Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Premios AELG 2010

Os escritores peneiran o mellor da escena literaria do ano

Xabier Quiroga, Luís Rei Núñez e Cid Cabido, finalistas na categoría de narrativa dos galardóns da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Redacción - 11:45 19/02/2010
Premiadas e premiados na Cea das Letras en maio de 2009

Premiadas e premiados na Cea das Letras en maio de 2009

Monte Louro de Luís Rei Núñez, O Cabo do Mundo, de Xabier Quiroga e Unha historia que non vou contar, de Cid Cabido, son os tres libros finalistas na categoría 'Narrativa' dos premios 2010 da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Na de 'Poesía', a peneira queda en dúas obras: O pouso do fume, de Dores Tembrás, e Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza. O terceiro finalista era o poemario O paraíso das sombras, de Cesáreo Sánchez Iglesias, mais na súa condición de presidente da AELG, entidade organizadora destes Premios, solicitou a retirada da obra.

Concedidos "por escritores e para escritores", como se encargan de subliñar desde a AELG, os galardóns entregaranse o próximo 17 de abril na Cea das Letras que se celebrará en Santiago de Compostela. Os literatos asociados á AELG inician a votación este mesmo venres e o prazo rematará o vindeiro 12 de abril. A lista completa de finalistas, saída dunha primeira quenda de votos, é a seguinte:

Blogs Literarios
1.     A canción do náufrago (http://franciscocastro.blogaliza.org/), de Francisco Castro
2.     As uvas na solaina (http://asuvasnasolaina.blogspot.com/), de Marcos Valcarcel
3.    Axenda Cultural da AELG (http://axendaaelg.blogaliza.org/), de Algueirada (Acción cultural na rede)
4.     Brétemas (http://bretemas.blogaliza.org/), de Manuel Bragado
5.     Cabaret Voltaire (http://cabaretvoltaire.canalblog.com/), de Jaureguizar
6.     O levantador de minas (http://olevantadordeminas.blogaliza.org/), de Alfredo Ferreiro

Ensaio
1.     A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro, de Manuel Forcadela
2.     As razóns do galego. Apelo á cidadanía, de Henrique Monteagudo
3.    Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), de Xesús Alonso Montero
4.     Soñadores e Familia. Os personaxes na narrativa de Álvaro Cunqueiro, de María Xesús Nogueira Pereira

Literatura Infanto-xuvenil (AELG-Gálix)
1.     Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros
2.     Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz
3.     O Brindo de Ouro II. A táboa da Hospitalidade, de Xesús Manuel Marcos
4.     Valados, de Agustín Fernández Paz

Mellor traxectoria xornalística (AELG-Colexio de Xornalistas)
1.     Belén Regueira
2.     Ana Romaní
3.     Xosé Manuel Pereiro
4.     Bieito Iglesias
5.     Manuel Rivas
6.     Fran P. Lorenzo
7.     Lino Braxe
8.     Anxo Tarrío

Narrativa
1.     Monte Louro, de Luís Rei Núñez
2.     O Cabo do Mundo,de Xabier Quiroga
3.     Unha historia que non vou contar,de Cid Cabido

Poesía
1.     Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza
2.     O pouso do fume, de Dores Tembrás

Teatro
1.     Delimvois, de Rubén Ruibal
2.     Medea dos fuxidos e outras pezas, de Manuel Lourenzo
3.     Sempre quixen bailar un tango, de Teresa González Costa

Tradución
1.    Flanagan. Flash-Back, de Jaume Ribera e Andreu Martín, en tradución de Isabel Soto
2.    O museo da inocencia, de Orhan Pamuk , en tradución de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos
3.    Obra dramática completa, de Sarah Kane, en tradución de Manuel F. Vieites
4.    Residente privilexiada, de María Casares, en tradución de Ana Belén Martínez Delgado


4,38/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: