Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O idioma da Galiza: A nova arma electoral do PP

12:40 16/07/2007

O Partido Popular está a buscar argumentos que xustifiquen o seu labor de oposición. O que está a facer na Galiza vai na mesma liña extremista e excluínte que leva na España a enarbolar o Terrorismo como argumento de forza contra o Goberno de Zapatero.

A estratexia do Partido Popular estase volvendo perigosa para a cidadanía. Pois non busca consensos nen solucións a cuestións non resoltas polo goberno (habelas hainas..). Poderían atopar moitos motivos de crítica e dar solucións súas aos problemas. Sempre os hai e sempre os haberá. Un goberno, por perfecto que sexa, non dá arranxado todo e sempre ten pontos fracos para “corrixirlle a plana”.

A lingua galega é o noso patrimonio histórico e cultural. É a base da nosa identidade como pobo diferenciado. É a criazón e expresión da nosa maneira de ver o mundo. Opóndose á sua vida estamos a negar a posibilidade de vivir do pobo galego como realidade diferenciada, empobrecémonos e empobrecemos ao conxunto da humanidade pola perda cultural que iso representa. Igual que defendemos á biodiversidade, tamén defendemos á diversidade cultural que caracteriza aos pobos europeos.

Eu non creo que ao PP lle importe moito que Galiza sobreviva ou non como pobo diferenciado. Eu o que interpreto é que a sua estratexia de sobrevivencia estableceuna na división, na creación de concepcións extremistas irrenunciábeis na sociedade. Esta estratexia promove a ubicación dos cidadáns nun ou noutro bando, como se toda a rica gama intermedia non existise. É dicir , empurrar á poboación cara a unha postura de ou comigo ou contra min. A realidade social non é así, mais, en períodos de crise xa se ten voltado desa maneira. Aconteceu na Europa durante a segunda guerra mundial ou na España da Guerra Incivil.

Crispación
Até agora o PP estivo a crispar a política española facendo do terrorismo un esperpento (é dicir unha realidade agrandada e deformada), cansándonos até o aborrecemento a toda a cidadanía. Xulgo que, polo de agora, Zapatero vaise zafando bastante ben, . En Galiza a 8 meses das elecións, tiña que buscar un argumento “esperpentizable”. Algo que poidese dividir á cidadania e que se prestase á demagoxia barata.

Até agora a sua postura co galego, consistía en ir deixándoo esmorecer, “lavando a cara” cun decreto de normalización que non se cumpría, esperando que o seu corpo ferido fose deixando de existir nas listas da espera da atención xusta que debería ter tido.
O actual decreto non fai máis que tentar recompoñer o mal feito despois de anos de desidia , de abandono e de envergoñamento por falar unha lingua en que non se escribían nen as Ciencias (química, matemáticas, etc.) nen as Letras (leis, decretos, contratos, escrituras notariais, etc). A culpa do abandono do galego ten raíces históricas. Pero aos que gobernaron Galiza durante máis de 16 anos seguidos (se non contamos os 40 de Franquismo) cómprelles a responsabilidade de non saber ou non querer pór o noso idioma no lugar de honra que lle corresponde.

Opóndose ao decreto, baten dous paxaros dun tiro: Encontran o lema da sua oposición e da fragmentación social como estratexia imitando o que fan na España; e xustifican o seu desgoberno destes anos pasados con relación á lingua. Non é estrano que se opuxesen ao decreto. Non é estrano que se desdixesen do seu anterior consenso coas outras forzas políticas. A súa estratexia é a diferencia. É a fragmentación da sociedade. Os argumentos veñen logo: dereitos dos pais a decidir a lingua en que queren educar aos fillos. Libertade de expresión. Libertade de escolla de Centro Educativo Concertado (aquí resucitan a vella teoría do Cheque Escolar. Voltamos os pobres a pagar polos ricos...) Dialéctica e demagoxia están servidas. Cómprenos sabermos diferenciar entre tanta espesura, a xustiza, a dignidade e o futuro que como pobo merecemos. Merecémolo? Dependerá da nosa capacidade de criar pensamento independente .

Gosto das palabras optimistas de Francisco Carballo(ANT,nº1276):”Temos cerebro, técnicas, idioma, tradición, audacia de navegantes. Podemos rir a cachón deses tan gallegos como el gallego. A voar!” .Grazas Carballo.

3,56/5 (32 votos)


Comentarios (9)

cdrc #1 16/Xullo/2007 cdrc

Saúdos!

Parabéns Adela polo artigo.

Tenho lido que em Irlanda aconteu algo semelhante ao que agora começa a germolar na Galiza: após da criaçom do estado livre de Irlanda (caralho! quem o vira para Galiza) lá polos anos 20, houvo umha pressom de grupos anglófonos sobre os avanços em matéria ligüística dos primeiros governos autónomos irlandeses. Foi fatal para o gaélico irlandês, umha vez que a sua consideraçom com língua nacional irlandesa tornou-se mais fraca ante o inglês, que passou por riba dela. Agora, os uso cotiám está restringido à costa ocidental do país e aos sectores mais comprometidos da sociedade irlandesa, que o vem, maioritariamente, como um dos muitos elementos "folclóricos" do Éire.

Por favor que alguém me corrija se estou a dizer algo erróneo, que nom som lingüista nem conhecedor de primeira mao da realidade irlandesa, mas gosto das duas cousas.

Gracinhas e de novo parabéns polo artigo e pola tua labor na defesa da Galiza a tantos níveis, Adela.

LOIS_DE_SILAN #2 16/Xullo/2007 LOIS_DE_SILAN

Levo toda a vida lendo e oíndo discursos de denuncia dos ataques que recibe o pobo galego, a súa lingua e a súa cultura; mais, a ninguén lle vexo dar solucións defensivas a eses ataques!

E ti que propós Adela? (Ah!, a miña "solución" xa é coñecida!)

Un saúdo.

sozinho #3 17/Xullo/2007 sozinho

Non podo felicitar a Adela. O escrito non ten profundidade nin siceridade. Tamén son profesor e o que destacaría é:
Tan gallego... usa a demagoxia xa que non di toda a verdade, para consegui-lo número de apoios necesario non renuncia á extrema dereita e nunca propón nada en galego excepto pola liberdade que de escolla pide para os alumnos (o colmo da demagoxia, para iso demolémo-los institutos e enviamos un profesor a cada casa).
O PP calcula, ve o número de apoios e adopta a "Tan gallego...". O resultado é unha nova ocurrencia de Núñez Feijoo de poñerse máis legalista que ninguén pedindo que se elimine o "como mínimo".
Ao goberno fáltalle cintura, xa que non sabe ver que inda hai unha masa que ou non fala ou non domina o galego inda que sobre o papel cumpra, non fai nada. Hai que investir na aprendizaxe destes profesionais antes que aumentar ficticia e electoralistamente a porcentaxe de materias en galego. A maneira é fomentar, puntuando, experiencias de clases en galego cun seguemento rigoroso de profesionais que queiran mellora-lo seu nivel de galego. Pero como Galicia vai ben, imos por unha lei que faga a mentira máis grande. De chorar.
PD: Sobre Eire, cdrc, estiven alí, pero desgrazadamente non che podo aclarar moito. Só que Dublín non ten nada que ver coas zonas do gaélico, non xa pola lingua ou o acento, senón pola cultura e costumes. En Dublín son moi británicos nos horarios e carácter, nas zonas rurais parecen ibéricos. Isto faime pensar que eses grupos de presión non son máis que a expresión do contraste rural/urbano, como sucede moitas veces aquí, pero sen ese matiz británico.
PD2: Lois, á acción pásase cando algo está en crise. Estamos falando dunha lei que aumentará o galego no ensino que é contestada pola oposición e ademais pode que se matice. Non me parece, pois, que estea en crise o ensino en galego, en todo caso está superándoa. A Igrexa si está en crise e os bispos recomendan pasar á acción directa. É semellante á acción que propós? Obxección contra as asignaturas en castelán? Absurdo.

Troita_de_pe #4 18/Xullo/2007 Troita_de_pe

A presidenta de Adega é tan brillante coa análise sobre a língua como coas análises ambientais. Por qué non lle dan un postiño dunha vez na Xunta e así xa queda tranquila?

jujolor #5 19/Xullo/2007 jujolor

soamente decirlles aos que nos atropelaron perante tanto tempo
que leeran SEMPRE EN GALIZA, no que esta reflexido todo polo que nos queda loitar, segen sendo os mesmos os que nos queren atropelar novamente, neste momento de ledicia pra os que amamos
o noso PAIS GALIZA.

Gaviotero #6 19/Xullo/2007 Gaviotero

Adelita, maja, aquí el arma electoral es la imposición naci de un decreto inconstitucional que hace añicos el derecho de los padres a elegir la lengua vehicular de sus hijos.

Pero tú tranquila porque si en Galicia la mayoría de la gente está a favor del decreto, una estrategia basada en la libertad de los gallegos en el uso del idioma no será apoyada por nadie y no nos dividirá sino que enviará al PP y a los que apoyamos sus posturas EN GALICIA al más absoluto de los fracasos electorales, ¿no?

Por cierto, considerar "peligrosa" a la oposición por hacer oposición es propio de regímenes bananeros como Cuba o Venezuela que estoy seguro que tu debes admirar.

PD: Pues claro que no queremos que los gallegos sean un pueblo diferenciado, porque en Galicia la gran mayoría no somos nacionalistas, ¿sabes? Anda, hija, baja de la nube naci y vuelve a la realidad.

Gaviotero #7 19/Xullo/2007 Gaviotero

Por cierto, doña Adela, ¿alguna manifestación relevante como portavoz de Nunca Máis en relación a la gestión realizada por el Gobierno sociata en Ibiza?

teixugo #8 19/Xullo/2007 teixugo

IINTERVENÇÕES DO GAVIOTERO:
(hai 1 minuto) Por cierto, me encanta que los nacis me llamen talibán...Y no, no escucho a...
(hai 1 minuto) Querido, baixominhisimo, y después de hacer pública mi IP, ¿qué? ¿Vendréis a mi...
(hai 4 minutos) ETB 1 (en vascuence) apenas tiene un 5-6% de audiencia, frente al 18-19% de ETB...
(hai 7 minutos) Ya no se creó una comisión de investigación en su día, con lo que tenemos que...
(hai 11 minutos) Pobre chaval, no os metáis con él, que está acabando la carrera. Cuando la...
(hai 14 minutos) Por cierto, doña Adela, ¿alguna manifestación relevante como portavoz de Nunca...
(hai 15 minutos) Adelita, maja, aquí el arma electoral es la imposición naci de un decreto...
(hai 20 minutos) ¡Jajaja! Qué van a decir estos de Medio Rural, que son los que hablan de tramas...
VEJO QUE O SENHOR/A ESTÁ BEM INFORMADO OU TALVEZ SO OPINA...
TEM QUE TER UMA MELHOR BASE DOCUMENTAL QUE A GUARDIA CIVIL...

Picheleiro #9 20/Xullo/2007 Picheleiro

(OUTRO BIS) GRAZAS GAVIOTERO. POR FAVOR NON DEIXES DE INTERVIR. Cada vez que miro unha intervención túa máis me ratifico na miña idoloxía naci-onalista.
Por certo. Do de "nazi", con zeta, sabes bastante. ¿Non?. ¿Profesas?.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Adela Figueroa

Adela Figueroa naceu en Lugo. É catedrática de Bioloxía-Xeoloxía no IES Lucus Augusti. Participou na fundación de organizacións como ADEGA ou a AS-PG e é tamén portavoz de Nunca Máis en Lugo. Ten xa unha numerosa obra científica e literaria. Na actualidade é presidenta de ADEGA.