Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: carme-adan

15/Outubro/2007 /

Mediagal, un programa de axudas para os conflitos de parella

Vicepresidencia presentou este programa, que nace para axudar á parella a resolver por si mesma os conflitos xurdidos na vida familiar.


13/Xuño/2007 /

Baltar compara os pactos políticos cos matrimonios que acaban a paus

Esíxenlle que retire a afirmación de que as coalicións entre socialistas e nacionalistas "só auguran violencia de xénero".


12/Xuño/2007 /

Letras en galego

Colle o lapis coa súa pequena man, con dificultade, case non consegue manter o ángulo suficiente e axeitado para que unha mancha negra comece a deslizarse sobre o papel en branco. O trazo irregular, por momentos o papel semella ir rachar. A outra pequena man suxeita con forza á parte superior do folio, a cabeza pegada coa mesa, sabe que iso non se pode facer. Levanta a cabeza, mira para o papel, busca a aprobación da mestra. A súa primeira letra escrita, fai pouco que consegue recoñecelas, aínda se trabuca. Un artigo de Carme Adán.


8/Marzo/2007 /

"As medidas da igualdade deben ser algo máis ca un simple parche"

O 8 de marzo preséntase o V Plan Galego de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes na Xunta. Xa se puxeron en marcha medidas como os salarios da liberdade, a implantación da rede de galescolas e as campañas pola corresponsabilidade, e agora a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta presenta unha iniciativa transversal, que afecta a todos os ámbitos. Carme Adán falou con Vieiros no día previo a esta data clave sobre a situación das mulleres galegas, as necesidades e as medidas que achega o Plan.