"La tolerancia es la pasión de los inquisidores"
Silvio Rodríguez
Non resulta doado ignorar no fragor da loita política cando se traspasan os umbrais da decencia moral. Na loita política caben as pugnas, as liortas e até os enfrontamentos máis duros, pois a nosas sociedades acollen intereses contrapostos e até antagónicos, intereses que non admiten síntese algunha. Mais hai fronteiras que cómpre non rebasar para non deixar nesa andaina a dignidade que nos debemos uns a outros como cidadanía.
No eido da cultura a expresión dos antagonismos resulta especialmente reveladora. A cultura é campo magnético onde cada pequena alteración necesita dunha extraordinaria acumulación de forzas, e onde se amosa cunha enorme virulencia as liñas de fractura dos campos ideolóxicos, que malia os agoreiros interesados da fin das ideoloxías seguen a indicarnos tanto as liñas de avance e progreso como as de retroceso.
Cómpre non esquecelo para explicármonos diante de bastardas polémicas artificiais, que nos indican as liñas que non debemos traspasar so pena de perdérmonos xiróns innegociables da nosa dignidade. Na palestra política non vale todo, non debe valer todo. Nestes días houbo unha polémica na miña cidade que retratou sen misericordia as liñas de fractura entre dereita e esquerda no que atinxe a cultura. A dereita política ouveou improperios e alentou coa súa campaña até ameazas, obstinada en reducir a creación artística a unha plantilla do políticamente correcto, onde non cabe outra cousa que a repetición sen alma dun vello e desgastado cliché: a louvanza acrítica do herdado, da peor herdanza, a que tenta seducir ou rendirse obsecuentemente ao mercado. Censurar a letra dunha canción onde se fala do criminal Carrero Blanco ( golpista contra a legalidade de paz e esperanza republicanas ); condear unha obra pictórica como dexenerada por retratar de xeito expresionista o egoísmo da burguesía de entreguerras; ou non publicar unha novela por consignar escenarios conflitivos... impedir a libre creación artística apelando a pantasmas evidencia o carácter reaccionario e irracional dos herdeiros políticos de Fraga.
Predicando a apocalipse
A miseria moral da dereita política pode consignarse cando para facer a crítica das festas teñen que falar de ETA. Perdeu a nosa novelística algún magnífico escritor truculento entre os ideólogos do PP, que non cesan de predicar a apocalipse en forma dunha España rota e vermella. Hai máis de tres anos que ao fondo de calquer crítica que se fai dende o PP o fantoche que aparece e a ETA. Espantallo de morte que sirve para botar fóra do espazo político cuestións que sí son fundamentais para o noso porvir como sociedade: a política cultural, as políticas de emprego, a igualdade real entre mulleres e homes, o fenómeno migratorio...
Nos arrabaldos romanos ou nos de calquer cidade galega incúbase un fondo malestar social por anos e anos de políticas neoliberais, co seu cortello de desemprego, precariedade e siniestralidade; as listas de espera sanitarias, ou a política educativa dun ensino vampirizado polos concertos... políticas de dereitas, exemplos dabondo da existencia dunha divisoria dereita – esquerda que só dende as ringleiras da dereita téntase agochar. As políticas de esquerda teñen que ser quen de rachar as inercias e alzar - de xeito participativo – novidades que supoñan melloras nos vieiros de igualdade e liberdade que aínda nos restan por facer, andaina cívica que non atura censuras ou autos de fe. ¡ seus son, non os queremos ¡
Obrigado polo artigo, Iolanda. E muitisimo obrigado por pendurar bandeiras galegas polas rúas de Ferrol, nestes días de festa.
Xa chega no inverno coas rojigualdas que hai, como aínda por riba aturar as que traen todos os toristas ejspañois nos seus polos e nos seus coches polo verán.
Sempre en Galiza, sempre de esquerdas.
colocar a xustiza social, a igualdade e mais a firmeza neste deserto político no que vivimos... un toque nacional viria de perlas, mais eu aí son da corda de Carod-Rovira cando afirma que a política social é a mellor política nacional que se pode facer.
Noraboa Iolanda, demonstrando umha vez mais que a questom social e nacional na Galiza e no mundo vam da mao. Justiza, Dignidade e Creatividae! Deixemos a@s de sempre que ouveem o seu rancor nos curruchos e olhemos cara adiante, cara o futuro que sta por escrever e onde queremos morar
"La tolerancia es la pasión de los inquisidores"
Silvio Rodríguez
Non hai peor forma de INTOLERANCIA, que a TOLERANCIA (asociacións "contra a Intolerancia", etc.)
Parabéns, unha vez máis, por compartir connosco a túa reflexión.
UMBRAIS?????
Desculpa, mas não pude continuar a ler. Parei aí para escrever este comentário. Bonita, em galego é LIMIARES.
Assdo: Paquinho Umbral
OBSERVADOR:
Se a autora fose autor, chamaríaslle tamén "bonito"?
Desculpa, mais non puiden comezar a ler despois do teu comentario.
Asdo. Bonito do Norte
Homem, se o autor saisse numa foto assim "bonita", como a rapariga, e cometesse o mesmo rematado erro, igual...
OBSERVADOR
Vostede é moi crítico cos erros de todo o mundo, mais cando quen os comete é vde. goza de moi bo humor.
Tras desa lingua lusófona agóchase un "machito ibérico" dos de toda a vida, non si?
Asdo. Bonita da Ría
Se a rapariga é bonita, como lhe vai chamar? Feia?
Semprecelta, não se ofenda, você também é bonita.
lede outra vez o artigo. na vida hai que dar-lhe importáncia ás cousas que a tenhen. o "umbral" é un erro que non o único e non só neste artigo senón revisade a redacción de vieiros. o de bonita é unha machorrada que non vaga a pena debater nestes contextos precocinhados como son os foros.
que iolanda sexa bonita ou non é continxente para o contido do artigo. de todos os xeitos, u-la fronteira da beleza e a fealdade...
Cómpre desterrar da Galiza o debate sobre a ETA, que nos é axeno, e que interesadamente algúns políticos e medios de comunicación españois teñen por 'leit motiv' na súa loita contra o arredismo en su querida España.
Iolanda, repito, obrigado polo artigo.
Será alheio, ou "alleio", Xacataca.
Esquecei o de "bonita", aqui ninguém é bonito nem nada.
Digo, ou "alleo". Ora bem, é alheio? Acaso a Galiza não deveria reclamar a sua autonomia e independência como fazem os bascos? (digo os bascos, não o ETA)
Por fin algo bo. As castes galega e ibérica deben decatarse do que agocha a simplicidade dos neocóns e tamén dos fanáticos calquera que sexa a súa aliñación. E permitide o arcaísmo de caste porque a Iolanda nos amosa unha caste que nada ten que ver coa patria: a caste social culta, á que é difícil ascender e da que só a grave enfermidade nos pode expulsar. A demagoxia encárgase de desprestixiala e os neocóns sábeno, simplificando a mensaxe até a idiocia. De aí a virulencia do ataque contra a verdadeira cultura, que é a que admite o inconformismo.
Parabéns por devolverlle a ilusión a moitos ferroláns, quén nos dese na Coruña conciencia social coma a ferrolá!
PD: Que nivel de comentarios, xa boto en falta ao Gaviotero.
Naceu en Ferrol en 1971. Exerce como avogada na súa cidade natal. Milita no PCG e é coordenadora nacional de Esquerda Unida. Forma parte, como tenente de alcalde, do goberno local ferrolán .