Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo da autorización do TSXG

Os técnicos de Cultura entran no Pazo de Meirás

Finalmente, accederon ao inmóbel para comprobar o estado de conservación, no que podería ser paso previo á declaración como Ben de Interese Cultural e mesmo a expropiación.

Redacción - 10:01 17/04/2008

Tal e como os tribunais estabeleceron no seu momento, a familia Franco tiña a obriga de, como moi tarde este mesmo xoves, facilitarlle aos técnicos de Patrimonio a entrada ao Pazo de Meirás. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia determinou que a Consellaría de Cultura poida realizar a documentación técnica e fotográfica do estado de conservación do inmóbel. Trátase do requirimento necesario para a súa declaración como Ben de Interese Cultural.

Un arquitecto, unha historiadora da arte e un arqueólogo integran o equipo que desde primeira hora deste xoves revisou o interior do Pazo coa fin de elaborar o correspondente informe. Trátase dos mesmos técnicos que xa intentaran acceder o pasado 30 de agosto e aos que a familia Franco lles impediu entrar.

No estremo de que se comprobe que os seus propietarios, os herdeiros de Francisco Franco, incumpriron os deberes mínimos de protección e conservación xeral, o chanzo seguinte podería ser a recuperación para a titularidade pública. Así, unha vez completado o proceso actual, e segundo permitiría a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia de 1995, a Xunta podería tramitar a expropiación forzosa da propiedade.

Un ben reclamado para "o patrimonio público"
Desde a Consellaría de Cultura indican que a tramitación do informe levará aínda tempo e láianse de que houbera que recorrer á vía xudicial para que Patrimonio puidese entrar no Pazo. Con todo, desde Cultura recoñecen a satisfacción por poder finalmente completar un paso máis neste proceso e repróchanlle aos herdeiros de Franco que agardasen até o último día do prazo estabelecido polos tribunais para permitir finalmente o acceso.

Por outra parte, o alcalde de Sada, o nacionalista Abel López Soto, comentaba este xoves para Vieiros que se trata dunha decisión que a administración debera ter tomado hai anos e expresaba tamén a satisfacción polo feito de que á fin se siga avanzando no proceso. O rexedor agarda que a medio prazo sexa á fin posíbel que o Pazo de Meiras "pase a ser patrimonio público".


5/5 (10 votos)

Comentarios (5)

Tino #1 17/Abril/2008 Tino

Si Franco levantara la cabeça! A lo quemos lleghado!

Sabrexo #2 17/Abril/2008 Sabrexo

¡Se rompe España!

Albert #3 17/Abril/2008 Albert

Agora queda que nos devolvan, ó pobo galego, o que o fascismo nos roubou. Facer visitable o pazo e facer unhas salas museísticas en honra de Pardo Bazán e outras en lembranza do roubo fascista e da represión que realizaron en Galiza.

nelbrandam #4 17/Abril/2008 nelbrandam

E a casa de Cornide na Coruña, que?
Ainda que non se poda facer todo a un tempo non esquezamos.

subela #5 17/Abril/2008 subela

Técnicos entran: familiares do ditador SAEN. Proba claro do tipo de democracia que temos, máis de 30 anos en entrar no que foi roubado ao pobo de Sada. Non esquezamos a CASA CORNIDE!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: