Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pese ás críticas de socialistas e populares

O BNG mantén firme a proposta de anular o plus de altos cargos

o voceiro no Parlamento, Carlos Aymerich, reuniuse con dirixentes da CIG para analizar os pasos a dar para lograr a derrogación.

Redacción - 14:02 21/09/2007
Aymerich (BNG) con Seixo e Louzao (CIG) este venres

Aymerich (BNG) con Seixo e Louzao (CIG) este venres

O voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, mantivo este venres á mañá unha reunión con representantes da CIG, concretamente co seu secretario xeral, Suso Seixo e o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, para analizar diversos puntos entre estes o polémico plus de altos cargos.

Nesta xuntanza, segundo explicou Aymerich aos medios de comunicación, explicoulles a posición do BNG ao respecto dos pasos que se van dar para tentar derrogar a disposición adicional 17ª da Lei de Función Pública.

O deputado nacionalista asegurou que o BNG quere "lograr unha regulamentación do traballo no servizo público máis coherente, e que responda mellor ás necesidades e desexos da cidadanía".

Así, o "percorrido" que o nacionalismo prevé para este proceso pasaría por aproveitar o articulado da Lei de Orzamentos para provocar esta derrogación xa que nel "pódense regulamentar todas as materias que teñan a ver co gasto público", e esta vai ser unha das propostas que o BNG poña enriba da mesa.

Carlos Aymerich resaltou que, coa súa actitude, o BNG está a demostrar que "escoitamos á sociedade", e amosou a súa confianza en que os outros grupos políticos tamén apoien a iniciativa nacionalista.

A preguntas dos xornalistas sobre a polémica suscitada por este tema, o portavoz parlamentario asegurou que o BNG "sempre actúa con coherencia". "Adoptamos unha decisión e despois de escoitarmos o que a xente opina tentamos corrixila".


5/5 (6 votos)

Comentarios (16)

Xabi1 #1 21/Setembro/2007 Xabi1

Se dúbida, escoitan á sociedade. O que fica por coñecer é se a nova Lei galega entra en vigor o vindeiro luns...
Tarde piaches, Aymerich.

ulo #2 21/Setembro/2007 ulo

Se tedes a necesidade de "escoitar" nun tema tan claro como ista, de inxustiza manifesta, é que estades a outra.
Que a suba era manifestamente inxusta, e a votastéis. Que agora recueis, pois como que non. Que tarde piaches, como din o Xabi1.
Eleccions+presions da CIG=oportunismo electoral, non que tiñades un gran sentido da xustiza.
Ala, ao voso, que é seguir co PSOE e o PP na Cidade Da Cultura, porque a Comision que tedes vai terminar como a do Prestige, en nada. Xa din os ianquis, "se non queres facer algo, monta unha comisión de investigacion, e solucionado".
Seguir con Losada reconvertindo os peiraos da Coruña, por moito que digades: non, non estamos dacordo, pero seguides no goberno municipal; se realmente estades en contra, sair do goberno municipal e forzar a Losada a levar o asunto ao concello, para que se vexa quen é de esquerdas e quén de dereitas, quen vota con quén.
E que no se veña conque iso é o quere o PP e Paco Vazquez, porque para facer a mesma politica que eles, non é necesario chamarse de esquerdas e nacionalista.
Pois iso, ao voso que é gobernar a moitos, facendo o que o PP no pudo facer.

Gaviotero #3 21/Setembro/2007 Gaviotero

¡Jajaja! Estos del BNG...ahora van a hacer el paripé de cara a las elecciones y después dirán: "pues vaya, es que parece que no se puede..." ¡Y a seguir apoyando al PSOE! Menudos farsantes...

kkruxo #4 21/Setembro/2007 kkruxo

Que pasa ¿que vos (nos) cacharon nas patacas? Efectivamente, cumpre ler as lexislacións antes de votalas. Agora non vades poder botalas.

Anxo #5 21/Setembro/2007 Anxo

A boas horas mangas verdes, a sociedade xa falou antes de votala lei no parlamento, e non escoitachedes nada, agora que xa está aprobada e é moi dificil derogala lei, e cando limpachedes as orellas, para facer o paripé.

Ulo, o BNG non marchará do goberno co PSdG-PSOE no goberno de A Coruña, porque eu sempre o dixen tanto Henrique Tello como Mario López Rico, o único que querían era chegar ao poder e agora que o teñen non o van soltar, por moi en desacordo que esten cos temas que aproben no Concello. Traga, tragou e tragará con temas como o elevador do monte San Pedro, as terrazas de María Pita, que as comunicacións do concello ante os medios segan a ser en castelán, na urbanización dos peiraos, na estación intermodal en Santo Cristóbo, etc. etc., cousas todas que ian dentro do seu programa é das que eu tampouco comparto todas.

Gaviotero #6 21/Setembro/2007 Gaviotero

El BNG es un apéndice regionalista del socialismo español...ay, si Beiras levantara la cabeza...:)

JOSEGALAICO #7 21/Setembro/2007 JOSEGALAICO

Que lástima que o BNG non pensase ben as cousas antes de actuar.Pero polo menos parece que escoitan a sociedade, non coma os outros que din "as leis hai que cumprilas" pero só cando lles interesa.Sobre todos ós do PP ,que escoitan falar de cartos para eles e firman o que sexa.
Ah, e Beiras ainda non baixou a cabeza para ter que levantala.

xoca #8 22/Setembro/2007 xoca

Creo que seria unha pequena mostra de credibilidade que Aymerich e Mariño presentaran a sua demisión por non ter-se enterado.

xoca #9 22/Setembro/2007 xoca

Pero se quen paga nas furnas é o BNG e non o PP que foi quen propuxo a prevenda e o PSOE quen é o máximo responsábel dela, entón a non hai direito a manifestar-se na sua contra, cando non governe o BNG imonos a enterar.

LOIS_DE_SILAN #10 22/Setembro/2007 LOIS_DE_SILAN

"o BNG está a demostrar que escoitamos á sociedade" !!!, iso évos pura demagoxia, significa que non teñen nin a máis elemental idea de como se poden resolver determinados problemas de tipo social; mais que, malia iso, queren permanecer con algunha parcela de poder.

Amais, iso évos claramente falso; pois, aínda nada fixeron, "escoitando a sociedade", verbo da socialmente protestada escolla de Valedor manifestamente incapaz par o cargo.

Hanos acabar calando a impresión de que todos son iguais: munxidores do pobo!!

COUTOVEN #11 22/Setembro/2007 COUTOVEN

Sera que el señor Carlos Aymerich cree que el pueblo galego es retardado mental. No se conformo con levantar su mano al igual que la bancada que representa para aprobar un “PLUS PARA LOS ALTOS CARGOS”. Ahora pretende cubrir su falta de consecuencia ideológica y compromiso con el pueblo que lo eligió alegando olímpicamente "escoitamos á sociedade".

Será entonces que después que cándidamente fue cómplice de la conducta INMORAL de la muy variopinta fauna de políticos que conforman el parlamento galego. Ahora se desgarra sus vestiduras y se pone a criticar lo que debió analizar y rechazar en su momento y lugar preciso. Sépase, analizar, estudiar y legislar atendiendo al compromiso con el pueblo que elige a un parlamentario es por lo que precisamente le pagan su sueldo.

Entonces, lo que fue aprobado traiciono al pueblo galego. A esto se suma el incumplimiento con el fiel y correcto ejercicio de las obligaciones parlamentarias.

Si se quiere hacer algo digno, lo mejor que puede hacer el señor Aymerich es renunciar a su cargo de portavoz del BNG.

Si realmente se enteraron ahora que lo que aprobaron fue improcedente (ya que el pueblo lo tiene claro de antemano) simplemente donen su sueldo del mes en que secundaron tan irresponsable medida a la creación o financiamiento de más GALESCOLAS o a cualquier actividad que reivindique un buen gobierno civil y un parlamentarismo responsable.

Y como es posible que el resto de los parlamentarios jueguen a que pase el tiempo y que prontamente otro escándalo saque de la palestra esta vergüenza legislativa. Sería bueno que el BNG destinara este PLUS a una gran cantidad de actividades edificantes para el pueblo “por favor no lo utilicen como fondos para campañas electorales” Devuélvanle al pueblo galego por lo menos una parte de lo que le quitaron al actuar de forma irresponsable en el parlamento galego.

ranciadas #12 22/Setembro/2007 ranciadas

Como aproveitan as ratas españolas para tirar contra o BNG e despois algúns galegos dándolles a razón.
Menos mal que temos ao BNG aí porque senón co PP e o PSOíño, iamos de CU. Aprobaríase a lei e quedariamos todos mirando. Sodes MOI INXUSTOS.
Acaso a CIG non é nacionalista? E que din CCOO (PP) e UXT (PSOE)? Carallo, hai que ser máis ecuánimes.
Ou vai resultar que Encarna Otero é do PP ou do PSOE?
Falla a memoria, mirade para atrás co Fraga e toda a súa piada.

Tarelo #13 22/Setembro/2007 Tarelo

Oes Raciadas! en primeiro lugar Bioas tardes! Coincido contigo en que CCOO non é un sindicato de fiar, Coma todos ou máis que ningún, pero penso que te pasaches decindo "CCOO (PP)", ainda que é lóxico que se algún militante do PP se quere afiliar a un sindicato elixa CCOO, logo que UGT e CIG como é sabido por todos un é o sindicato do PSOE e o outro nacionalista-proBNG. Pero ben, PPiros ainos ata no BNG, na CIG, no PSOE e na UGT.

ranciadas #14 22/Setembro/2007 ranciadas

Tarelo, non te enteras de nada, volta reler a mensaxe. Xa sei que Quintana é do PP e Feijoo do BNG, carallo e eu sen darme conta. Tes pouca vida social, eh!!!

Gaviotero #15 22/Setembro/2007 Gaviotero

ranciadas, para tu desgracia y la de muchos nacionalistas, los gallegos ya nos hemos dado cuenta de la verdadera careta aburguesada de estos bloqueiros que no son más que un apéndice del socialismo gallego.

Aschram #16 23/Setembro/2007 Aschram

Hoxe mesmo titular en "El Correo Gallego": "Quintana alaba la ley de altos cargos de Méndez Romeu".´
É un vello sistema para ter a xente manipulada e controlada, para facer do suxeito un suxeito suxeitado, sometelo a mensaxes contradictorias. Desta maneira lévase ao individuo a un estado de "desorientación e confusión" no que é posible colarlle o que sexa.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: