Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Canal Estudos Galegos - Monográficos (1)

Estudos Galegos: remexemos na hemeroteca

Peneiramos a base de datos de Vieiros para achegarvos documentos de interese publicados neste canal.

Redacción - 12:15 13/07/2009
Tags:

Profesorado e alumnado vencellado á licenciatura de Filoloxía Galega na Universitat de Barcelona: mantivo activo durante ben tempo en Vieiros o Canal Estudios Galegos, a través da Asociación Internacional de Estudos Galegos.

Coincidindo coa novena edición do congreso que organiza este colectivo desde este mesmo luns en Santiago, (Ver a información de Vieiros: En galego estamos no mundo ), aproveitamos para recuperar contidos de amplo interese que tiñan sido reclamados por lectores e investigadores e que, por problemas técnicos, quedaran inaccesíbeis. Agora organizámolos para poñelos outra vez ao voso dispor.

Velaquí o primeiro Monográfico publicado:


Mongráfico 1 / Novas Investigacións
Coordina Helena González
Universitat de Barcelona
Tal como xa se anunciou, neste monográfico recóllense aportacións recentes nos estudios galegos, como o entremés galego descoñecido que A. Cortijo, da University of California Santa Bárbara atopou inserido nunha peza teatral en castelán e que aquí se reproduce. Así mesmo publicamos un interesante adianto, o limiar á gramática do galego de R. Alvarez e X. Xove, do ILG, que está a piques de tirar do prelo a Editorial Galaxia. E, finalmente, tamén contamos coa colaboración de X. González-Millán, do Hunter College. Pero este monográfico quere darlle un especial protagonismo ás novas investigacións dos novos investigadores: extractos ou resumos de teses e traballos de investigacións defendidos recentemente. Ler aquí.



Un entremés galego descoñecido do século XVI
Por Antonio Cortijo Ocaña
Este texto de autor galego, non recuperado ata agora, con personaxes que falan en galego, aparece inserido nunha comedia cortesá en castelán en homenaxe ó arcebispo Rodrigo de Castro á súa chegada a Monforte de Lemos. O texto apareceu na Brancoft Library, en California. Antonio Cortijo Ocaña é profesor da University of California - Santa Barbara, e forma parte do seu Centro de Estudios Galegos. Ler aquí.



Entremés da "Comedia de la sortija": texto
Editado por Antonio Cortijo Ocaña
Por primeira vez, reprodúcese integramente e sen alteracións de ningún tipo o texto do entremés galego que contextualiza e describe no artigo precedente o seu descubridor, quen, na actualidade, está a preparar a edición crítica da comedia. Ler aquí.



Unha agardada gramática da lingua galega
Por Rosario Alvarez e Xosé Xove
A Editorial Galaxia prepara, entre as súas novidades, a gramática de Rosario Alvarez e Xosé Xove, ambos e dous profesores na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e investigadores activos do ILG. Canal Estudios Galegos publica, en primicia, o seu limiar íntegro. Ler aquí.



Lexicografía e nación literaria
Por Xoán González-Millán
O responsable do Research Center for Galician Studies no Hunter College de Nova York e director do Anuario de Estudios Literarios Galegos, Xoán González-Millán, reflexiona sobre as relacións entre os diccionarios e as ideas nacionais, e sobre o papel preponderante que neles ten a literatura. O seu último libro é O diccionario enciclopédico de Eladio Rodríguez. Ler aquí.



Traducción e visualidade da literatura galega
Por Maria Filipowicz-Rudek
Un estudio de conxunto sobre a promoción da literatura galega contemporánea desde a perspectiva traductolóxica con achegamentos específicos á obra de Dieste, Méndez Ferrín, Manuel Rivas ou Suso de Toro. Resumo da tese de doutoramento defendida por Maria Filipowicz-Rudek na Universidade Iaguellónica de Cracovia, Polonia, en marzo de 2001. Ler aquí.



A noción de imaxinario social Por Angel Enrique Carretero Pasín
A noción de imaxinario social como utillaxe teórica para comprender a lexitimación da orde social no capitalismo avanzado. Resumo da tese de doutoramento defendida por Angel Enrique Pasín na Facultade de Socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela en marzo deste ano Ler aquí.



Educación e equiparación entre os sexos Por Xosé Ramón Fernández Vázquez
Descrición teórica, histórica e lexislativa sobre o sistema sexo-xénero no ensino, a partir das opinións recollidas entre o profesorado da provincia de Ourense. Resumo da tese de doutoramento defendida por Xosé Ramón Fernández Vázquez na Facultade de Educación da Universidade de Santiago de Compostela en abril deste ano. Ler aquí.



Imos de esmorga!
Por Ana Belén Martínez
As relacións entre a literatura galega e o cine a través dun caso emblemático e polémico da Esmorga. Ana Belén Martínez é a autora de "A esmorga" de Blanco Amor e "Parranda"de Gonzalo Suárez, que foi defendida con anterioridade como tese de licenciatura na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela en 1998. Ler aquí.



Dous Dedalus diferentes: J.Joyce e V.Risco
Por Carmen Ríos Fernández
A caracterización de Stephen Dedalus -o retrato do artista- na obra literaria de James Joyce e Vicente Risco. Resumo da memoria de licenciatura defendida por Carmen Ríos Fernández na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela no marzo pasado. Ler aquí.



A pintura de acción como procedemento
Por Ana Isabel Corzo Sánchez
A finalidade desta investigación, foi aportar unha nova forma de orienta-la "pintura de acción", segundo a concibían os artistas pertencentes á primeira xeración de expresionistas abstractos norteamericanos que traballaban seguindo esta determinada corrente artística. Resumo da tese de doutoramento defendida por Ana Isabel Corzo na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, da Universidade de Vigo en marzo de 2000. Ler aquí.



AIEG / Actas do VI Congreso Internacional
Xa están á venda as actas do VI Congreso Internacional de Estudios Galegos organizado pola Asociación Internacional de Estudios Galegos, AIEG, celebrado na Habana en abril de 2000. Ler aquí.



Cun pé fóra
Sociolingüística. Toponimia. Socioloxía. Literatura. Musicoloxía. Traducción. Escolma de entrevistas, novas, artigos ou recursos para a investigación dispoñibles na rede, indicando a lingua na que se pode consultar. Esta sección está aberta ás vosas informacións. Ler aquí.


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: