O goberno do país norteamericano redistribuirá as tropas en Afganistán, onde a resistencia reaxiu nos últimos meses.
Un soldado estadounidense en Bagdad
O presidente de Estados Unidos, George W Bush, anunciará este martes a redistribución de tropas estadounidenses en Iraq deica o vindeiro mes de febreiro. En total, retiraranse uns oito mil soldados que pasarán a formar parte do continxente de forzas ocupantes que o país norteamericano ten en Afganistán.
Segundo un comunicado difundido pola Casa Branca, a situación de violencia en Iraq "mellorou notabelmente" no que vai de ano, polo que "nos meses vindeiros repatriaremos a perto de 3.400 soldados" que desenvolven funcións de apoio ao combate, como enxeñeiros de construción ou Policía militar.
En novembro, agrega, regresará un batallón de infantes de Mariña destacado na provincia de Anbar, que a semana pasada quedou baixo o control das forzas iraquís. E en febreiro de 2009 "regresará outra brigada de combate da Mariña", dixo o presidente estadounidense.
Obama ou McCain decidirán no futuro
Na actualidade, EUA ten despregados 146 mil efectivos e Iraq e 33 mil en Afganistán. Precisamente a este país, onde a resistencia á ocupación reaxiu nos últimos meses, chegará unha brigada que tiña previsto o seu despregamento no país árabe en novembro.
Ben o candidato demócrata á Presidencia nos comicios do día catro dese mes, Barack Obama, ben o republicano, John McCain, deberán decidir no futuro sobre a retirada, ou non, das tropas en Iraq. O primeiro é partidario facelo nun prazo de 16 meses, mentres que McCain está disposto a que permanezan de modo indefinido se os mandos militares así o consideran.
Nom lhes fam falta tantos; agora, seica mudarom de estratégia e o trabalho, assassinatos selectivos, dizque o fam os das operaçons especiais, nom sei se assessorados polo Mossad; porque operaçons de inteligéncia, ao serem militares ianques, mais bem poucas.
Bueno, farán como o pacifista do Bambi, que tiróu as tropas do Iraque (e non de todo, mais vendeu coma quen) para enlodarse -tal como levan na xenética- no Afeganistán, onde seica están de turismo por Herat, e eso sí, ninguén lles chame asasinos porque quenes o fan son uns outros estranxeiros e seica descoñecidos da NATO.