Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Para a Cidade da Cultura

A Unesco vai vir estudar o proxecto do teleférico que quere Sánchez Bugallo

O ano que vén expertos do Centro Mundial del Patrimonio viaxarán a Compostela para analizalo, antes de que a entidade do patrimonio mundial se pronuncie.

Redacción - 19:00 09/10/2008
Traballando na Cidade da Cultura

Traballando na Cidade da Cultura

Esta quinta feira o presidente do Centro Mundial do Patrimonio da Unesco, Fancesco Bandarin, sinalou que o teleférico previsto polo Concello de Santiago de Compostela, para conectar a capital co Monte Gaiás, está apoiado nun "estudo serio, sólido e amplo", e asegurou que os seus técnicos han analizar este proxecto, para o que se han desprazar a Compostela entre marzo e abril do ano que vén.

A visita dos expertos desta entidade hase producir antes de que haxa un pronunciamento definitivo da Unesco sobre a idoneidade da construción, que se podería dar en xuño de 2009.

O presidente do Centro Mundial do Patrimonio da Unesco dixo isto após participar nunha xuntanza co alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, e co xerente do Consorcio de Santiago, Xosé Manuel Villanueva.

Unir a Cidade da Cultura co casco vello
Bugallo e Villanueva viaxaron a París, onde se desenvolveu a xuntanza, para presentar unha ampla documentación que xustifica a necesidade de presentar unha solución -o teleférico- que integre a Cidade da Cultura dentro do tecido urbano de Compostela, salvando desniveis como o río Sar e infraestruturas como o periférico e a vía do futuro TAV.

O alcalde compostelán volveu defender a alternativa do teleférico (con conexións dende a estación de tren e o parque de Belvís), ao consideralo, segundo dixo, o medio máis "viábel". Bugallo apoiou as súas explicacións con fotografías aéreas e visualizacións que miden o impacto visual e o encaixe paisaxístico que tería a instalación, de se empregar telecabinas estándar.


2.6/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: