Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Decisión do xurado de A polo ghit

Boy Elliott and The Plastic Bags, xa temos a canción do 2008!

A súa canción “Planeta 19” representará a Galiza no eurofestival de linguas minorizadas Liet-Lavlut que se celebrará en Laponia.

Redacción - 13:00 16/08/2008
Boy Elliot and the plastic bags

Boy Elliot and the plastic bags

O xurado de A Polo Ghit decidiu que unha banda da comarca de Ferrol, Boy Elliott and The Plastic Bags, sexa a encargada de representar ao noso país no eurofestival Liet-Lavlut, que terá lugar o 18 de outubro na cidade lapona de Luleå.

A decisión non foi nin moito menos doada xa que este ano A polo ghit volveu bater marcas de participación. Finalmente os membros do xurado: Tito Lesende (crítico musical); Xosé Manuel Pereiro (decano do CPXG), Patricia Romero (presidenta do club de fans da orquestra panorama); e Ramón Domínguez (dillei Zarpaelamor) optaron pola canción que levaba por título “planeta 19”.

Agora, todos con Boy Elliot a Laponia!


4,47/5 (15 votos)


Comentarios (21)

fillotolo #1 16/Agosto/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sona moi ben e actual. Esto amosa que en galego se pode facer música de calidade e sobre todo me alegro que non gañase unha canción das de sempre, desas de Rock Combativo das que escoitada unha escoitadas todas.
Viva Galiza e a súa música!!!

Aldara #2 16/Agosto/2008 Aldara
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A canción é boísima. Parabéns e a por todas

Pantera #3 16/Agosto/2008 Pantera
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A canción é cojonuda, pero o enlace non vai.

Pantera #4 16/Agosto/2008 Pantera
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este sí vai... http://es.youtube.com/watch?v=...

canido #5 16/Agosto/2008 canido
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

juajuajua!!! Fijo que non van pasar indiferentes os lapóns, e non lapóns, cando en pleno festival de linjuas minoritarias jalicia presenta un jrupo que no seu concerto canta en injlés e español. Vamos, de tontos pra riba imos quedar os jalejos, e non polo jrupo en si, pero si jracias ao xurado ten que ter a cabeza ben alta.... juajuajuajuajuajua!!! Orjullosos tedes que estar os Pereiro, Lesende, que se supón xente estudiada e compañía do cristo que se vai montar. Iso si, se os Boys son quen de montar un repertorio en jalejo retiro o de BURRROOOOOOOSSS!!! juajuajuajuajua!!! ah non o dijo eu, dino eles no seu myspace e na súa páxina oficial. A ver quen supera isto...

tato101 #6 16/Agosto/2008 tato101
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A culpa non a teñen nin o grupo (que soan moi ben), nin o xurado (que escollen segundo o seu criterio). A culpa téñena os que argallaron algo tan absurdo como que o gañador de un concurso desta índole sexa o representante de galiza nun concerto de linguas minoritarias. RIDÍCULO con maiusculas.

kaskada #7 16/Agosto/2008 kaskada
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Canido, vese-che o plumeiro, aio igual que ao bobo e o radicalfuit

canido #8 16/Agosto/2008 canido
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Acertaches!!! cuspidiños a min jjuajuajua!!!

canido #9 16/Agosto/2008 canido
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

polo visto os do xurado non sabían o do concerto tato101

engel #10 17/Agosto/2008 engel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Teño que dicir que para min a canción é das mellores da final: boa letra, melodias pegadizas, un bo retrouso, ... pero non é normal que un grupo que canta habitualmente en castelán e inglés, co myspace en castelán e que presenta os seus concertos en castelán, represente a Galiza nun festival de músicas minorizadas.
Non estou votándolle a culpa o grupo nin moito menos, teñen dereito a cantar no que eles queiran e terán o meu respeito para que asi o fagan se eles queren. Non sei se foi culpa do xurado ou da organización pero isto non pode ser, non ten lóxica.
Seria unha pena que o grupo, sen ter culpa de nada, pagara os pratos rotos pola falta de visión que amosaron neste caso tanto a organización (Vieiros e a RTVG) coma o xurado (por moito que digan de que non sabian o do festival de linguas minorizadas) que se enteren, que para iso están no xurado. E síntollo por eles, porque ata o de agora, tanto Vieiros coma a Radio Galega, amosaron sempre o seu apoio a música en galego, pero un erro tan grave debe ter consecuencias, que fagan unha pequena reflexión sobre estas verbas e daranse de conta do seu erro e das nefastas consecuencias que poden acarrear a música en galego.
E non me vale que digan que e unha boa maneira para que os grupos comezen a cantar en galego, que vexan que o galego ten saída, etc.
A un festival de esas características non debe ir un grupo que non teña unha sensibilidade mínima co idioma, unha cousa tan sinxela coma a de ser galego e cantar en galego. Se a día de hoxe non deron entendido isto, con todos os meus respeitos cara o grupo, non merecen representar a Galiza nun festival de músicas minorizadas.

Geresiao #11 17/Agosto/2008 Geresiao
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Polo que entendo, ese festival e de "temas musicais cantados" nunha lingua minorizada concreta (aquí o galego) e ese ten que ser a condición esencial, independentemente da vida privada(mesmo diría da nacionalidade) dos músicos. Se calla, mesmo a nosa lingua podía estar ben representada cun excepcional tema en galego (para min o fundamental neste caso) interpretado por algún dos mais grandes cantantes do mundo.

yola #12 17/Agosto/2008 yola
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

gosto moito deste grupo e o tema está xenial. Parabens.

Sara_Mago #13 17/Agosto/2008 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Era, com diferencia, a melhor cançom do concurso. Parabens para a banda e parabens para o juri.

A Galiza é espanholeira, assim que ninguem se deveria surprender de que a maioria das bandas tambem o sejam. Espero que o ter ganhado este concurso e a promoçom que isso vai supor fazam reflectir a estes excelentes musicos.

O galego nom é umha lingua minoritaria e, portanto, a Galiza nom pinta nada em Laponia. Como vai ser umha lingua minoritaria com mais de 200 milhoes de falantes espalhados por todo o mundo e sendo alias a mais falada na Galiza. Claro que alguns prefirem ser um dialectinho do espanhol pra alimentar o vitimismo e a negra sombra antes do que ousar ser lingua. Ridiculo.

asterix #14 17/Agosto/2008 asterix
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por moito que o intenten NON NOS VAN CALAR!!! Entra na web do sector maioritario de Terra Galega: http://www.terra-galega.org

Pantera #15 17/Agosto/2008 Pantera
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo con Sara, eu tampouco vexo claro eso de etiquetar ó Galego coma lingua minoritaria. Por outra banda, Boy Elliott compón e utiliza no seu directo varias linguas dende os tempos do seu anterior grupo, os Blood Filloas (Superheroe, fai 12 anos no Xabarin Club, alguén lembra?), e teño entendido que así seguirá sendo. Ogalla os rapaces poñan maior énfase en utilizala nosa lingua. Cando o fan, os resultados son espectaculares, véxase a súa aportación ó Manifesto Dobarrista “Por non poder” http://www.dobarrismo.com coma claro exemplo.

lalala #16 18/Agosto/2008 lalala
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

pois a min paréceme que un grupo que fai as súas cancións en castelán ou inglés, non é para nada representativo de galicia por moito que fagan un tema en especial para poder presentarse a un concurso e pegarse unha viaxe pola cara para disfrutar das suecas
Blood Filloas e Boy Elliott and the Plastic Bags non son comparables para nada, nin por estilo nin por nada, que teñan ó cantante en común é unha mera anécdota, e o Manifesto Dobarrista é precisamente eso, un disco con temas de un señor chamado Andrés DoBarro así que só faltaría que fixeran un tema orixinalmente composto en galego, en castelán, sería o colmo!
por participar nun disco homenaxe a un home histórico na música galega, xa se pode un olvidar de que é un grupo con temas propios en castelán e inglés? ahhhh, é que participar nese disco non foi para buscar publicidade, nin foi polos cartos gañados, foi porque son un grupo comprometido co idioma galego!

dende logo, o xurado luciuse

esmorgaynor #17 18/Agosto/2008 esmorgaynor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gente de Vieiros: de comarca de Ferrol nada, comarca de Ourense que nom é o mesmo.

Para os demais: o galego é umha lingua minorizada na Galiza, mais cedo ca tarde há ser minoritaria também, tanto tem que haja 200 milhons de brasileiros a falar o que seja.

Para Boy Elliot & The Plastic Bags, PARABENS RAPAZES!!!
Ganhou a melhor música e isso é o que importa, o que falem e o que cantem esta tropa no seu tempo livre é o de menos.

Ou que preferides, levar um tema mediocre, isso si com gente co carné de patriota na boca? Si é que sim, entom nom digo nada...

Pantera #18 18/Agosto/2008 Pantera
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tampouco e exactamente asi, a banda esta formada por dous ourensans e o ferrola Boy Elliott (Fene, 1974). De ahi vira o titular. Pero bueno, o de menos e o lugar onde pacen os musicos, para o caso que nos ocupa.

GustavoHarvey #19 18/Agosto/2008 GustavoHarvey
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero vamos a ver ho!

Desde cando os grupos se forran facendo discos homenaxe... e moito menos discos homenaxe dos que se venden menos de 500 copias e participan 32 grupos? Por certo Annie Hall ou 6pm... cantan en español porque o señor Dobarro tamén cantaba cancións en español.

Os filloas tiñan todos os seus temas en inglés e o único que publicaron que non fora nesa lingua foi en galego. A ver se deixa algún de falar sen ter nen puta idea do que fala... porque ás veces xa é un bocadiño insufríbel ter que ler algún desinformado.

Un chisquiño de calma que isto só é un concurso para participar noutro concurso... non é un contrato con EMI. Preguntádelle aos gañadores dos anos anteriores se puderon deixar de traballar para adicarse exclusivamente á música grazas ao apologhit! Menos demagoxia ho!

Por certo, se o festival ese é estilo Eurovision abonda con ter unha canción na lingua minorizada non creo que lles deixen facer un concerto de hora e media e como moito... o maior problema será que teñan que facer algunha canción máis en galego para poder ir ao concurso, feito que suporá novos temas pop en galego que non nos van vir nada mal. É máis, se vos fai falla apúntome a escribir algunha.

Hala a outra cousa que isto xa rematou. ;)

Tino #20 19/Agosto/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Com este comentario kero centrar-me mais nas cançons "derrotadas,, frente a ganhadora q ten o galadom com todos os méritos (foi a minha favorita para ir ao festival), explico-me:
-Votar umha cançom para q seja êxito do verám; ou
-Votar para q nos represente na Lapónia?

Em mim pesou mais o festival, mais há cançons do verám q superam a ganhadora para este título.
As minhas favoritas Licor-café e Arroz-con-chícharos (esta última deveria cuidar um pouco mais a produçom e evitar essa voz mal-soante q dá o contra-ponto, por muito q se imponha no panorama musical desse estilo musical).
As piores: a de Ghoselito está desfassada no tempo, as letras actuais já superarom a época ''anakiro,,. E a do Chuli-boy é umha transposiçom directa do Unhombredeverdad da Alaska traduzida ao galego. E q considero q nom deviam ser seleccionadas para o Top-10.

Polo medio estám algumhas melhores e piores em qualidade, mas merecem um aplauso polo feito de estarem aí.

abretedeorellas #21 20/Agosto/2008 abretedeorellas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Totalmente dacordo co que di GustavoHarvey.

E sen entrar en máis consideracións que as preguntas apuntadas po Tino, eu tamén diferenzo:
Canción do verán? "Os dous amigos" de Roger de Flor
Canción para o concurso? "Planeta 19"

Noraboa, Dani e compañía.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete