Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
"En todas"

O PNV pide que as escolas do Estado ensinen catalán, éuscaro e galego

Esíxelle ao goberno español "un compromiso co plurilingüismo". Elena Salgado defende que as "linguas cooficiais" están "nun dos seus mellores momentos".

Redacción - 11:30 24/10/2007

O senador do PNV Javier Maqueda anunciou este martes a súa intención de pedir a comparecencia da ministra española de Educación, Mercedes Cabrera, na Cámara Alta para esixirlle ao goberno "un compromiso co plurilingüismo", que permita que se imparta o ensino de catalán, éuscaro e galego en todas as escolas do Estado.

"Dicirlles a todos os alatristes, espadas e humoristas resentidos que os problemas se solucionan falando, e falando enténdese a xente e chéganse a acordos como o de Downing Street que solucionan problemas", afirmou.

Resposta de Elena Salgado
Pola súa banda, a ministra de Administracións Públicas, a galega Elena Salgado, defendeu neste senso que "as linguas cooficiais viven nun dos seus mellores momentos de uso e extensión na historia da democracia", grazas ao "esforzo" do Executivo español e a súa postura de "impulso e promoción" como un "dereito dos cidadáns".

Salgado repasou algúns dos "avances" no seu uso. Así, salientou que os cidadáns se poden dirixir na súa lingua ás institucións da UE, que o permiso de condución pode ser expedido en calquera destas, que se impartiron cursos a máis de 15.000 funcionarios dende 2004 e que o 95% das webs do Estado están traducidas.


4,83/5 (6 votos)

Comentarios (13)

ranciadas #1 24/Outubro/2007 ranciadas

A Salgado en que mundo vive? Ou quere facernos pasar por parvos aos demais? Esta ministra ten moita cara, demasiada.

rober #2 24/Outubro/2007 rober

e que "nos deamos cun canto nos dentes" ... por se nos "queda" algún.

rober #3 24/Outubro/2007 rober

Pois os españois son moito de presumir que "reservas de indios" hainas en norteamérica, non en sudamérica ( porque non puideron con tantos). En ispanya, se saes da "reserva", xa non tes direito a votar polos teus, nen a aprender o dos teus, nen ... que sei eu!. Esta é a "súa" lóxica democrática, sempre favorecedora dos "intereses xerais" (?)

Gaviotero #4 24/Outubro/2007 Gaviotero

¡Jajaja! Muy graciosos los proetarras estos...Ya sólo nos faltaría ahora ponernos a aprender lenguas regionales sin apenas utilidad comunicativa...

Primero que aprendan ellos el vascuence que buena falta les hace.

serbia #5 24/Outubro/2007 serbia

O problema de Gaviotero non é a utilidade comunicativa. é a eiva de ter algo que comunicar.

Grovius #6 25/Outubro/2007 Grovius

Sr. Gaviotero:

Aprender euskara ten diversas aplicacións prácticas:
-Tense acceso a unha cultura interesante e próxima
-A aprendizaxe dunha lingua nova facilita a adquisición de máis
-El saber no ocupa lugar, que diría vostede
-Pensar nunha lingua dun phyllum distinto confire unha flexibilidade mental difícil de atopar nun monolingüe (por certo, creo que foi Skutnabb-Kangas quen dixo que o monolingüismo é unha enfermidade perigosa que cómpre erradicar). Pode vostede tentalo con outras, pero o País Vasco está aquí ó lado e dá máis facilidades. Claro que a disposición a coñecer culturas alleas é dificilmente compatible con certos complexos.

Gaviotero #7 25/Outubro/2007 Gaviotero

A las razones que usted me da, Grovious, para aprender vascuence, le añadiría yo una, que es la utilidad comunicativa (razón principal de una lengua), en la que el vascuence probablemente se sitúe en el furgón de cola frente a otras muchas lenguas, como por ejemplo, el portugués.

Y respecto a las que usted me da:

1) Le puedo asegurar que la cultura de las Vascongadas es perfecta y totalmente accesible con el conocimiento del castellano, la lengua aplastantemente mayoritaria de las Vascongadas.

2) El saber no ocupa lugar, pero sí lleva tiempo. Y el tiempo es uno de los bienes más preciados que tenemos, luego conviene administrarlo de la mejor forma posible. Y aprender vascuence, una lengua muerta y asistida con el respirador artificial del nacionalismo, personalmente, me parece una forma de perder el tiempo para alguien ajeno a las Vascongadas.

3) No sé por qué usted da por hecho que el escaso interés en las lenguas regionales se proyecte a otras lenguas. Yo estoy muy interesado en otros idiomas, y de hecho además del español manejo otros. La cuestión es que culturalmente el vascuence no me interesa lo más mínimo. Y lo mismo sucede, aunque en menor medida, con el catalán. El gallego, sin embargo, sí me interesa más, porque además de vivir en Galicia me permite conocer mejor mi propia lengua materna, el castellano, pues pese a los intentos de reconstrucción de la RAG, todavía podemos encontrar en el gallego muchas raíces de lo que fue la lengua romance origen del castellano.

Complejos, lo que se dice complejos, los de aquellos que se niegan a utilizar y conocer una lengua como el español hablada por más de 400 millones de personas en el mundo y considerada la segunda por utilidad comunicativa a nivel mundial, pero que sin embargo están deseosos por conocer y utilizar lenguas como el vascuence que apenas tienen utilidad comunicativa.

