Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FESTA MARÍTIMA INTERNACIONAL

A frota galega arriba nas costas da Bretaña

A delegación loita contra o tempo para ter todo preparado para a inauguración, despois das tormentas dos últimos días.

Redacción - 18:40 10/07/2008
Embarcacións galegas amarradas en Brest

Embarcacións galegas amarradas en Brest

O groso da delegación galega na Feira Marítima Internacional de Brest xa aterrou na cidade bretoa o xoves ás once da mañá. Galiza, como país convidado de honra, contará co lugar principal na mostra, que se inaugura o venres. Previamente, haberá unha recepción oficial das delegacións ás sete da tarde.

Os equipos están a traballar a toda marcha para que a mostra estea montada a tempo para a súa apertura oficial, despois dunha forte borrasca que lle afectou á zona nos últimos días e que fixo algo máis difícil toda a actividade.

En calquera caso, todo está listo para que comece a festa, con impresionantes barcos, coas tripulacións uniformadas coa roupa oficial de cadansúa delegación e tamén cun amplo e variado programa de actividades.

Na web GaliciaenBrest.org pódese consultar máis información sobre a delegación do país en Brest, como un diario de a bordo ou vídeos como este:


4.33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Bandeiras co nome de Galiza en diversos idiomas
Bandeiras co nome de Galiza en diversos idiomas
O 'Hidria II'. o barco máis grande da delegación galega
O 'Hidria II'. o barco máis grande da delegación galega
Preparativos da montaxe da 'village' galega
Preparativos da montaxe da 'village' galega