Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
25 ANIVERSARIO DA FORMACIÓN

Que siga brillando o Luar na Lubre

As actuacións de xoves e venres no Teatro Colón da Coruña servirán para gravar un álbum en directo e DVD, que será editado en marzo.

Redacción - 19:05 22/01/2009

Luar na Lubre estará rodeado nestes concertos de moitos amigos. No público, dos seus seguidores, que esgotaron moi rapidamente as entradas para o primeiro dos concertos previstos e que obrigaron á formación a organizar un segundo recital, o xoves 22. E no escenario, por onde pasarán Luz Casal, Diana Navarro ou Pedro Guerra. Todo para dúas noites inesquecíbeis que serán rexistradas nun disco, 'Ao Vivo' e mais nun DVD que sairán á venda en marzo, e no que tamén colaborará Ismael Serrano.

Luar na Lubre publicou en 2007 o seu último traballo, Camiños da fin da Terra, un álbum que contiña éxitos como Os Animais. E en abril a formación recibiu o premio ao mellor álbum de música tradicional do Estado. Son xa 24 anos de carreira, 26 países visitados nos seus máis de 800 concertos. E son dez discos, dende aquel O Son do Ar, de 1988. Despois viñeron Beira Atlántica (1990), Ara Solis (1993), Plenilunio (1997), Cabo do Mundo (1999), XV Aniversario (2001), Espiral (2002), Hai un paraiso (2004), Saudade (2005) e Camiños da Fin da Terra (2007)

Na actualidade Luar na Lubre está formados por Sara Louraço Vidal (voz), Xan Cerqueiro (frautas), Xulio Varela (bouzouki, trompa, tarrañola e pandeireta), Patxi Bermúdez (bodhran, tambor e djimbek), Bieito Romero (gaitas, acordeón diatónico e zanfona), Eduardo Coma (violín), Pedro Valero (guitarra acústica) e Xavier Ferreiro (percusións latinas e efectos).


4.63/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



'O Son do Ar'

'Chove en Santiago'

'Tu gitana'

'Espiral'

'Olla meu irmao'

'Os animais'