Os países da UE están divididos sobre un hipotético veto á cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos.
Os ministros de Exteriores manteñen unha xuntanza este venres e sábado en Eslovenia
Os países da UE están divididos sobre o posible boicot á cerimonia de inauguración dos Xogos Olímpicos. Este venres os ministros de Asuntos Exteriores da Unión Europea manteñen este venres e este sábado unha xuntanza informal en Brdo (Eslovenia, que ostenta a Presidencia da UE este ano), que ten como tema principal na orden do día a situación no Tíbet.
Os xefes da diplomacia dos Vintesete buscan una postura común sobre un posíbel boicot á cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos, que terá lugar en Beixín o vindeiro 8 de agosto.
O presidente de Francia, Nicolas Sarkozy, dixo que non o descarta, e a chanceleresa alemá, Angela Merkel, xa ten claro que non asistirá, segundo confirmou o seu ministro de Exteriores, Frank-Walter Steinmeier, aínda que matizou que xa estaba decidido antes da crise porque "non é tradición en Alemaña" estar neste tipo de actos.
Tamén o primeiro ministro polaco, Donald Tusk, anunciou que boicoteará a apertura en protesta pola crise no Tíbet, así como o presidente checo, Vclav Klaus e o seu homólogo estonio, Toomas Hendrik.
En contra
En contraste, o primeiro ministro británico, Gordon Brown, opúxose a este boicot e o Alto Representante da UE para a Política Exterior e de Seguridade Común, Javier Solana, deixou claro a súa intención de estar no acto de inauguración dos Xogos. Tamén os ministros sueco, español e portugués de Exteriores manifestaron este venres a súa posición contraria ao veto.
Boicotear a cerimonia de inauguración?!?! Pero que carallo de boycott é ese??! Non se fixeron outros boycotts olímpicos antes? Non serían máis merecidos. Pero a TODA A OLIMPIADA, non só á cerimonia. Tremendo fariseísmo!! http://casdeiro.info/boycotts/...
Boycotts olímpicos anteriores: http://en.wikipedia.org/wiki/O... (dos de verdade)