Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LEI DA FUNCIÓN PÚBLICA

As primeiras protestas contra o plus de altos cargos chegan até San Caetano

Delegados da CIG concentráronse diante da sede central da Xunta para pedir a derrogación dos sobresoldos e reiteraron a disposición a impulsar unha iniciativa lexislativa popular.

Redacción - 17:20 26/09/2007

O sindicato nacionalista anunciou este mércores que vai seguir loitando para que se anule o novo complemento salarial para cargos políticos que sexan funcionarios. Nunha concorrida protesta celebrada diante da sede central da Xunta en San Caetano, anunciaron que, de non dar froito as conversas cos partidos políticos, a central está decidida a recoller sinaturas para presentar unha iniciativa lexislativa-popular no Parlamento.

A CIG sostén que a última reforma que se contempla na Lei de Función Pública consagra un privilexio que consideran inxusto: “Os funcionarios e funcionarias ex altos cargos obteñen de por vida un complemento de destino de 14.721 euros anuais (o estabelecido para os directores xerais), que incrementa en 3.000 euros o máximo nivel de complemento de destino existente na carreira administrativa”.

Manifesto de protesta

No manifesto lido diante das dependencias da Xunta sublíñase que “o correcto sería aproveitar a Lei de Función Públcia para rebaixar os privilexios dos funcionarios e funcionarias que ocuparon cargos de designación política, como o seu sistema acelerado de consolidación do nivel 30 (11.721 euros) polo simple feito de desenvolver un alto cargo durante dous anos continuados ou tres con interreupción”. Dende a CIG critican que lonxe de recurtar privilexios, “aínda se aumenta o complemento 3.000 euros máis”.

Dende o sindicato afirman que a medida tamén é “discriminatoria, inxusta e desproporcionada en relación con todos os cidadáns que non son funcionarios públicos e nalgún momento da súa vida desenvolven cargos públicos ou de representación política; ou co resto da clase traballadora, para os que 14.721 euros representan máis ca o seu salario anual”


5/5 (14 votos)

Comentarios (2)

baltar69 #1 26/Setembro/2007 baltar69

vín na tvg o luns á noite ó pucheiro intentando coincidir con blanco valdés no asunto plus altos cargos mentras antón galocha mantíñase nun discreto e respetuoso segundo plano. ambos laiábanse do que definiron como un mal entendido, mentras soltaban tópicos e verdades de perogrullo en forma de refráns de vello sapoconcho, o tempo que botaban as culpas ó mal explicada que fora a medida dende o poder e ós inevitables celos da poboación inculta e rastrera, pouco dada a preocuparse polas miserias da carreira funcionarial e os seus necesarios complementos. a cousa quedou inda máis oscura do que ficaba ó principio, xa que o cometido dos invitados parecía máis de sementar confusión que de crear debate e falouse de alcaldes, concellais e diputados mentras o columnista da la voz contraíase e repetía que eso era un problema administrativo e non político. a boutade final lanzouna un impoluto eiré que rematou a intervención cunha desordenada trifulca donde mezclaba churras con merinas e soldos da empresa pública có decreto. eu, que estaba atento, non entendín nada do que decía e atribuíno tamén a esa dificultade para explicar cousas que os contertulios achacaban a administración autonómica. quitei, eso sí, en claro que defendían a medida, sobre todo o director de a nosa terra, para non cargar contra o seu brazo político a responsabilidade, que a ten, de ter votado a favor de esa lei.
ahora aparecen os sindicalistas poñendo a cara. non sei se son os mesmos que pactan os cargos e os aprobados nas oposicións, pero teño por seguro que o fan como manobra de descargo, como distracción ou o peor para salvarse da queima,pero nos dous anos que leva o bng no goberno da xunta xa deu suficientes exemplos de como é o seu talante. de nada vale a mirada crara e a voz laiosa de aymerich: feitos son amores. e eu non son calvo, pero xa non me quedan pelos de tonto.

moledo #2 27/Setembro/2007 moledo

Concordo con baltar69 em que os mesmos sindicatos que digitam postos de trabalho na Administraçom Pública, os que impedem (e conseguiram) que nenhum posto desde chefe de serviço para cima seja ocupado por nom-funcionários, isolando aos trabalhadores/as galegos de responsabilidades políticas e ficando eles sós, como nova caste burocrática na Xunta; os mesmos que arranjaram as opos de ensino realizando peches, greves, concentraçons etc, AGORA pretendem limpar o rosto diante desta medida inaceitável dos sobresoldos.

Bem feito está...mas, particularmente, acho dumha grande hipocrisia e oportunismo que as secçons mais ferrenhamente corporativistas da CIG Ensino e Administraçom Pública, pretendam colocarse um fraco verniz de "sindicatos". Nom som. Som grupos de pressom corporativos para seus filiados: perguntem a qualquer opositor nom interino de secundária, perguntem a qualquer trabalhador galego que nom pode estar no governo porque a CIG-Administraçom quer a exclusividade funcionarial desses postos....Os sobresoldos som inaceptaveis e insultantes, estes lobbys de funcionários nom som os mais acaidos para liderar qualquer protesto...lavagem de rosto, mais nada.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: