Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Declaración de Ben de Interese Cultural

Cultura presenta no xulgado a solicitude para entrar en Meirás

O avogado da Xunta xustifica no Contencioso-Administrativo o dereito a inspeccionar o pazo protexido por Patrimonio.

Redacción - 19:01 10/09/2007
Pazo de Meirás / Flickr: edans

Pazo de Meirás / Flickr: edans

A Consellaría de Cultura e Deporte presentou este luns formalmente a solicitude para poder acceder ao Pazo de Meirás. O letrado da Xunta depositou nos xulgados do Contencioso-Administrativo da Coruña a petición que faga valer o seu dereito de inspección despois da obstrución dos propietarios do predio, a familia Franco, á entrada dos técnicos.

No escrito, a consellaría pídelle ao xulgado que “determine o lugar, día e hora para que se proceda á entrada polos técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio” ou ben lle permita escoller ao departamento gobernamental. Cultura baséase en que ten o dereito acceder aos bens tanto polo feito de que forman parte do Patrimonio Cultural Galego como por ser necesario avalialos para declaralos Ben de Interese Cultural.

O conflito coa consellaría produciuse o pasado 30 de agosto, cando un avogado que se identificou como voceiro da propietaria do pazo comunicoulles aos técnicos de Patrimonio que non podían acceder ao recinto. Ante esta obstrución, a Consellaría iniciou a apertura dun expediente sancionador que pode ter como consecuencia unha sanción de até 60.000 euros e decidiu facer valer os seus dereitos mediante a vía xudicial, unha intención que se materializou este luns.


4,5/5 (6 votos)

Comentarios (17)

BonKarallan #1 10/Setembro/2007 BonKarallan

Familia Franco: Non Meirás a tomar o pelo outra vez?

zus #2 10/Setembro/2007 zus

o pazo de TEIRÁS e non volverás...vividores apestosos.....

BonKarallan #3 10/Setembro/2007 BonKarallan

Bo Pazo ese de TEIRÁS.

Gaviotero #4 10/Setembro/2007 Gaviotero

Bugallo...Meirás...y no volverás.

PD: Ya que estamos con las rimitas, yo no quería ser menos...:)

galicecos #5 10/Setembro/2007 galicecos

A Consellaría de Cultura terá feito un estudio de rendabilidade do pazo por amosarse tan teimuda niste tema, supoño eu. De non ser así, isto vainos sair por unha boa morea de cartos se comezamos xa cos tribunais. Cando rematen recursos e apelacións van pasar moitos anos e os custos han ser abondosos. Non sería mellor tratar de mercalo ou chegar a un acordo cá familia Franco?.

BonKarallan #6 10/Setembro/2007 BonKarallan

"Familia Franco se nos dades o Pazo de Meirás polas boas, deixámosvos saír de Galicia sans e salvos e ademais regalámosvos a Gaviotero".

xel #7 11/Setembro/2007 xel

ese pazo tinha que ser expropiado, é unha venrgonha que siga a estar nas máns dos herdeiros de quen o roubou

Gaias #8 11/Setembro/2007 Gaias

Desta forma se fixo a familia do dictador co Pazo de Meiras.
http://www.youtube.com/watch?v...

http://www.youtube.com/watch?v...

Gaias #9 11/Setembro/2007 Gaias

En calquer pais democratico o roubado nunha dictadura retorna os seus lexitimos propietarios na democracia, e os que roubaron ou foron parte do rexime rematan na carcere ou no exilio.
Pero aqui temos unha familia que abertamente se esta a rir do pobo galego, saltandose a lei, e dando como propio un pazo que non o mercaron eles, que foi regala forzosamente polo pobo durante unha dictadura sanguinaria.
E ainda alguns galegos e non galegos, iñorantes, defenden o que chaman "propiedade privada". Eses son os que lle dan a razon a RAE cando nos define coma "tontos" e "tartamudos".

Gaias #10 11/Setembro/2007 Gaias

MOMENTO PAZO DE TEIRÁS
http://www.youtube.com/watch?v...

sanquera #11 11/Setembro/2007 sanquera

Galicecos no se puede pensar en la rentabilidad cuando lo que aquí se dirime es la legalidad de una acción del gobierno frente a la oposición de un particular,el gobierno debe hacer valer la legalidad a cualquier precio.
lo peor del caso es que los futuros vvisitantes del pazo ( si la ley está de parte de la consellería) serán los nostalgicos y morbosos que quieran fotografiar la residencia veraniega del caudillo

Sheamais #12 11/Setembro/2007 Sheamais

Gaias... ti mesmo o dixeches... en calquer país democrático, non no "Reino de España" no que estamos, despois de corenta anos de ditadura, soportando xa máis de trinta de propina.

carlosroca #13 11/Setembro/2007 carlosroca

E ninguén vai criticar a Tele 5 por dar voz ao fascista asasino de Ynestrillas????!!!

JohnLocke #14 11/Setembro/2007 JohnLocke

#13 Eu não vejo tele-lixo

eugalego #15 11/Setembro/2007 eugalego

FÓRA FASCISTAS DA NOSSA TERRA.

NENHUMA AGRESSOM SEM RESPOSTA.

VIVA GALIZA, CEIVE E SOCIALISTA.

BonKarallan #16 13/Setembro/2007 BonKarallan

Haberá que aprender Historia para oír dicir ao guía a os nostálxicos visitantes do Pazo cousas como esta:

"Y en este dormitorio el Generalísimo se tiraba a la Polo, después de cenarse unos percebes con el Gobernador Militar y el Jefe del Movimiento en el palacio municipal de María Pita".

BonKarallan #17 13/Setembro/2007 BonKarallan

Nin sequera imos criticar aos que gozan vendo Tele 5. Eu teño un mando, que cambia de cadea e ata apaga a tele cando eu quero.

É que somos un país avanzado, carallo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: