Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACCIÓN LEXISLATIVA POPULAR

A CIG prepara unha recollida de sinaturas para tirar abaixo o plus de altos cargos

O sindicato nacionalista presentou este martes a iniciativa no Parlamento e non ten dúbida de que recabará máis das 15.000 sinaturas precisas.

Redacción - 17:46 30/10/2007

Tal e como anunciara hai algo máis dun mes, a CIG seguirá até o final na loita pola derrogación do plus de altos cargos. Para iso, este mesmo martes, o secretario xeral do sindicato, Xesús Seixo, entregou un escrito no Rexistro do Parlamento para solicitar que se acepte unha iniciativa lexislativo-popular.

Unha vez que o Parlamento acepte a proposta, a CIG disporá de catro meses para xuntar as 15.000 sinaturas precisas para que os polémicos sobresoldos volvan debaterse na Cámara galega. Seixo afirmou de xeito rotundo que “incluso obteremos máis apoios”.

Anterior: Privilexios ou igualdade: disposición adicional 17 (artigo en Vieiros de Encarna Otero sobre os pluses)



5/5 (7 votos)

Comentarios (3)

A2b2 #1 30/Outubro/2007 A2b2

Onde hai que asinar????

baltar69 #2 30/Outubro/2007 baltar69

eso, a ver donde se firma, que a mín soio me piden o garabato uns que se dín da plataforma bilingüe.

outrolector #3 31/Outubro/2007 outrolector

Onde, onde hai que asinar?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: