ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Joám Peres, responsábel de Ceivar

"Queremos que este proceso político non pase desapercibido para a sociedade"

O colectivo aproveitou unha conferencia de prensa para cualificar de "farsa" o proceso aberto contra Ugio Caamanho e Giana Rodrigues.

Redacción - 17:30 21/10/2008

A Audiencia Nacional vai xulgar, os vindeiros días 3 e 4 de novembro, en Madrid, aos militantes independentistas Ugio Caamanho e Giana Rodrigues, acusados ámbolos dous de colocar un artefacto explosivo na sede central de Caixa Galicia, en Compostela, o 23 de xullo do 2005.

A Fiscalía solicita penas de cárcere de 21 anos para Caamanho e 19 para Gomes. Ao delito de "estragos terroristas" acrecéntase o de manipulación ilexítima de vehículos para ámbolos dous mozos. Alén disto, a Ugio Caamanho impútanlle un outro delito de falsificación de documentación.

Tres anos e tres meses en prisión, sen xuízo
Os dous levan en prisión preventiva dende que foron detidos (hai tres anos e tres meses). A data do xuízo coñeceuse o pasado día 8 de outubro, nove meses antes de que remate o prazo legal de catro anos que estabelece a lei para a prisión preventiva. A semana pasada, o colectivo Ceivar comezou unha campaña nacional "para denunciar este proceso político e mobilizar a solidariedade do pobo galego". Esta terza feira, en conferencia de prensa, Joám Peres, responsábel de organización de Ceivar explicaba os pormenores desta campaña.

Segundo contou Peres, este xuízo é un "intento de escarmento, unha represión durísima contra dous militantes independentistas galegos" aos que lles piden "penas desproporcionadas, en termos xurídicos", que non se poden comparar, pola súa magnitude, coas que se piden en casos, por exemplo "atentados contra a saúde pública, asasinatos ou violacións, que ao final son condenas moito máis reducidas do que supón a destrución dun caixeiro".

A Audiencia Nacional, un tribunal de "excepción"
Para o responsábel de organización de Ceivar, a Audiencia Nacional, tribunal que vai xulgar os dous independentistas, é un "tribunal político especial, ilexítimo, sucesor do extinto Tribunal de Orde Pública (TOP) que existiu no franquismo, até 1977" perseguindo a oposición ao réxime. Segundo Peres, todo este proceso é unha "farsa xudicial que carece de lexitimidade" contra dúas persoas que "non son terroristas, non son delincuentes; son dous militantes independentistas que foron presos por motivos políticos".

Joám Peres tamén lembrou que na actualidade aínda están abertos diversos sumarios na Audiencia Nacional "que teñen como albo a militantes ou colectivos que traballan na defensa do dereito de autodeterminación de Galiza, e que este tribunal está a empregar como un instrumento para arrebolar" contra o movemento independentista galego. Neste sentido, Peres tamén falou da dispersión penitenciaria que, dixo "implica unha sobre-condena" que tamén sofre a contorna inmediata do preso: familiares, amigos... O representante de Ceivar quixo salientar, a seguir, que as familias dos presos e da presa galegos son os que máis sofren esta situación, "chegando a gastar entre catro e seis mil euros ao mes para poder percorrer 1.100 quilómetros -no caso de Ugio, que se atopa preso en Cádiz-, e facer visitas duns ridículos 45 minutos".

Mobilización e apoio da sociedade galega
Dende Ceivar, ademais, anuncian que van seguir coa campaña informativa por todo o país, para dar a coñecer "ao pobo galego a situación na que se atopan Ugio Caamanho e Giana Rodrigues". Ademais, o vindeiro domingo partirán dous autobuses de Galiza cara Madrid, para apoiar os procesados durante a vista do xuízo, que será a segunda feira 3 de novembro. A información sobre esta campaña está dispoñíbel na web do colectivo.


Ligazóns

4,4/5 (15 votos)

Comentarios (29)

Tavia #1 21/Outubro/2008 Tavia
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A minha total solidariedade.Apoio sem reservas o exposto polos companheir@s de Ceivar. Manham mesmo ingreso ajuda para a defesan d@s patriot@s.Lamentavelmente nom podo acudir à Audiência.

chairego #2 21/Outubro/2008 chairego
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



merexonon #3 21/Outubro/2008 merexonon
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Estou en contra do que fixeron estes rapaces. A violencia non é a solución. De todos os xeitos non creo se lles deba aplicar un castigo exemplar.

Gaviotero #4 21/Outubro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -11 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



xafemar #5 21/Outubro/2008 xafemar
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

¡¡ Carai Gaivoteiro !! estiven repasando un pouquiño as túas intervencións e ti si que eres un grande exemplo de educación e de xente civilizada, pois en todas as túas intervencións insultas, provocas e faltas ao respecto cunha facilidade case que incribel.

Moi ben, menuda sorte teñen túas fillas/os con tal exemplo de temperanza e ben estar.

maleiro #6 21/Outubro/2008 maleiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A xustiza non tén que ser exemplarizante. Tén que ser xustiza.
Pero con istes pseudo-xuíces intocables e corporativistas, qué podemos agardar?
LIBERDADE PARA UGÍO E GIANA. XA.

carxeva #7 21/Outubro/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

E quen educou o carroñeiro Gavioteiro? Porque os seus pais o fixeron rematadamente MAL.

Amaeo #8 21/Outubro/2008 Amaeo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Eu conheço o Ugio e podo dizer que sempre estivo vencelhado a iniciativas construtivas do mais variado: do plano cultural ao juvenil, passando pola defesa da terra ou os meios de informaçom sem interferências empresariais. A vida deste moço sempre se baseou no compromisso e a solidariedade. A minha solidariedade com ele, cos pais e com todo o seu contorno.

Liberdade pres@s polític@s galeg@s !

morotxo #9 22/Outubro/2008 morotxo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Por favor, non nos esquezamos de CARLOS CELA , Carliños o do Faluya. Segue en prisión, pero porqué está en prisión? Por rexentar unha tasca-pub na rúa do Orzán na Cruña? por ser unha persoa que o seu máximo delito foi promulgar a liberdade de expresión e o trato personal coa xente do barrio, vellos ou novos? ou por tratar os seus clientes de unha maneira sencilla e educada? ou sería por querer aos seus irmáns e a súa nai dunha maneira tan especial e sentimental no seo familiar?. LIBERDADE PARA CARLOS CELA. Non nos esquenzamos del, por favor!!!

Amaeo #10 22/Outubro/2008 Amaeo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Pois é. Liberdade também para o Carlos Cela e para todas as pessoas presas injustamente.

Majorinus #11 22/Outubro/2008 Majorinus
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Quanto cretinismo. Iniciativas «construtivas», as do Ugio Caamanho (a propósito, a ver se estes lusistas de postín aprendem que a duplicação do «a» é espanholismo). A bomba que foi pôr no caixeiro de Compostela, podia pô-la no cu da sua mãe, a ver que opinava ela desta «iniciativa construtiva».

LinguaGalega2 #12 22/Outubro/2008 LinguaGalega2
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

No estado espanhol não há democracia houve apenas uma abertura.
Em democracia não há presos políticos, nem populações colonizados.

Ouça cantar em galego descolonizado:
Uxia - Cantos na maré
http://br.youtube...
Uxia - Verdes São Os Campos
http://br.youtube...

papuxa70 #13 22/Outubro/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Liberdade Ugío e Giana¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

tinho #14 22/Outubro/2008 tinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Nom as ``carceles´´ do estado assasino
Nom a agochar-se nos erros do sistema
Nom queremos mais pressos politicos Galegos e luiteremos por elo.

rockandroll #15 22/Outubro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, terrorista de merda, responde-me de umha vez. Estava o ASSASSINO Manuel Canduela na manifestaçom da Corunha? Carlos Palomino na memória sempre!!! Gaviotero, ao caldeiro por terrorista!!!

chairego #16 22/Outubro/2008 chairego
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



carraboujo #17 22/Outubro/2008 carraboujo
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

chairego: hoje vieiros publica umha notícia sobre o Foucelhas, à que também lhe ia bem o teu comentário. Há que ser queixica...botar-se ao monte em pleno franquismo e depois lamentar-se porque a Guarda Civil te pegue um tiro... "...loita armada...pois con todas as súas consecuencias."

Atlantico #18 22/Outubro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

¿Loita armada? Se alguén a fai, que sexa con sentidiño, que non atenten contra un Caixa Galicia que podes ferir a alguén, que atenten contra as torretas de Fenosa no medio do monte ou contra as antenas de telefonica, eso facia o EGPGC, é ben que lles fodia os españois que lles quitaran as súas fontes de ingreso.

LinguaGalega3 #19 23/Outubro/2008 LinguaGalega3
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

No estado espanhol não há democracia houve apenas uma abertura.
Em democracia não há presos políticos, nem populações colonizados.
Ouça cantar em galego descolonizado:
Uxia - Cantos na maré
http://br.youtube...

Os galegos descolonizados FALAM não hablam, Por isso até Cantante da 5a Estación confunde Galiza com Portugal
http://br.youtube...

LinguaGalega3 #20 23/Outubro/2008 LinguaGalega3
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O colonialismo é a causa da divisão dos galegos:
http://br.youtube...

Quando será que o Estado espanhol deixa os galegos participarem em paz nos jogos da lusofonia?
Veja o exemplo da China: http://br.youtube...

Já são séculos demasiados que estamos separados dos nossos irmãos da fala.

HumorGalego #21 23/Outubro/2008 HumorGalego
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O coitelo antiespanholista
http://br.youtube...

chairego #22 23/Outubro/2008 chairego
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Home carraboujo, non me vas a comparar aos dous gamberretes estes co Foucellas...

carraboujo #23 23/Outubro/2008 carraboujo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Comparo-os só no facto de que os três forom repressaliados, como tanta outra gente, em que os três tenhem a minha solidariedade. E em que, segundo o teu argumento, ningum dos três a merece, porque nom recebérom mais que as conseqüências da vida que escolherom... nom é?

chairego #24 23/Outubro/2008 chairego
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Nom é, nom. Segundo o meu argumento non a merecen os dous gudaris de 'todo a cen' de Santiago.

Tarelo #25 23/Outubro/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A miña solidaridade con Ugio e Giana, e familiares, amig@s e Ceivar.

HumorGalego2 #26 24/Outubro/2008 HumorGalego2
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Escrito em castrapo: Queremos que este proceso político non pase desapercibido para a sociedade

Escrito em GALEGO universal: Queremos que este processo político não passe desapercebido para a sociedade

Só escrevendo em GALEGO UNIVERSAL a Galiza tem futuro.
http://br.youtube...

Opressão espanhola. O coitelo antiespanholista
http://br.youtube...

chairego #27 24/Outubro/2008 chairego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si, mira o presente que temos co español universal, como para imaxinar o futuro co português lisboeta universal del universo e da via láctea...

Pois eu co meu galego doméstico e de leira non che teño problema ningún,...deixádevos de parvadas, o importante é falalo, o de escribilo é secundario, como se queredes implantar o alfabeto cirílico...gañade as eleccións ou dade un golpe de estado na RAG e eu adáptome ó que vos pete...total...

Coia #28 24/Outubro/2008 Coia
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Gaviotero, "rock and roll" meteu-che o dedo na ferida,nom é?
A ver como justificas isso.
Indo ao tema, eu apoio os argumentos do colectivo Ceivar contra as injustiças que padecem @s pres@s e todas as vítimas da "Justicia a la española", ainda que com o mal que se explica o paisaninho do vídeo acho deveriam escolher outra pessoa de porta-voz para os vídeos e as explicaçons. Tam importante é como se diz
que o que se diz. A (má) impressom também conta para a gente

GalizaHistoria #29 25/Outubro/2008 GalizaHistoria
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Até hoje ninguém soube explicar....

O IDIOMA GALEGO ERA O FALADO EM LISBOA DURANTE OS QUATROCENTOS ANOS DE OCUPAÇÃO MUÇULMANA

O rei Afonso VI de Leão e Castela obrigou o rei Garcia da Galiza a lhe prestar vassalagem. Isso significou o fim da independência da Galiza. Muitos nobres galegos não concordaram e houve várias revoltas. Porém no final só D. Afonso Henriques conseguiu derrotar o rei Afonso VI de Leão e Castela libertando os territórios do reino da Galiza a sul do rio Minho. O rio Minho foi uma barreira natural que permitiu às tropas do rei Afonso VI de Leão e Castela ocupar o norte do Reino da Galiza mantendo-se até hoje sobre o domínio castelhano.
A Galiza a sul do rio Minho tornou-se um território independente com o nome de Portugal. Nascia, pois, em 1139, o Reino de Portugal e sua primeira dinastia, com o Rei Afonso I de Portugal (D. Afonso Henriques), e a cidade de Coimbra como a primeira capital. Só em 1143 é reconhecida independência de Portugal pelo rei de Castela, no Tratado de Zamora, assinando-se a paz definitiva. Esta Galiza independente compreendia os territórios entre os rios Minho e Tejo (e não só até ao rio Douro como muitos galegos pensam por confundirem a Galécia com o reino da Galiza). Porém a poderosa cidade de Lisboa estava há 400 anos na posse dos muçulmanos. Após a criação de Portugal D. Afonso I fez o cerco a Lisboa no mês de Junho até 24 de Outubro de 1147. Surgiu no cimo da muralha dentro da cidade a tentar negociar o bispo de Lisboa que foi confundido com um impostor (falso bispo cristão) sendo logo decapitado. De imediato a cidade de Lisboa foi invadida pelo rei português e o massacre foi geral até que para espanto de todos os portugueses a população era na sua maioria cristã e falava galego como os portugueses.
Tem havido várias teorias, mas até hoje não há uma explicação real porque depois de 400 anos de domínio mouro a maioria da população da cidade de Lisboa era cristã e falava galego. Dê a sua explicação se souber....

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: