Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: litoral

Porto do Son
10/Xullo/2008 /

A Xunta aproba unha nova Lei de Pesca chamada a modernizar o sector

A consellaría destaca a aposta pola profesionalización e pola pesca sustentable.


Porto náutico de Vigo
5/Xullo/2008 /

Presentan máis alegacións contra os portos deportivos

A piques de pecharse o prazo, o colectivo ecoloxista Anduxía, de Bueu, revélase contra o Plan director de instalacións náutico deportivas.


3/Xullo/2008 /

Vázquez retrúcalle a Greenpeace: o informe é "antigo, amarelista e decepcionante"

O conselleiro e Medio Ambiente considera que o documento presentado esta cuarta feira polo grupo ecoloxista "non reflicte a realidade".


2/Xullo/2008 /

Ladrillo e contaminación zoupando "ao puro estilo mediterráneo"

Greenpeace peneira polo miúdo as principais agresións á costa do país, advertindo do "negro futuro" do litoral se non se frea a degradación urbanística.


28/Maio/2008 /

Galiza perdeu 22 bandeiras azuis este ano

Hai 105 nas praias e nos portos deportivos galegos. Quedan sen ela os concellos de Vilagarcía de Arousa, Xove, Porto do Son, Fisterra, Rianxo, Carnota e Cedeira.


27/Maio/2008 /

Política Territorial asegura que o Plan do Litoral estará listo antes dun ano

A promesa de presentar o plan antes de que caduque a lei de medidas urxentes podería verse afectada polo probábel adianto electoral.


18/Decembro/2007 /

"Dioxina" para Villar Mir e alcalde de Cervo polo "desprezo ao patrimonio natural"

O outro galardón, o "Osíxeno", co que Adega peneira entre os mellores comportamentos ambientais, destaca o labor do xeólogo Xoán Ramón Vidal Romaní.


12/Decembro/2007 /

A costa galega queda fóra das "zonas aptas" para o negocio eólico

Apenas un recanto fronte ao litoral d'A Guarda e na Mariña, a pé de Asturias, aparecen como recomendados para instalación de muíños.


10/Agosto/2007 /

Facenda detecta que até 45 mil alugueiros están sen declarar no litoral

Con todo, a porcentaxe é menor cá media estatal. Cruzando datos do INE e do IRPF, ao fisco sáelle que a Costa da Morte é a zona con máis alugueiros ilegais.


26/Xuño/2007 /

Galiza proxecta a terceira parte do total estatal de vivendas costeiras

En ningún outro lugar do Estado se proxectan tantas edificacións á beira do mar coma en Galiza: 800 mil, sobre un total estatal de 2,9 millóns, segundo critica Greenpeace.


18/Maio/2007 /

PSdeG: Convite a un "pacto polo territorio"

"Aínda están a tempo de non ir contra o avance da historia e do pobo", advertiulles Touriño aos populares durante un mitin en Noia.


2/Abril/2007 /

Corrubedo e Valdoviño: intolerábel desleixo polo patrimonio natural

A Fiscalía especial de urbanismo ven de decretar o arquivo das dilixencias penais abertas pola denuncia de ADEGA de dúas construccións ilegais na Rede Natura: unha urbanización en Valdoviño (LIC Costa Ártabra) e dúas construccións dentro do Parque natural de Corrubedo. Sorprendentemente, e segundo referíu o fiscal, estas construccións contaban con todos os permisos e informes favorábeis de medio ambiente, patrimonio, costas... ¿É así como se preserva o noso patrimonio natural e cultural? Quenes son os responsábeis desta desfeita?


29/Marzo/2007 /

Verdegaia rexeita a instalación dunha piscifactoría en Costa Galloufa – Porto do Son

Verdegaia ven de formular alegacións ao proxecto do establecemento e documentación complementaria para a tramitación da concesión de actividade, ao proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e ao estudo de impacto ambiental para a posta en funcionamento e explotación da granxa mariña de engorda de peixes planos na Costa Galloufa – Porto do Son (A Coruña)


14/Marzo/2007 /

O chalé da conselleira de Pesca leva seis anos con orde de derrubo

A Xunta non executa unha resolución ditada en 2000 por ela mesma e que obriga a demoler a casa de Carme Gallego e outras 80 vivendas por invadir a costa. Proximamente debe pronunciarse ante a Xustiza.