Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
LUSOFONÍA

Os vocabularios ortográficos da lingua portuguesa xa inclúen o léxico galego

Publícase en Portugal o primeiro dicionario en conformidade co Acordo Ortográfico, incluíndo por vez primeira o léxico de uso común en Galiza.

Redacción - 12:45 07/10/2009

"Un paso adiante para o recoñecemento do léxico galego como parte da lingua portuguesa". Así define Ângelo Cristóvão, membro da comisión executiva da Academia Galega da Língua Portugesa (AGLP), o feito de que o Vocabulário Ortográfico da Língua Portuguesa, publicado por Porto Editora, inclúa 800 palabras de uso común en Galiza.

Este compendio de palabras fora inicialmente presentado o pasado abril pola propia AGLP na sede da Academia das Ciências de Lisboa, nunha sesión conxunta coa Academia Brasileira de Letras. Tal e como nos adiantaba un lector no Open Vieiros, no seu conxunto, o dicionario contará con 180 mil entradas lexicais, cinco mil vocábulos do Brasil, 2.500 antropónimos e as devanditas 800 palabras do léxico galego, que por vez primeira se inclúen nun vocabulario ortográfico da lingua portuguesa.

Doutra banda, a Comissão de Lexicologia e Lexicografia da Academia Brasileira de Letras tamén anunciou que incluirá o léxico elaborado pola AGLP na próxima edición do seu propio Vocabulário Ortográfico que, previsibelmente, se presentará publicamente no inicio de 2010.

Acordo coa Universidade Aberta
A Academia Galega da Língua Portuguesa e maila Universidade Aberta (entidade estatal de ensino superior, con sede en Lisboa) asinaron ademais un importante acordo de colaboración. No seu marco, promocionaranse as relacións e intercambios culturais, científicos e educacionais entre ambas entidades. Asemade, chegouse ao compromiso de divulgación das súas respectivas actividades e os alumnos galegos poderán optar á oferta educativa desta institución, que ofrece a posibilidade de acceder aos seus títulos dende a distancia, grazas a métodos de e-learning.

Contra o bilingüismo, hexemonía social do galego
Outra noticia do ámbito reintegracionista remítenos á participación da plataforma Galego Sempre Mais na manifestación prevista para o vindeiro 18 de outubro en defensa da lingua. Este colectivo acordou adherirse á protesta, como xa fixera o pasado Día das Letras, e marchará baixo unha faixa que rece: "Contra o bilingüismo, hegemonia social do galego".


Ligazóns

4.59/5 (39 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O profesor João Malaca Casteleiro é membro da Academia das Ciências de Lisboa e coordenador do Vocabulário Ortográfico da Língua Portuguesa
O profesor João Malaca Casteleiro é membro da Academia das Ciências de Lisboa e coordenador do Vocabulário Ortográfico da Língua Portuguesa
Momento da presentación do Vocabulário Ortográfico da Língua Portuguesa, que inclúe o léxico galego
Momento da presentación do Vocabulário Ortográfico da Língua Portuguesa, que inclúe o léxico galego