Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A lingua, ferramenta de achegamento

'Pola supresión de fronteiras culturais entre países lusófonos'

Tito Paris, Raquel Tavares, Fred Martins e Uxía Senlle actúan este sábado a partir das 21.00 horas en Pontevedra no festival Cantos na Maré.

Redacción - 12:00 19/12/2009
Uxía Senlle

Uxía Senlle

O festival musical Cantos na Maré, que se desenvolverá este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra, pretende reivindicar a eliminación das fronteiras culturais entre países da Lusofonia.

Nun concerto único, a partir das 21.00 horas, actuarán os artistas Tito Paris, de Cabo Verde; Raquel Tavares, de Portugal; Fred Martins, do Brasil; e Uxía Senlle, da Galiza.

Como directora artística do espectáculo, Senlle destacou que 'Cantos na Maré' pretende alertar contra a existencia de "fronteiras mentais que impiden un maior achegamento aos países lusófonos".

Para a cantante, a lingua debe servir para "abrir posibilidades de comunicación sen complexos co mundo".


4.67/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: