Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
EMPATOU DOUS PARTIDOS CONTRA ARXENTINA

A Irmandiña tamén responde no balonmán

Mantén o seu contador de derrotas a cero, despois da malleira que lle infrinxira ao combinado júnior de Tunisia no 2006.

Redacción - 18:35 07/01/2009

A selección galega de balonmán deu estes días unha boa mostra do seu potencial, ao empatar os dous encontros que xogou contra Arxentina, incluídos na xira de preparación do equipo sudamericano de cara ao mundial. O pasado domingo, en Carballo, o resultado foi de empate a 29, mentres que no partido disputado en Ourense o luns o marcador rexistrou unha igualada a 26 goles.

A diferenza do primeiro encontro da selección galega masculina de balonmán, disputado fronte ao equipo júnior de Tunisia o 2 de Setembro do 2006, nesta ocasión a Irmandiña contou con todos os seus mellores xogadores. Así, Modesto Augusto e Fran Teixeira chamaron a xogadores como Xavier Díaz, Rafael Dasilva, Xavier Carrera, Daniel Benaches, Borja Fernández ou Iago Muíña; todos eles militantes da liga Asobal.

Igual que acontecera no partido de fai dous anos, o lateral dereito do Teucro Rafael Dasilva volveu liderar o ataque irmandiño, especialmente no segundo encontro onde marcou cinco goles.

Rival difícil
Estes resultados teñen especial importancia se reparamos en que o equipo adestrado por Eduardo Gallardo trouxo até Galiza os mesmos xogadores cos que participará no mundial de seleccións, dende o vindeiro día 17, en Croacia. Ademais, hai que ter en conta que Arxentina é todo un clásico nos campionatos mundiais, xa que este será o sétimo no que participa de xeito consecutivo.

Selección veterana

Un dos principais problemas que ten a selección galega masculina de balonmán é a elevada idade dos seus xogadores, que rolda os trinta anos na maioría dos casos. Nesta liña supuxo un descanso saber que por detrás veñen novas fornadas con ganas e talento, coma os que estiveron a piques de acadar a medalla de bronce no pasado campionato estatal júnior, celebrado este nadal.


4.56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: