Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
No fútbol

Os xogadores vascos néganse a xogar coa súa selección se non se chama Euskal Herria

Presentaron un manifesto no que se arrepoñen á decisión da federación de denominala 'Euskadi'. Este ano habían xogar no Nadal contra Irán.

Redacción - 18:55 13/11/2008
Euskal Herria

Euskal Herria

Nun comunicado, emitido esta quinta feira, e asinado pola práctica totalidade dos xogadores do Athletic Club de Bilbao, unha ducia dos da Real Sociedad, outra do Eibar, varios do Deportivo Alavés, algúns internacionais, ex xogadores de renome e varias xogadoras dos equipos femininos do Athletic e da Real, pídese que a selección de fútbol vasca manteña o nome de 'Euskal Herria'. Do contrario, os asinantes aseguran que non van participar no partido que se desenvolve no Nadal, organizado pola Federación Vasca de Fútbol, e que este ano os ía enfrontar a Irán.

Ao parecer, a selección de fútbol sempre se denominou 'Euskadi', a non ser o ano pasado, no que, a petición dos propios xogadores, mudou o seu nome polo de 'Euskal Herria'. Este ano, a Federación Vasca decidiu volver á nomenclatura anterior, cousa que non convenceu aos e ás futbolistas, segundo recolle este comunicado (enteiro, mais en éuscaro): "Eles tomaron a decisión de recuar, eles non cumpriron a palabra dada, e agora son eles os que teñen que arranxalo. Se non é así, nós non imos xogar o partido. E a preocupación vai ser súa", pódese ler neste escrito, enviado aos medios de comunicación do país.

Euskadi ou Euskal Herria?
Ámbalas dúas denominacións son totalmente distintas. A primeira, Euskadi, significa en éuscaro, País Vasco, é dicir, o que administrativamente se coñece como tal no Estado Español, a saber, as provincias de Álava (Arava), Biscaia (Bizcaia) e Guipúscoa (Gipuzcoa).

Euskal Herria, porén, significa "país do éuscaro", descrito pola Sociedade de Estudos Vascos como "un espazo ou rexión cultural europea, situada a ámbolos dous lados dos Pirineos e que comprende territorios dos estados español e francés. Polo tanto, coñécese como Euskal Herria o espazo no que a cultura vasca se manifesta en toda a súa dimensión". Baixo o nome de Euskal Herria englobaríanse, ademais de Euskadi, Navarra (Nafarroa) e as tres provincias que pertencen, administrativamente, á República Francesa (a Baixa Navarra, Nafarroa Beherea; Labort, Lapurdi; e Sola, Zuberoa).


5/5 (9 votos)

Comentarios (18)

Gaviotero #1 13/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -11 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



cis #2 13/Novembro/2008 cis
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

O que tiñan e que deixarse de xogar a liga spanhola e crear a Galeusca.

UnDeTantos #3 13/Novembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero macho,vólvocho dicir,que antes tinhas un certo carisma pero desde que caiches na desesperación e no recurso do insutlto fácil xa non ten gracia isto. Busca outro nick e volve coma antes,por favor.

Colazo #4 13/Novembro/2008 Colazo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Gaviotero parece en si mesmo unha parodia.
O insulto de Gaviotero pretende ocultar que Euskal Herria existe para moitísimos vascos, democratas, pacíficos, como proba o gran número de sinaturas dos futbolistas vascos(algúns xogadores e ex-xogadores da selección española).

Por último Gaviotero amósanos a súa ignorancia ou acepta Euskal Herria ao falar do Osasuna coa Real Sociedade e o Athletic

Menan #5 13/Novembro/2008 Menan
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Pra faceren a selección Euscal Herria, primeiro tería que haber acordo con Francia e España,e dende logo co país vasco francés. Son moitas cousas as que reindivican con isa carallada

Gaias #6 13/Novembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Isto para que tomen nota os xogadores galegos do que e de verdade ser un patriota e sentir as cores dunha seleccion.
Por iso Euskadi esta donde esta, mentres Galiza co autoodio, ocupa o furgon de cola dentro do estado español.

ecoe #7 13/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Grazas ó descubrimento da relación en Euskal Herría, entre RH e a pro$titución -segundo este seica Menguele mental que entre nós habita- podemos descubrir doadamente que o fútbol nada a ver ten ca política, pois ata o caso denunciado máis arriba, nunca se ten dado esa relación tan DEXENERADA (deportivopolítica), pois p.e. hai pouco cando a selección do €$tado €$pañol vencía nalgúns partidos e as rúas e prazas (pantallas xigantescas), televisións, periódicos, etc. conectadas TODAS A UNHA, como nos tempos de FRANCO, ahí, ahí NON había política: só futebol!

Gaby_Otero #8 13/Novembro/2008 Gaby_Otero
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Euskal Herría no existe más que en la mente de cuatro o cinco fumbolistas. Vos lo digo yo, que entiendo de fúmbol y de todo lo que haiga. Aún tenéis que comer muchas tazas de caldo para llegarme a la suela de los zapatos, bloqueros etarras. Más vos valiera dejar de asesinar a las personas de las derechas para que haiga menos votos para Feijoo, y empezar a pensar cómo vaís a marcharvos del país cuando ganemos las elecciones y vayamos ajusticiarvos por la noche por las conetas adelante por todos vuestros crímenes contra Españia, coñio.

piorno #9 13/Novembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

E os jogadores galegos? Vam-se negar a jogar numha selecçom que nom leva o nome do país, Galiza?

fillotolo #10 13/Novembro/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Gavitoa os fillos de puta ao igual ca ti non saben se seu pai foi o butaneiro, o fontaneiro, o veciño ou o que te recoñeceu como pai. Putas e fillos de puta colonialistas hainos polo mundo adiante.

dumiense #11 14/Novembro/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

xa se move a maquinaria do nacionalismo español en todos os medios:

"Os futbolistas vascos apoian o nome de Euskal Herria proposto polos ultra radikais independentistas asasinos terroristas vascos"

.

galego83 #12 14/Novembro/2008 galego83
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Por un lado a súa deniminación (Euskal Herria, terra onde se fala euskera) está dacordo cos seleccionados, tendo en conta que xogan na selección de Euskadi moitos navarros e algún que outro vasco-francés ou rioxano. E coma se se crease una selección hispana (España, México, Venezuela, etc....), máis non se deberían poñer dacordo con estas comunidades-rexións (país vasco-francés)???

Lisboeta #13 14/Novembro/2008 Lisboeta
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

#9
"Galiza Herria" tem um nome mas também não será do agrado de muitos ... Portugaliza

-Xavier #14 14/Novembro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

galego83:

Não é como se se criasse uma seleção hispana porque "Euskal Herria" vem sendo a denominação nacional que recebe o País Basco na sua própria língua. Que etimologicamente e no seu significado seja "País do Euskara" não significa que sejam vários "Países Bascos", como seria para o caso dos "Países (Estados) Hispanos" que sugeres. Se cada uma das províncias bascas tivesse um Estado próprio e fossem considerados países diferentes polos habitantes de cada um deles, a comparação seria correta. Porém, Euskal Herria é a denominação mais correta para indicar o nome do País Basco desde o próprio País Basco e desde o Euskara. Por isso, é perfeitamente lógica a demanda dos jogadores.

A liga Galeusca estaria bem, mas eu proporia uma liga galego-portuguesa ou ainda ibérica, onde todos os territórios da Península estivessem representados. Imaginam o Porto campeão dessa liga? :-)

Saúde e reflexão.

xviluba #15 14/Novembro/2008 xviluba
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

xogadores da selección galega de futbol: peseteiros subvencionados

xogadores da Galiza: patriotas

pepedaconcha #16 14/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

De momento o único deporte que compite internacionalmente coa denominación "Galiza" é a billarda, e xa vedes o que lle ocurre por esto, nen un céntimo da Xunta e represión policial.

Terían que poñer como requisito indispensabel para xogar con Galiza negarse a xogar con España, xa que é vergoñento que declaracións de xogadores coma Jonathan Pereira ao remate do encontro con Galiza dicindo que era un bo escaparate para a selección española.

Aparte deberían chamar a xogadores das comarcas galegas Eo-Navia, Sanabria ou o Bierzo

galego83 #17 14/Novembro/2008 galego83
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#14 Xavier,

estou dacordo que a comparación non é a mellor, mais Euskal Herria refírise máis a un termo cultural e lingüístico que político, por isto o dos países hispanos (onde se fala castelán). Este termo foi (e é) acuñado polos independentistas con fins políticos.

Por outro lado o termo "Euzkadi" na súa orixe agrupaba os territorios aos que se refire "Euskal Herria" (así o defenden por exemplo, moitos sectores do PNV), mais logo os independentistas empregaron o citado EH. Por iso hai moitos militantes do PNV en contra do termo EH.

-Xavier #18 21/Novembro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

galego83:

Há contradição e também ignorância no que dizes respeito de "Euskal Herria" referido a "Euskal Herria refírise máis a un termo cultural e lingüístico que político" e logo acrescentas "Este termo foi (e é) acuñado polos independentistas con fins políticos." Se é "un termo cultural e lingüístico" como ligas isso a que "foi acuñado [sic] polos independentistas con fins políticos"??

É assim: Euskal Herria não foi carimbado "polos independentistas", mas gerado desde a própria língua basca. Aliás, nos anos 70 a direita espanhola chegou a usar a expressão "Euskal Herria" no País Basco. Euskal Herria é uma denominação desde o Euskara, e como tal bem pode passar a outras línguas. Mas, embora o seu significado etimológico seja "o país do Euskara", ou "o povo do Euskara", hoje em dia refere-se também a um espaço físico (todas as províncias bascas) e não apenas às pessoas falantes do Êuscaro.

Saúde e reflexão!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O ano pasado, os xogadores da selección vasca no partido contra Venezuela
O ano pasado, os xogadores da selección vasca no partido contra Venezuela
Case todo o cadro de xogadores do Athletic, tamén Andoni Iraola (na imaxe), asinan este comunicado
Case todo o cadro de xogadores do Athletic, tamén Andoni Iraola (na imaxe), asinan este comunicado