En gran parte de Europa o planeamento é, foino sempre, unha actividade materializada no solo público. As administracións, estatais ou locais, deciden usos, graos de ocupación, volumes e ordenanzas a aplicar; a urbanización é potestade comunitaria, aínda que despois poda cederse a particulares a titularidade perpetua, ou só o uso temporal.
Xa que logo hai capacidade para actuar segundo as necesidades sobre un solo que xa era propio ou que se merca ou expropia segundo sexa preciso. Un crecemento moderado non desbordará a capacidade de xestión.
Nos anos 50 había en España expectativas de desenvolvemento que ían requerir ordenamento. Tamén había bos urbanistas, que previron de xeito correcto a necesidade do solo. Mais faltaba capacidade económica, nun país arruinado, para pór en práctica políticas públicas de actuación, e ante todo non había vontade política para enfrontarse ao interese dos posuidores.
A única forma de obter terreos era dar contrapartidas que estimularan aos propietarios; darlles a oportunidade de obter grandes plusvalías. Aínda que o poder de decidir usos e aproveitamentos o mantería a administración, o proceso urbanizador consolidábase como actividade privada.
Ao conservar o poder decisorio, a administración tería forza para esixir a cesión obrigatoria do solo, imprescindible para viais, equipamento e o que se chamou sistemas xerais. A filosofía subxacente era que a cesión rescataba as plusvalías obtidas polo axente urbanizador dándoas á colectividade. Pero de ser completo o rescate, ¿que interese tería un axente movido polo afán de lucro en colaborar?.
Reparto xusto
A partires daquela lei do solo de 1956 elaboráronse procedementos para o reparto xusto dos beneficios e das cargas entre os propietarios. Loxicamente quedaban á marxe dese xusto propósito os non propietarios. Un propietario tiña máis xustiza se tiña máis solo.
O que seguiu amosou a inxenuidade de crer no reparto xusto nas condicións reais do mercado. Quen ten moito solo faise sempre co control do proceso. E quen ten moito capital atopa o xeito de adquirir, con discreción, solo a baixo prezo a propietarios menores descoñecedores dunha información que el adoita ter. Faise, enton, o negocio. O reparto de cargas despraza asemade aos insolventes.
A facilidade para enriquecerse máis do que xa era rico é enorme. Non falemos da capacidade corruptora, amosada ao subornar aos encargados da xestión dos plans, urbanistas ou concellos. Suponse que os casos descubertos son só unha parte dos que hai.
Iniciouse,entón, o proceso de desenvolvemento urbano máis devastador coñecido na historia, con resultados que firen a nosa ollada.
Os mellores solos agrícolas, perdidos; as costas, esnaquizadas; bosques talados; ocupación de barrancos e zonas inundables, que provocaron logo danos previsibeis. As disfuncións causadas fan despois necesarias grandes obras de infraestrutura.
Os causantes deses problemas non teñen que responder. Tiveron até a bendición das autoridades e consideráronse creadores de riqueza.
Actividades correctoras
Agora, o peor do sistema urbanístico é a dificultade para acadar o financiamento das actividades correctoras, necesarias para remendar as nosas cidades. Porque segundo este modelo o financiamento conquírese mediante máis desenvolvementos especulativos, que deixaran aos concellos soamente un anaco das plusvalías obtidas polos promotores.
O sistema, máis cedo que tarde, ten que colapsar. Hai que tomar conciencia antes de que o dano sexa maior, e atreverse a lanzar propostas lúcidas e radicais, lonxe do desenvolvemento faraónico, que cura os problemas creando outros.
Propostas que de xeito obrigatorio teñen que apuntar ao cerne deste modo de producción capitalista, motor que, xunto con outras cousas, produciu tamén estas difíciles cidades.
¡Por qué no te callas!
pois non sei porque ten q calar... canda menos fai unha análise que non se escoita moito noutros políticos.
Iolanda grazas polas túas achegas a Vieiros, punto de vista diferente e crítico, moi necesario na actual Xunta, para cando EU con representación parlamentaria?
Claro, a españolísima Izquierda Unida (que non Esquerda Unida) non ten casos de corrupción urbanística ao longo do Estado. Agardo que non teñan representatividade nunca no Parlamento de Galiza. Só faltaba que desaparecendo de todo o Estado e formando coalicións anti-natura noutras rexións, en Galiza derámoslles votos. Ha. Ha.
Izquierda Vendida, como din en moitos lugares.
IU en Madrid sempre foi un atranco para os intereses de Galiza, iso hai que telo claro, ou como é que defendan o do boicote a Reganosa e favorezan nas mesmas condicións ao Musel en Xixón? Llamazares díxoo claramente. Iso chamase traizón.
É unha pena que os partidos maioritarios de Galicia, PP, PsdG e BNG non teñan ao fronte das súas áreas de urbanismo a persoas co compromiso coa terra que ten Iolanda Vázquez (bueno, iso espero, porque tamén os do BNG dicían ter compromiso coa terra e agora xa vemos). O PP foi un desastre, pero estes de Touriño e Quintana son "dignos" sucesores de D. Manuel. Canteiras a ceo aberto a esgalla, parques eólicos en toda montaña por pequena que sexa, urbanizacións por aquí e acolá sen o menor respecto polo medio natural, un macroplano acuícola para gozo de Stolt Sea Farm e Pescanova e para desgracia da costa... En fin, os mesmos cans con diferentes colares.
En canto ao movemento "Galiza non se vende" ogallá teñan éxito, pero penso que son ananos loitando contra xigantes. O poder económico e o poder político galego non está con eles.
A verdade e que son bastante pesimista, que como alguén dixo, é un optimista informado.
"os mesmos cans con diferentes colares"... En fin, moi desafortunada a frase, dime agora que o PP, PSdeG e BNG son o mesmo e eu chúpome o dedo. O de "Galiza non se vende" é unha plataforma de Izquierda Unida que vai durar até as próximas eleccións.
Sigo dicindo que a política de Izquierda Unida con Galiza é de traizón, por moitas iolandiñas que haxa. Polo menos nunca vin ao BNG pactar coa Falanxe nun concello como aconteceu en Andalucía ou darlles alcaldes ao PP a eito.
"Ranciadas", volvo a repetilo, no pouco respecto polo medio natural galego, o PP, o PsdG e o BNG son "os mesmos cans con diferentes colares". ¿Queres que cho volva a repetir? Estaremos dacordo en que si o novo governo da Xunta respectara as costas, montañas e rios galegos, no terían razón de ser movementos como "GZ non se vende" ou Adega non tería tanto traballo ten, ¿non si?
Pois iso. E o que teñen que facer PsdG e BNG non é alporizarse cando neste tema os comparen co governo de Fraga, senón facer as políticas necesarias para que a xente non lles teña que lembrar que se están portando igual de mal que D. Manuel coa flora e fauna galega.
¿Y qué urbanismo nos propones, Yolanda? ¿El de la Unión Soviética?
No me extraña que al final no os vote nadie...
PD: Al título de este artículo, por cierto, le falta el "es posible..." para ser completamente progre.
Eis uma analise feita por “Ecologistas en acción” sobre como se vendeu o PSOE em Andaluzia no tema do POTA: http://www.ecologistasenaccion...
Acho que o governo galego leva o mesmo caminho. EU pelo menos ainda não tem participado nessas trapalhadas (pedreiras, urbanismo descontrolado, etc.)
Coñeces pouco o percal, fala de concellos onde participo Izquierda Unida polo estado en urbanismo: Pinto, Azuqueca de Henares, etc.
jatopardo, comparame o PSdeG co BNG e sigo chupándome o dedo na cuestión ecoloxista. Debe ser que ADEGA e varias plataformas son de Izquierda Unida e eu non me enterei. É o mesmo a política urbanística de Barreiros (PP), que a de Foz (PSOE) que a de Allariz (BNG) e eu sigo chupándome o dedo.
O único Pinto que conheço e o dos irmãos Fesser, P. Tinto, e Asuquiqi também não tenho a sorte. Não se deve fazer é o que os ingleses chamam “cherrypicking” quando argumentamos. Allariz, sim; e Vigo também, com o... como é que se chamava aquele alcalde do BNG. Em Euskadi a participação de EB no governo autonómico tem tido um saldo muito positivo, e cito: “En Euskadi, desde hace 12 años dos de cada tres viviendas (el 65%) en suelo urbanizable (en zonas de nuevo desarrollo), y el 20% en suelo urbano (en áreas de ciudad consolidada) han de ser viviendas protegidas, en virtud de una ley de rango autonómico (la Ley 17/94, de Medidas Urgentes", conocida con el nombre del Consejero Maturana). Desde el pasado mes de septiembre, estas reservas obligatorias incluso se han reforzado y aumentado hasta el 75% en urbanizable y el 40% en urbano, gracias a la aprobación y entrada en vigor de la nueva ley de suelo y urbanismo. La reserva obligada de vivienda protegida en TODOS LOS SUELOS que se vayan a desarrollar en el territorio de la CAPV, y de unos porcentajes tan altos, reducen esencialmente las posibilidades de obtener plusvalías por la transformación del suelo, dado que una gran parte de las viviendas que se pueden construir (las "culpables" del lucro especulativo que se da en otras regiones con el tráfico descontrolado del suelo) tienen su precio tasado, regulado por ley muy por debajo de su precio de mercado. En otras comunidades autónomas estas reservas obligatorias no existen o son notablemente menores a las que en el País Vasco tenemos, y por lo tanto, el incremento del valor de los terrenos que pueden sufrir los suelos desde su situación "rural" a "urbanizado" es mucho mayor que en nuestro caso.”
http://arkimia.nireblog.com/po...
Non Ranciadas, Adega non é de Esquerda Unida, é máis, non está vendida a ningún partido político, e podes entrar na súa web http://www.adega.info e lees un pouco as "grandes" obras que está facendo no medio natural galego o governo PSdG-BNG que volvo a repetir, nesta materia non se diferenza do de Fraga.
Despois poste a enumerar concellos. Ranciadas, estamos a falar do governo da Xunta, non dos governos locais, cada dun deles fillo do seu alcalde/alcaldesa. De tódolos xeitos, nomeas ao governo de Foz, ¿é ese para ti o modelo de desenvolvemento sostíbel, dar 1.300 licencias de obra nun só día?, ¿e falamos do ex-alcalde socialista de Porto do Son, Ramón Quintáns? Mira ti o compromiso que pode ter Touriño con medio natural que volveunos presentar nestas últimas municipais, a pesares de que na pasada lexislatura fixeron dos seus concellos unha inmensa parcela co cartel: ¡SE VENDE AL TURISTA MADRILEÑO!
Esquerda Unida terá presenza parlamentar nas vindeiras eleiccións galegas por medio de Iolanda Díaz e outros compañeir@s.
Na actualidade é necesaria a presenza de EU para contrarrestar as actuais políticas do bipartito, e as veces TRIPARTITO, que acepta a herdanza do goberno Fraga para confirmar e continuar o GAIÁS para o seu mausoleo e posteridade.
Temas medio ambientais como os PLANOS ACUICULAS,en Corrubedo ou a PLANTA DE GAS EN MUGARDOS DE REGANOXA, de Tojeiro e Fraga con PELOTAZO incluído, son motivos xustificados para REVISAR A ACTUAL POLÍTICA DA XUNTA EN CONVICENCIA CO PP.
Se EU estivera no Parlamento como cuarta forza política outra GALIZA , SI SERIA POSIBLE.
SAÚDE, FORZA E REPÚBLICA.
Naceu en Ferrol en 1971. Exerce como avogada na súa cidade natal. Milita no PCG e é coordenadora nacional de Esquerda Unida. Forma parte, como tenente de alcalde, do goberno local ferrolán .