Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En protesta pola represión da China no Tíbet

Sarkozy súmase ao posíbel boicot aos Xogos Olímpicos

O presidente francés non descarta vetar a cerimonia inaugural das Olimpiadas de Beixín 2008.

Redacción - 19:15 25/03/2008
O presidente francés, Nicholas Sarkozy

O presidente francés, Nicholas Sarkozy

Nicolas Sarkozy, asegurou esta terza feira que "todas as opcións están abertas" e que "non pecha a porta a ningunha eventualidade" referíndose á posibilidade de que Francia boicotee a cerimonia inaugural dos XXOO de Beixín 2008, en protesta pola represión chinesa no Tíbet.

O presidente francés tamén asegurou estar en contacto coas autoridades máis próximas ao Dalai Lama, e salientou que xa tiña falado co presidente chinés: "Trasladeille ao presidente Jintao a miña viva preocupación. Pedinlle contención e abrir un diálogo". A seguir Sarkozy tamén destacou que, de haber o ansiado diálogo, el vai "graduar" a súa resposta en función da "resposta que dean as autoridades chinesas".

Apelando ao "sentido de responsabilidade dos dirixentes chineses"
O presidente francés, que rompía o seu silencio sobre as agresións chinesas no Tíbet, insistiu en que "o que fai falta" é que "os nosos amigos chineses entendan a preocupación mundial sobre a cuestión do Tíbet, e eu hei adaptar a miña resposta ás evolucións que se produzan, agardo, o máis rapidamente posíbel".

Pola súa parte, a secretaria de Estado de Dereitos Humanos, Rama Yade, amosouse resposta a recibir en Francia ao líder espiritual tibetano, o Dalai Lama, e non descartou boicotear a cerimonia inaugural dos Xogos de xeito individual: "se a situación empeora, non vexo ben, a título persoal, asistir a esta manifestación deportiva sen reaccionar", declarou Yade nunha entrevista no xornal francés Le Figaro.

A pasada semana xa se escoitaran as voces doutros dirixentes europeos sobre a posibilidade de boicotear os XXOO. De feito, o presidente do parlamento europeo, Hans Gert Pöttering, ameazou o pasado sábado a China con responder á represión das protestas da poboación tibetana.


5/5 (1 votos)

Comentarios (3)

BonKarallan #1 25/Marzo/2008 BonKarallan

Polo que se ve está de moda o butano.

E quen se apuntan?

Os que non queren saber nada de autogobernos dentro dentro dos seus territorios.

Agora só falta Zapatero, pero a ver quen lle vende logo chupa-chups aos chineses.

Sabrexo #2 26/Marzo/2008 Sabrexo

Si, fala sempre o máis indicado, mágoa que cando foi a revolta nas cidades francesas despois das declaracións de Sarkozy China non levase o asunto á ONU...

baltar69 #3 28/Marzo/2008 baltar69

eu asocio o nome do presidente da la france a terribles enfermedades malignas. é algo expontáneo e a ter en conta polo neurociruxano que me lobotomice nun futuro. da mesma forma que cando digo larouco venme a cabeza o pirata de espronceda viento en popa a toda vela e cando vexo un libro de john updike acórdome de meu abó na campaña de sidi ifni, cando na tele sae o fulano éste ca súa corta estatura hiperactiva e o seu mirar fanático acórdome do osteosarcoma, do fibrosarcoma e do liposarcoma.
nin que decir ten que despois do noso josemari tan tierno en la intimidad e dos xemelos kazinsky ca súa furibundas cruzadas contra o vicio, este tipo é un dos bichos máis perigosos que parió la gran europa e non dou un peso nin polos seus votantes nin pola nova esposa que pasea con glamour e que supoño que lle durará menos que unha media de volldam a mín un día de calor.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: