Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito no Cáucaso

O presidente de Cosova di que o seu caso non xustifica o de Osetia do Sur e Abkhazia

Medvedev advirte que Rusia dará resposta ao despregamento de mísiles da OTAN perto das súas fronteiras.

Redacción - 11:30 27/08/2008

O presidente de Cosova, Fatmir Sejdiu, afirmou este martes que o recoñecemento da independencia cosovar por moitos países non pode servir de argumento para xustificar a decisión rusa de recoñecer a independencia de Osetia do Sur e Abkhazia.

"Sempre insistimos e seguiremos a insistir en que Cósova posúe características específicas. É un caso único no seu xénero o que non pode sentar precedente noutras zonas e rexións conflitivas", dixo Sejdiu, que no que respecta á Osetia do Sur e a Abkhazia, está "ao lado dos principais países do mundo".

Escudo antimísiles da OTAN
Por outra banda, o presidente ruso Dmitri Medvédev advertiu nunha entrevista á cadea de televisión árabe Al Jazeera que Rusia se ha ver obrigada a dar unha resposta militar ao despregamento de mísiles da OTAN perto das súas fronteiras.

A instalación dun radar de defensa antimísiles na República Checa e dunha base de mísiles interceptores en Polonia "constitúen unha ameaza para nós". Rusia terá que "reaccionar dalgún xeito, loxicamente, con recursos militares", engadiu.

O presidente ruso recoñeceu que a aprobación de plans de acción individuais para o ingreso de Xeorxia e Ucraína na OTAN "non agradará en absoluto" a Moscova e "instigará a tensión". Tamén sinalou que "non estaría mal consultar a opinión dos cidadáns de Ucraína, porque non se celebrou sequera un referendo neste país".


5/5 (3 votos)

Comentarios (8)

xoca #1 27/Agosto/2008 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Supoño que a diferencia é nos nomes.

spider #2 27/Agosto/2008 spider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non que va... a diferenza é moito máis clara... Eles son pobos diferenciados que agora pertencen a Xeorxia por motivos ben coñecidos... no canto Cosova é un invento abraiante, emigrantes doutro sitio pasan a ser a 1ª forza demográfica dun territorio e piden e conseguen a súa independencia (recoñecida, por certo, de forma unilateral por algúns paises), sendo Cosova un territorio serbio "de toda la vida", e máis, é unha especie de Covadonga para os serbios. Ten razón o fulano, non teñen nada que ver.. eles si teñen dereitos adquiridos... un dos máis importantes é que dende os 90's son independentes de facto.

Anti_Lusista #3 27/Agosto/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Manda truco, cinismo total! De tódolos xeitos parte da culpa é dos rusos tamén, eles dividiron Osetia, e agora son os "libertadores". Que cinismo mi ma.

xoca #4 28/Agosto/2008 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home, nenguen pretende exculpar aos dirixentes rusos, o povo é outra cousa.

Sheamais #5 28/Agosto/2008 Sheamais
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois xa poderá ir explicando que diferencia Cosovo de Ossetia ou de Abkhazia (non sei se escrivín ben os nomes, desculpádeme os posibles erros) e porqué o que vale para unha comunidade non vale para as outras.

Do mesmo xeito que terán que explicar os que se opoñían á independencia de Cosovo e agora apoian as de Ossetia e de Abkhazia, porqué antes non e agora si...

ulo #6 28/Agosto/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Os barcos despregados na zona son o español «Almirante Juan de Borbón», o alemán «FGS Lübeck», o polaco «ORP Xeral K.2
Evidentemente Putin non é nengunha "irma da caridade", é o representante dun estado capitalista que defende os seus interese. E por elo, ten que retirar as súas tropas de Xeorxia.
Mais, o importante: o imperialismo español, o aleman e o ianqui, xunto con ese "sancho" (perdon a Cervantes e o Quixote) de terceira division, que actúa de maton de barrio, que é Polonia, teñen catro buques de guerra na zona.
Os primeiros que teñen que retirarse son os imperialistas europeos e ianquis. E se os rusos afunden algun deles, ben merecido o teñen: se estan no Caucaso (Xeorxia non é máis cun país dunha zoa chea de gas e petroleo) é para defender os interese dos Repsol, BP, Amoco, Royal Dutch e demáis grandes petroleiras do mundo.
FORA TROPAS IMPERIALISTAS DO CAUCASO

Outro #7 29/Agosto/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ten cara o individuo. O dels non é comparabel porque os apoiaba EE.UU. Cando se xoga con lume é doado queimarse e a declaración unilateral de independenza de Cosovo foi un erro grave do que comezan a chegar consecuencias. Non vou defende a actuación de Rusia peor o certo é que non comezaron eles senón os americanos coa axuda por acción ou omisión da patética UE. Ademais, a explicación que da spider de ambos casos daá no cravo e se alguén ten dereito a independizrse eses non son os cosovares, pobo ocupante dun territorio que non lles pertence (como se agora chegan s andaluces, ocupan Galza e logo declaran ao noso país República independente Andaluza, un cachondeo.)

amoscaesquerdosa #8 30/Agosto/2008 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Unha nova e interesante entrada sobre política internacional en
amoscaesquerdosa.blogspot.com

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: