro, como Méndez e compañía non obxectan á hora de financiar as campañas dos partidos, logo, os políticos séntense agradecidos e só aparecen polos consellos de administración das caixas para cobrar e dicir a todo que si.

Logo aínda temos que escoitalos falar da austeridade dos outros, como se fosen exemplo a seguir. Que país!

Alberto #15 7/Xullo/2008 Alberto

a verdade que despois de gastarse tantos cartiños nas regatas subencionadas polo anterior goberno do PP, con aqueles barcos tan tan chulos que os ricos podian seguir tomando un vermouth dende seus yates, non me extrana que estos vexan que é tirar os cartos mandar catro "barquiños de nada" a unha exposición na que eres o convidado de honra e que van ver non sei cantos miles de persoas... ahh! si a sarna fose ouro!!

rober #16 7/Xullo/2008 rober

cando arda o "pp", os bons cidadáns deveriam botar gasolina enriba deles

rober #17 7/Xullo/2008 rober

ás tendas dos do pp non hai que ir comprar , hai que aforrar, son tempos de crise, aos especuladores ladrois do pp non hai que comprarlles nada, son tempos de crise, que vaian roubar aos de fóra,. Levamos centos de anos suportando-os, é tempo de DESENMASCARA-LOS

outrolector #18 7/Xullo/2008 outrolector

É dificil non insultar gravemente aos membros do grupo parlamentar do PPdeG e ao voceiro de Cultura. É inutil lembrarlles como calaban e cagaban por sí se lle tusían ao ex-faraón Fraga. É unha obviedade constatar que nin antes nin agora tiveron vergoña nin dignidade ningunhas.

Tino #19 8/Xullo/2008 Tino

Estes galliguistas noevos ricos q se piensan, q los imos acetar en el clú de golf ó en los licéos.
La coltura de los ricos de galicia es comprarles pellejos i astraconas a noestraas señoras, para q los lozcan los domincos en la misa, ir con la cartera llena de billetes a puticlús i comprarle el descapoteibol a noestros querubines (incluido el capital necezario para subornos a policias de turno q le saquen las multas de tráfico i por ir llenos de droja astra las tapas).

Viva la coltura PPaifoca!

mercedes #20 8/Xullo/2008 mercedes

Despois de tempo retomo esto. Estiven en Ferrol en xullo pasado e aquelo foi unha marabilla. Estar en Brest dará a coñecer Galiza, e quen nono vexa é só un imbecil.

carlosroca #21 10/Xullo/2008 carlosroca

De novos ricos é a Volvo Ocean Race... este Lopez Llaves fai clown...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: