Considera que buscaba favorecer a elección do candidato presidencial republicano, John McCain.
O primeiro ministro ruso, Vladimir Putin, expresou esta quinta feira as súas sospeitas de que Estados Unidos instigase o ataque militar de Xeorxia sobre Osetia do Sur co fin de favorecer a elección do candidato presidencial republicano, John McCain. O goberno do país norteamericano rexeitou as acusacións.
"Xorde a sospeita de que alguén en Estados Unidos provocou intencionadamente este conflito para agravar a situación e dar preferencia a un dos candidatos ao posto de presidente", dixo Putin nunha entrevista á cadea de televisión CNN.
Medios rusos comentaron nos últimos días que a retórica de McCain se endureceu logo do conflito bélico entre Rusia e Xeorxia, algo que o levou a mellorar os seus resultados nas enquisas. Unha teoría que defendía esta semana o experto en política internacional e colaborador de Vieiros, Carlos Taibo.
Putin culpou a EUA por adestrar e armar o Exército de Xeorxia, o que, segundo el, alentaría os ánimos vingativos no país caucásico, para recuperar polas armas as rexións separatistas de Osetia do Sur e Abkhazia. E preguntouse por que o goberno estadounidense non actuou contra o presidente xeorxiano, Mijaíl Saakashvili, cando decidiu atacar Osetia do Sur.
A doutrina EE.UU. sobre Rusia e a cara oculta de Obama-Biden:
O exército de Xeorxia non tiña ningunha opción de gañar en Rusia nin intención de ocupar o seu territorio. O obxectivo real era conducir o exército ruso a unha trampa. Os estrategas estadounidense esperan facer o mesmo que fixeron en Afganistán. A guerra venderase como a liberación de Xeorxia e o intento de deter a ambición de Putin de controlar os oleoductos claves que rodean o Mar Caspio e son propiedade de Occidente. Esta narrativa xa aparece articulada nas elites políticas. Tanto a esquerda como a dereita os conceptos virtuosos son xa só señuelos para lexitimar os actos de poder.
Onte Joe Biden :
“Durante os últimos sete anos, a administración Bush fracasou á hora de enfrontar os máis grandes desafíos, as máis grandes forzas que lle van dar forma a este século: a emerxencia de Rusia, China e India como grandes poderes; a expansión de armas letais; a escaseza de subministros seguros de enerxía, alimentos e auga; o desafío do cambio climático; e o rexurdimento do fundamentalismo en Afgnistán e Paquistán, o centro real da guerra contra o terror.
Agora vemos outra vez as consecuencias destes erros, con Rusia desafiando a liberdade dun país democrático como Xeorxia. Barack e eu remataremos con estes erros. Faremos que Rusia enfronte a súa responsabilidade polas súas accións, y axudaremos á xente de Xeorxia a reconstruír o seu país”.
Despois Biden engade:
“O feito é que al-Qaida e os talibán, a xente que nos atacou o 11 de setembro, estase a reagrupar entre Afganistán e Paquistán, e están planeando novos ataques. O presidente da Xunta de Xefes do Estado Maior sumouse a chamada de Barack por aumentar o número de tropas [en Afganistán]”.
O discurso belicista de Biden pode lerse aquí:
http://news.yahoo.com/s/ap/200...
A última frase debería dicir: “e axudaremos á xente de Xeorxia a reconstruír o seu país”.
Hoxe Der Spiegel publica documentos da OSCE na que se acusa a Xeorxia de desencadear o conflito. Segundo estes informes, o goberno xeorxiano preparara intensamente a operación militar contra Osetia do Sur e lanzou a súa ofensiva antes de que os tanques rusos entraran no túnel de Roki, que conecta Rusia e Xeorxia. Der Spiegel apunta tamén a posibilidade de que as forzas xeorxianas cometeran crimes contra a humanidade nos seus ataques nocturnos contra a poboación civil.