Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
DECISIÓN

O Tribunal Supremo ilegaliza ANV e ordena a súa disolución

Os xuíces estimaron a demanda do goberno español e da Fiscalía.

Redacción - 11:50 16/09/2008

A sala 61 do Tribunal Supremo acordou este martes ilegalizar a Acción Nacionalista Vasca (ANV) e proceder á súa disolución. O Supremo estima así as demandas presentadas pola fiscalía e o avogado do Estado, que sostiñan que ANV funciona de maneira coordinada con ETA e que substitúe no tempo á xa ilegalizada Batasuna.

A voceira de ANV, Arantza Urkaregi, denunciou que a ilegalización “é unha decisión política” que xa estaba tomada dende hai tempo. Urkaregi subliñou que a esquerda abertzale vai seguir o seu camiño como “xa demostrou até o de agora”.

Dende o PNV, Andoni Ortuzar, considera que unha ilegalización é unha decisión “moi grave” que ten que “estar moi ben xustificada”. Nunha entrevista en Onda Cero, Ortuzar sinalou que “nunha democracia europea occidental, a disolución dun partido político é a súa ilegalización é un feito extraordinariamente grave e raro”.

Pola contra, o dirixente socialista vasco Rodolfo Ares sinalou que a sentenza confirma que “non pode haber partidos que amparen e xustifiquen a violencia terrorista”.

Poden ampliar aquí
: Deia, El Correo, Berria, Gara, Eitb e Diario Vasco


4.11/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: