Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O sábado 6 de decembro

Causa Galiza convoca unha manifestación de rexeitamento á Constitución española

No 30 aniversario da mesma, a plataforma soberanista volverá saír á rúa para reclamar o dereito á autodeterminación. A cita terá lugar en Compostela.

Redacción - 12:50 04/12/2008

A plataforma soberanista Causa Galiza volve convocar, por segundo ano consecutivo, a toda a cidadanía galega para participar nunha mobilización na que se amosará o rexeitamento á Constitución española e o apoio ao dereito de autodeterminación de Galiza.

Á manifestación -que comezará ás 13:30 horas na Praza do Toural, en Compostela-, están chamadas todas as persoas, colectivos, organizacións e forzas políticas do soberanismo de esquerdas de Galiza, e con ela preténdese visibilizar a forza do movemento pola autodeterminación.

"Privándonos de decidir que relación queremos ter co resto dos pobos"
Nun seu comunicado (en .pdf) -que será lido así termine a manifestación-, esta plataforma sinala que a Constitución española "significou a prohibición expresa do exercicio á soberanía nacional e do dereito de autodeterminación do pobo galego, privándonos da posibilidade de decidirmos cal é a relación que queremos manter co resto dos pobos. Esta limitación está na raíz das agresións que ao longo destes 30 anos sufriu Galiza e o seu pobo traballador". Nesta liña, falan dos "ataques" sufridos polos galegos neste tempo, como "os máis recentes do Prestige, o TAV, o porto Exterior da Coruña, a privatización dos servizos públicos, o plan acuícola, o plan eólico (...) a campaña polo "bilingüismo ou aplicación dunha política de despedimentos, destrución de emprego, conxelación salarial, incremento da xornada laboral e perda de poder adquisitivo que afecta á clase traballadora galega".


Ligazóns

4,43/5 (21 votos)

Comentarios (17)

pepedaconcha #1 4/Decembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Nesta manifestación e donde tiñan que acudir Anxo Quitana e compañía, que ultimamente se sinten moi ben coa constitución española.

Gaviotero #2 4/Decembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -14 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



juli_gz #3 4/Decembro/2008 juli_gz
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

anda anda gaviotero, mira quen foi falar de terrorismo, un dos do pp que apoiou a guerra de irak, que levades casi un millon de mortos nas costas. Ou sexa que haber quen é mais terrorista, anda cala gaviotero cala.

Andres_Dovalo #4 4/Decembro/2008 Andres_Dovalo
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

Amosar desacordo coa Constitución é un acto de valentía. E que o fagan cidadáns pacíficos unha provocación. O nacionalismo espanhol quere ETAs, mais no caso da Galiza enfróntase a unha sociedade democrática que perde o medo a amosar a súa conciencia de nazón.

ecoe #5 4/Decembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Prívanos de moitísimas cousas, só agasalla a quenes a empregaron contra a democracia e a población, galega e peninsular.

luisfoz #6 4/Decembro/2008 luisfoz
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Nom há tanto mistério. A propaganda de Causa GZ foi sempre paga polos seus aderentes e amigos. De passado que nos manifestamos contra a antidemocrática constituiçom espanhola poderemos comemorar também os 77 anos da nossa constituiçom: a constituiçom do Partido Galeguista a 6 de Dezembro de 1931.

mceleiro #7 4/Decembro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

O dia da constituição é dia de festa e democracia. Faz mas sentido sair com a bandeira galega diante dos espanhois esse dia que num estádio o dia 27 diande duns poucos chilenos.

Que vejam, 30 anos depois, que ainda não conseguirom amansar-nos a todos, o consensuada que está a sua sacra constituição.

xanxan #8 4/Decembro/2008 xanxan
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

liberdade para a galiza!!

Caotinha #9 4/Decembro/2008 Caotinha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Numa das últimas manifestações deste tipo às que assisti, por sinal já há bastante tempo, havia mais bandeiras vermelhas que bandeiras da Pátria, parecia um 1º de Maio, até nas palavras de ordem. Isto retrai muitas pessoas nas que realmente prevalece é um sentimento nacionalista e anti-espanholista. Mas isto não é de admirar tendo em conta que organizações convocantes estilo FPG ou Primeira Linha são partidos comunistas no senso mais clássico da expressão e às vezes dá a sensação de que isto é o que realmente prima, deixando a questão nacional só para preencher o expediente.

mnawe #10 4/Decembro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo -10 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Gaias #11 4/Decembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Totalmente dacordo con pepedaconcha. Se o BNG e realmente un partido nacionalista deberia asistir a esa manifestacion, xa que a constitucion española non garante o dereito a decidir o seu futuro por parte dos pobos ou nazons que conforman o estado español.

Mais ainda, a constitucion española di que temos a OBRIGA de coñecer o idioma español e imponnos coma xefe de estado a un Rei.

ecoe #12 4/Decembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

algún membro de CG pertenceu e pertence (ou por consorte) ó bloco.

vicus #13 5/Decembro/2008 vicus
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Mostremos todxs todos os dias o nosso rechaço à constituiçom que nos imponhem e a nossa firme vontade de governarmos as nossas vidas, sem ingerências. Vemo-nos em Compostela no dia 6.

galego83 #14 5/Decembro/2008 galego83
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

por cada un dos poucos que vaian a esta manifa haberá un millón que estean nas súas casas a favor da constitución. O millor esta xente era máis feliz se estivese Franco e non houbese constitución, entón claro, creeríanse liberdadores ("ches guevara") de verdade.

Hermerico #15 5/Decembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Muito bem 83 gallegos, trinta anos nom som nada, essa foi a mensagem da "democracia monarquia bananera": Ou esta merda ou golpe militar. A tua imbecilidade insulta qualquer inteligência.Cheira que fede a PSOE

galego83 #16 6/Decembro/2008 galego83
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

PSOE?? imbecilidade?? non das unha portuguesinho...

UnDeTantos #17 6/Decembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Bem falado Hemerico,ás cousas polo seu nome

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Ao término da manifestación unitaria da esquerda soberanista do 25 de xullo, organizada por Causa Galiza
Ao término da manifestación unitaria da esquerda soberanista do 25 de xullo, organizada por Causa Galiza
Na manifestación contra a Constitución española, que o ano pasado se desenvolveu en Vigo
Na manifestación contra a Constitución española, que o ano pasado se desenvolveu en Vigo