Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Marcha cívica, este domingo

Pola devolución do Pazo de Meirás ao pobo galego

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña esixe a súa devolución ao patrimonio publico, a dous días do cabodano do patriarca dos Franco, actuais propietarios do inmóbel.

Redacción - 10:00 18/11/2007

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña marcha este domingo cara ao Pazo de Meirás para esixir a súa "devolución ao pobo galego".

Os asistentes prevén chegar ao pazo, no Concello de Sada (A Coruña) ao redor das 12.30 horas, dous días antes de que se cumpran 32 anos do falecemento do ditador Francisco Franco. Na actualidade o inmóbel pertence a súa familia.

Con esta iniciativa queren "esixir a devolución dun ben cultural tan importante espoliado do pobo de Sada". Así, sinalan que estes feitos "non se poden permitir nun Estado democrático".

A Consellaría de Cultura tramita desde hai máis dun ano a apertura do expediente para declarar o pazo ben de interese cultural (BIC), que se está atrasando pola oposición da súa propietaria, Carmen Polo, a permitir que os técnicos da Xunta entren nel.

O informe que determine o seu estado é un trámite imprescindíbel para a declaración BIC, que obrigaría a abrir ao público o pazo e os seus xardíns un mínimo de catro días ao mes.


5/5 (4 votos)

Comentarios (6)

Pedrel #1 18/Novembro/2007 Pedrel

Apoiamos esta marcha para a devolución ao patrimonio público do Pazo de Meirás.

micsha #2 18/Novembro/2007 micsha

Portada de Vieiros...noticia más importante...o pobo galego...
Ridículo. Ridículos.

semprecelta #3 18/Novembro/2007 semprecelta

#2
Non michsa, non fagas esforzos. Xa sabemos que a ti todo o que teña que ver co pobo galego non che vai demasié ...

http://www.vieiros.com/usuario...

Jatopardo #4 18/Novembro/2007 Jatopardo

Realmente a min o Pazo de Meirás impórtame un carallo. Aínda que respecto aos que lle interese ese tema.

fervenza #5 18/Novembro/2007 fervenza

Os descendentes de Franco non van devolver nadiña, ninguén agarda que esa xente entre en razón, non o fixeron en 40 anos, toda esa panda de usurpadores, golpistas, fillos e netos de golpista. Dito isto, penso que hai cousas máis importantes polas que loitar neste momento na Galiza (emigración dos xoves, paro, listas de espera na SS, suba dos prezos dos artigos básicos)...aínda que coma dicía Manuel Rivas nun dos seus artigos "Preguntades de que val a liberdade se non hai pan, pois direivos: sen liberdade nen sequera se saberá que hai pan".

fervenza #6 18/Novembro/2007 fervenza

perdón, que NON HAI PAN.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: