Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Vicent Partal

A acción exterior

11:15 04/02/2010

A cultura catalá protagonizou onte Expolangues (ver vídeo). A exposición de París, que constitúe un referente mundial do ensino das linguas, fixo da nosa lingua convidada de honor. Un chanzo máis na internacionalización do feito catalán, que é unha política esencial para nós.

Onte pola tarde vimos, por exemplo, o ministro de cultura francés facéndose unha fotografía co mapa do dominio lingüístico do catalán e recoñecendo unha delegación nor-catalá (xa que logo, 'francesa') que lle reclamaba máis respecto á lingua de dez millóns de europeos, tamén no territorio da República. E é evidente que, para o ministro, a representación norcatalá tomaba unha dimensión diferente desde o momento que ía de brazo do primeiro ministro andorrano, dos gobernos balear e catalán e dunha delegación de cidades valencianas, ademais do alcalde 'italiano' de Alguer. O señor Miterrand viuse de golpe confrontado a unha realidade que os estados quererían refugar, pero que é existente e insistente.

Hai anos que sabemos que non chega co traballo que facemos na casa. No mundo actual toda reivindicación lingüistica e cultural toda reivindicación lingüística e cultural débese globalizar por necesidade. O traballo forte cómpre facelo dentro do propio país, pero a presenza internacional, o recoñecemento e o respecto dos outros consolida tamén cara a adentro a imaxe dun proxecto de cultura, de lingua e de nación, potente e atractivo.

Non podo deixar pasar por alto o trato exquisito que o Instituto Ramon Llull fai da pluralidade rexional do noso país. Que o xefe de goberno de Andorra vaia fronte o vicepresidente da Generalitat de Catalunya ou do conselleiro balear da presidencia é unha obviedade. Pero non acostuma a pasar nun país como o noso. O esforzo feito para que a Rede de Cidades Valencianas sexa a representación institucional que necesitabamos foi e é impecábel. E as atencións á cidade de Alguer serven claramente para poñer de relevo que somos, efectivamente, dez millóns.

4/5 (8 votos)



Vicent Partal (Bétera, 1960). Fundador e director do diario electrónico VilaWeb, creado en 1995. VilaWeb conseguiu converterse nun medio dixital de referencia e líder de audiencia en lingua catalá.

»



Anteriores...