Pero a ustedes no les interesa la utilidad comunicativa de las lenguas, sino la utilidad política.

Y eso sí que es un complejo y bien grande.

teixugo #8 25/Outubro/2007 teixugo

Ninhada de RATOS!!!!!!!!!!!

trapalleiro #9 25/Outubro/2007 trapalleiro

Paridas

todas as linguas teñen influencias unhas das outras, e máis as linguas irmas que veñen do indoeuropeo como o galego ou o castelán, a diglosia é para pailáns, a riqueza cultural é sempre interesante

senon a aprender chinés que son máis e a dereita non lle importan os seus metodos

e de lingua morta nada xa que emprégase en moitos ámbitos e ten unha beleza inconfundíbel,está o noso alcance se nos deixamos de prexuizos xenófobos

pero isto son cousas de primaria

jujolor #10 25/Outubro/2007 jujolor

algun dos de eiqui deben falar varias lenguas, mais praticar soamente duas o FRANCES e mais o GREGO.
cada un de nos ten dereito a opinar mais nos a insultar a os demais
cada lingua e de quen a fala e ningen pode impoñer no seu propio pais falar outra lingua que non he de el, salvo salvo o castelan que foi imposto perante seculos dun rincon a outro do mundo, mais non querido por ser imposto, e dixa sa de pratricar tanto FRANCES e GREGO.

SEMPRE EN GALIZA

galegasenprexuizos #11 26/Outubro/2007 galegasenprexuizos

Mira Gaviotero nós en Galiza xente coma vostede non queremos

LOIS_DE_SILAN #12 27/Outubro/2007 LOIS_DE_SILAN

REITERO:

"Aquí témosvos a oportunidade de tentar enxergar a diferenza entre dereito e liberdade lingüística.

O dereito pode supor unha obriga dos poderes públicos a garantiren un ensino nel ou, polo menos, del (sería un dereito prestacional do seu coñecemento). Pode supor un poder do individuo sobre outros individuos e persoas xurídicas a que lle resposten na lingua en cuestión (dereito subxectivo de uso). E, pode conlevar só o poder sobre os outros para que se absteñan de calquera conduta que impida o coñecemento e expresión nesa lingua (liberdade ou dereito á liberdade lingüística).

Sonvos ideas, conceptos, dereitos conexos; mais, ben diferentes!

O castelán fóra do seu territorio propio ten o papel ou función de lingua común ou universal(no universo das linguas españolas do Estado español). Solución razoábel nun Estado español cuasiautárquico de 1978; mais, xa non no do século XXI despois da súa integración na UE, especialmente, e na Comunidade Internacional.

As outras linguas españolas, para respectarmos o valor superior do ordenamento xurídico que vos é a igualdade, o principio xeral do dereito e o dereito fundamental á igualdade e non discriminación, deberan ser de ensino OBRIGADO na área lingüística propia do castelán atendendo ben a un criterio de proximidade xeográfica (prioritario), ben a un de demanda ou preferencia dos discentes ou ben a unha combinación dos dous, que permitira ós españois do territorio do castelán coñeceren tamén, coma os dos territorios de linguas españolas distintas do castelán, polo menos DÚAS linguas españolas: a propia (castelán) e mais unha allea española (galego, catalán, aranés,...).

Con todo, eu non vos son partidario deste sistema OBRIGADO CONSTITUCIONALMENTE; sonvos máis ben defensor da substitución do castelán como lingua común no cativo universo lingüístico do Estado español por outra de maior capacidade de comunicación directa no conxunto do planeta: BILINGÜÍSMO NECESARIO; a propia do territorio ou comunidade sen territorio e mais a univesal (inglés, esperanto,...), sen prexuízo de que cadaquén coñeza e use, cando toque, calquera outra lingua".

Felip #13 30/Outubro/2007 Felip

A proposta do PNV non é nova. Haivos un certo numero de persoas traballando no ensino que dalguún xeito xa pensáramos no axeitado do caso. Fanse clases de galego nalgúns centros de ensino en Cataluña e lin nalgures - se cadra aquí, en Vieros- que hai un IES en Galiza que se fan clases de catalán.

Eu, persoalmente preparei algunhas actividades con alumnos desde 4 até 6 de primaria con materiais en galego e occitano (falado na comarca do Arán, en Cataluña) e a experiencia resultou moi interesante. Os rapaces déronse de conta que, sen sabelo, coñecían moitas cousas dunhas linguas que non estudaran. Este ano estou a adaptar estas actividades para secundaria.

Sen negar a validez doutros plantexamentos teóricos desde o traballo de base -é dicir formar cidadáns afeitos á diversidade lingüística- coido que é o que nós, profesores, podemos e debemos facer.

PS: Sobre o tema e só para aqueles que gosten de perder o tempo recomendolles a lectura do libriño do catedrático de lingüística xeral da universidade Autónóna de Madrid, Juan Carlos Moreno Cabrera:

DE BABEL A PENTECOSTES. MANIFIESTO PLURILINGUISTA (CUADERNOS PARA EL ANALISIS; 20),

EDITORIAL HORSORI, S.L., 2006

Ou ben o libro do lingüísta e profesor da universidade de Reading en Inglaterra:
LANGUAGE DEATH

Haivos tamén a versión en galego de Galaxia, "A morte das linguas", para aqueles que, malia se interesar por outras linguas e mesmo manexalas, seica non queiran perder tanto tempo lendo nelas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: