Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN FERROL

A familia Couso acusa á Fiscalía Xeral do Estado de 'defender criminais de guerra'

Anunciou que vai recorrer perante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Redacción/ EP - 11:32 17/05/2008

A familia do cámara de televisión ferrolán José Couso, falecido na guerra de Iraq en 2003, vai recorrer perante o Tribunal Europeo de Estrasburgo, por considerar que o seu falecemento foi unha "violación dos dereitos humanos" e que a Fiscalía Xeral do Estado e a Audiencia Nacional estanse convertendo "en defensores sobrevindos de criminais de guerra".

Javier Couso, irmán do falecido, explicou en Ferrol en rolda de prensa que confía en que as novas probas periciais e testemuñas garantan o "procesamiento de tres criminais de guerra", como se referiu aos militares norteamericanos que presuntamente dirixiron os disparos dun carro de combate contra o Hotel Palestina de Bagdad no que se atopaba Couso, xunto con membros doutros medios de comunicación.

Javier Couso relatou hoxe a loita xudicial aberta para que se recoñeza a morte do seu irmán como un "crime de guerra" orquestrado por Estados Unidos, nunha acción conxunta de ataque a tres centros informativos en Iraq. "Hai indicios suficientes", subliñou, cos que se podería demostrar que "o país que abandera a liberdade de expresión acabou en dúas horas coa liberdade de información.

A familia de José Couso reiterou que o proceso continúa aberto, xa que o único real é que se revogaron as ordes de procesamiento e de procura e captura dos tres militares involucrados na acción cuns argumentos que Rafael Permuy, tío de Couso, cualificou de "nauseabundos". Por todo iso, a familia de Couso entende que a Xustiza española está menosprezando os indicios existentes por "motivos espurios, para parar toda iniciativa legal para esclarecer o que ocorreu aquela mañá".

Na casa consistorial de Ferrol, tanto Javier Couso como Rafael Permuy mostraron a súa gratitude ao Concello ferrolán pola iniciativa de nomear unha praza de Ferrol co nome de José Couso. "Sentímonos moi honrados e sei que José tamén o estaría", afirmou Javier Couso.


5/5 (5 votos)

Comentarios (9)

amoscaesquerdosa #1 17/Maio/2008 amoscaesquerdosa

Un novo blogue dende a esquerda:

htpp://amoscaesquerdosa.blogspot.com

ecoe #2 17/Maio/2008 ecoe

Ónde pensa o Xabier Couso que vive? U-ló País?

ecoe #3 17/Maio/2008 ecoe

Pode acusar ó sistema enteiro, que non quede só na fiscalía

Gaviotero #4 18/Maio/2008 Gaviotero

No, lo que sucede es que ni la Fiscalía ni la inmensa mayoría de los españoles tenemos por qué creernos sus fantasías antiimperialistas. Es muy triste lo que le ocurrió a José Couso, pero casi más triste es el asqueroso uso político que de todo ello están haciendo.

Xabi1 #5 19/Maio/2008 Xabi1

Gaviotero, imos ver, sempre é un pracer comentar contigo as novas do día. Vale que o Fiscal non acerte nas súas valoracións pero arrogarte a representación da "inmensa mayoría de los españoles" semella un chisco excesivo. E ser anti-imperialista, visto o visto e visto como anda o mundo gracias aos imperios pasados e presentes, pois tampouco parece un dislate. Incluo entre os imperios ao ex-imperio soviético.
Moi triste o de Couso, concordo, pero se che produce noxo o "uso político" da súa morte, xa me dirás que voltas tes no estómago coa Asociación de Vítimas do Terrorismo que usa unha homenaxe en Madrid a 12 gardas civís para insultar ao pobre Mariano e a Ruiz Gallardón.
Ou será que ese uso político é correto?.
Ou todos ou nengún, Gaviotero.

Gaviotero #6 19/Maio/2008 Gaviotero

Xabi1, el problema es cuando únicamente se es antiimperialista con los EE.UU. y no con otros "imperios" como la propia Unión Soviética que tú mismo nombras...o cuando se ponen todas las energías en atacar a los EE.UU. pero se hacen todo tipo de jaranas con dictaduras como Cuba o China. Y ya no lo digo por ti, sino por la consejera de cultura y el BNG que, una vez más, dio muestras de su querencia por las dictaduras, siempre que sean de izquierdas, eso sí.

Respecto al uso político de la muerte, te aseguro que ningún miembro de la AVT se dedicó a increpar, si bien hubo presentes en ese acto que equivocadamente, pues no era el momento ni el lugar adecuados, se dedicaron a increpar a quien no debían.

Efectivamente, Xabi1, o todos o ninguno.

Xabi1 #7 19/Maio/2008 Xabi1

A Unión Soviética, felizmente desaparecida en combate, xa non existe.
Penso que concordaremos en que a día de hoxe os EE.UU son a policía planetaria e o imperio.
Con China hai sopapos por facer negocios, todo tipo de negocios, todos, todos os países e todos os capitalistas. Xa sabes que os cartos non teñen patria...
Non convén mexturar todo porque, se non, non acabamos de peneirar ben a situación. A Conselleira de Cultura estivo, ben que o sabes, na Habana... pero don Manuel, ai, don Manuel, estivo ou non con Fidel?. Pois vai ser que sí. Acaso é don Manuel Fraga un siareiro da ditadura cubana?. Pois se tiro da túa argumentación, vai ser que sí. Comprobas agora como convén meditar as cousas antes de lanzar a cana?.
Obrigado por me asegurar que nengún membro da AVT increpou a ninguén. Serían os malos, malismos do BNG, digo eu, os que increparon ao pobre Mariano. Pois o ABC, edición Madrid, dí o contrario do que afirmas, aínda máis, aclaraba que o novo xefe da AVT tivo que templar gaitas (non nacionalistas) entre aquelas persoas que soltaron por esa biqueira que lles deu Deus o Noso Señor o que non tiña escoitado en vida a nai de Ruiz Gallardón.
Claro, estas cousas pasan cando se da de comer á serpe da ultradereita, cando se fomenta o odio, a intolerancia e o despropósito, que iso permetíu o pobre Mariano Rajoy durante catro anos, por fas ou por nefás, mais aí están os resultados: Gallardín, Fraga e Mariano insultados por energúmenos votantes do Partido Popular madrileño. Non me digas que o filme é case contra-cultural...
Recapacitemos, Gaviotero: por aí cara ónde ides?.
E xa sabes que aquí estamos para debater con argumentos o que estimemos conveniente, sen insultos, sen carimbos patrióticos, e tal.

Gaviotero #8 20/Maio/2008 Gaviotero

Veamos...la Consejera, la churri del consejero sociata, estuvo con Castro en la Habana y le faltó tiempo para abrazarse. Con Raúl, sí. Ya sé que no era Fidel, pero tanto da que me da lo mismo, pues ambos son dictadores y en definitiva ambos son la misma mierda.

¿Que Fraga también fue "amiguito" de Fidel? ¡Pues claro! Al final la cabra siempre tira al monte y los totalitarios, como la Bugallo o don Manuel, siempre acabarán haciendo buenas migas con asesinos totalitarios como Fidel o su hermano.

¿Ves como todo lo que te dije estaba muy meditado? ¿O qué pensabas, filliño? ¿Que por tratarse de don Manuel me iba a ahorrar las críticas? Nooooooooooooooooooo...algunos no llevamos el cencerro del partido como otros y nos limitamos a defender nuestras ideas de LIBERTAD frente a cualquiera que se oponga a ellas, se llame como se llame.

Aquí la única serpiente que se alimenta a diario por parte de los nacionalismos entre los que pareces encontrarte es la serpiente etarra. La única que asesina en España, por otro lado, para imponer sus ideas políticas. Pero ya sé que a ti esa no te preocupa, pues es muchísimo más grave que se increpe a un alcalde y a un senador.

La única intolerancia es la que fomentáis con vuestros nacionalismos totalitarios que hacen que tengamos que asistir escoltados en Galicia a diversos actos políticos que no van contra nada ni contra nadie.

Tienes la violencia en casa. Igual conoces a alguno de sus protagonistas. Muchos se pasan por estas páginas e incluso vierten amenazas de muerte...A mí ya me han amenazado varias veces y ayer mismo amenazaban al argentino Parrota diciéndole que tuviera mucho cuidado cuando viniera por Galicia.

No hace falta que te vayas a Madrid a regodearte en unos insultos que no van a ningún lado por parte de unos pocos.

En tu Galicia, gracias a vosotros, empieza a ser necesario ir con escolta policial para que a uno no le asesinen.

¿Te parece poco?

OBSERVADOR #9 20/Maio/2008 OBSERVADOR

QUE NÃO PAREM NUNCA!!!

COUSO ESTAMOS CONTIGO!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: