Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EDITADAS POR XERAIS

Steiner poderá ler as súas obras en galego

En 2009 aparecerán 'After Babel: Aspect of Language and Translation' e 'George Steiner at the New Yorker', aínda inédito.

Redacción - 10:30 29/10/2008

Semanas despois da polémica xerada polas opinións de George Steiner sobre a lingua galega, que derivou nun debate de moitas voces e ideas, algunhas máis reflexionadas ca outras, Xerais anuncia a tradución e publicación nos vindeiros de dúas obras do filósofo. Trátase de After Babel: Aspect of Language and Translation, obra de 1975 clave na traxectoria de Steiner; e George Steiner at the New Yorker, un libro aínda inédito que aparecerá nos Estados Unidos no vindeiro mes de xaneiro.

Será a primeira vez que unha obra de Steiner apareza en galego. Manuel Bragado, director de Xerais, afirma no seu blog que despois do debate "produtivo e, finalmente, matizado" chegaron á conclusión que "tiñamos a responsabilidade de contribuír a profundizalo".

Estes dous volumes uniranse a outras dúas traducións de obras clave do pensamento, que tamén chegarán ás librarías galegas en 2009 da man de Xerais: o segundo tomo de O segundo sexo de Simone de Beauvoir (preparado por Marga Rodríguez Marcuño) e o Tractatus Logico-Philosoficus 1918 de Wittgenstein (traducido por Arturo Leyte).


4.45/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: