Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O TS mantén a inspección para comprobar o seu estado

As fotos da Xunta no Pazo de Meirás "violan a intimidade" dos Franco

"O interese xeral non pode autorizar accións que non respecten os dereitos fundamentais", di o Supremo.

Europa Press - 17:00 27/10/2009

A Sección Cuarta da Sala Terceira do Tribunal Supremo (TS) acordou mantér a petición da Xunta de realizar unha visita para comprobar o estado do Pazo de Meirás (Sada, A Coruña). Porén, considera de xeito parcial o recurso de casación presentado pola familia do ex ditador español Francisco Franco, propietaria do inmóbel, ao respecto da reportaxe fotográfica do edificio feita pola Xunta.

"O domicilio inviolábel é un espazo onde o individuo vive sen estar suxeito aos usos e convencións sociais e exerce a súa liberdade máis intima", considera o tribunal.

Ademais, precisa que "cando a autorización de ingreso é negada polo titular debe obterse unha nova resolución xudicial que autorice a entrada e as actividades que unha vez dentro do domicilio poden ser realizadas". "O interese xeral non pode autorizar accións que non respecten os dereitos fundamentais", sinala o auto.

Por outra banda, o TS tamén considera que "ten razón a defensa" da Xunta porque a argumentación dos avogados da familia Franco móstrase "orfa de especificar norma ningunha reguladora da medida preventiva quebrantada".

Con todo, destaca a "necesidade de delimitar, por vía xudicial, o contido temporal da autorización de entrada, duración da medida e tempo en que se pode practicar", e de "delimitar cales eran as partes do edificio respecto das que era necesario realizar a constatación fotográfica logo da comprobación do seu estado para os efectos de conservación do inmóbel".


2.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: