En Vieiros, hai case 16 meses, comezamos a desensarillar a rede de intereses inconfesábeis tecida arredor da sociedade pública e os cambios en proceso. Eis a crónica.
A difusa fronteira entre o servizo público e os millonarios negocios privados (09/10/2007)
Vieiros publicaba unha primeira reportaxe sobre os negocios millonarios que se agochaban detrás das políticas de residuos. A Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), creada en abril de 1992, precisou de inxentes recursos públicos. Mais, dende os seus inicios, Unión Fenosa (que conta co 49% do capital) foi a verdadeira dona, señora e principal beneficiada. Ampliar información
O verdadeiro negocio non é tratar o lixo, é máis rendíbel enterralo (10/10/2007)
Este xornal denuncia que o verdadeiro negocio da sociedade pública consistiu dende 1996 en acumular lixo nun macrovertedoiro cercedense. Explicámoslle as claves. Ampliar información
Salarios desorbitados e contratacións laborais escuras (11/10/2007)
Nun informe que publica o Consello de Contas pode comprobarse que os dous máximos dirixentes de Sogama (presidente e conselleiro delegado) cobraron en 2004 perto de 230 mil euros pola “boa marcha da sociedade”. O organismo de control apuntaba xa daquela a existencia de procesos de selección laboral pouco claros. Ampliar información
Análise: Sogama no quirófano (02/11/2007)
Debullamos o vello plan de residuos e alertamos da necesidade de aprender do caos ao que se chegou co modelo anterior. Ampliar información
Ábrese unha fiestra: A universidade entra nos procesos de contratación (09/03/2008)
O presidente de Sogama, Xosé Álvarez, anuncia que toma nota do informe do Consello de Contas. Por vez primeira dende 1992, órganos independentes (como a Universidade de Vigo) vixiarán os contratos da sociedade pública con empresas privadas. A polémica está servida. Ampliar información
Vieiros entrevista o presidente de Sogama: É preciso un cambio (02/08/2008)
Álvarez Díaz recoñece que é preciso reformular Sogama: “En Sogama estamos facendo unha planificación que antes non houbo”. Ampliar información
A guerra interna sae á luz (03/11/2008)
Dende a súa chegada a Sogama (no outono de 2005), o presidente bate con Unión Fenosa e cun pequeno equipo de traballadores que só responden ás ordes do conselleiro delegado (nomeado pola eléctrica). A falta de entendemento leva a que Unión Fenosa cambie até dúas veces de “home forte” na sociedade”. O pulso vén de atrás. Ampliar información
O proceso de contratación do fillo dun ex conselleiro (12/11/2008)
Xosé María Hernández Sanmamed, fillo do ex conselleiro Hernández Cochón, é unha das pezas clave na sociedade. O seu posto fixo na sociedade pública, polo que cobra máis de 72 mil euros ao ano, logrouno en 2002, logo dun proceso de selección inzado de sombras. O seu caso non é, nin moito menos un caso aillado en Sogama. Ampliar información
Vertido ao Lengüelle e treboada mediática (20/10/2008)
En outubro do ano pasado un grave vertido mata centos de troitas no río Lengüelle, ao seu paso por Cerceda. Axiña todas as miradas se dirixen ao macrovertedoiro da Areosa. Non é, nin moito menos, a primeira vez que ocorre. Os primeiros datos de contaminación importante datan xa de 2001. O vertedoiro é unha bomba de reloxería onde ao longo de doce anos chegaron máis de tres millóns de toneladas de residuos de todo o país. Ampliar información
O novo modelo pasa pola comarcalización (09/11/2008)
Un dos máis graves erros do modelo Sogama foi o de centralizar todo o tratamento de residuos nun só punto. O bipartito bota a andar unha nova Lei de Residuos que terá que estar totalmente desenvolta en 2017. A Xunta propón cinco plantas de tratamento de residuos que intenten tratar en orixe parte do lixo que agora chega a Cerceda. Adega pide máis plantas e cunha vocación máis comarcal. Ampliar información
A xustiza esta vez si que actúa (17/11/2008)
Por vez primeira, os tribunais toman nota dun vertido en Cerceda e ábrense dilixencias. As denuncias de anos atrás (impulsadas principalmente por colectivos ecoloxistas e polo BNG local) nunca prosperaron. O xuíz imputa o xefe da área técnica de Sogama a e varios directivos da empresa privada que xestiona o vertedoiro público: Danigal. Ampliar información
O presidente anuncia accións legais contra directivos de Sogama (30/12/2008)
A guerra que se libra en Sogama leva a Álvarez a anunciar unha querela por difamación contra o que el denomina “enchufados do PPdeG”. Ampliar información
Manipulación de análises e despedimentos (27/01/2009)
O presidente de Sogama e o novo conselleiro delegado deciden rescindir os contratos de dous importantes cargos, entre eles o xefe da área técnica. Consideran que estiveron manipulando analíticas de vertidos dende hai anos e remiten as probas ao xulgado. Ampliar información
Chegou a hora de levantar todas as alfombras? (28/01/2009)
O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, apoia a batalla emprendida polo presidente de Sogama e promete levantar as alfombras e dar a coñecer todo o que leva acontecido dende 1992. Ampliar información
E,digo éu,porque nom colhem o senhor F e danlhe um banho no rio?Acaso nom fixo tal cousa em Palomares(Almeria) cando,sendo ministro do Generalissimo,cairom as bombas atómicas?.O milhor rexuvenece e sirvelhes pras fotos da campanha.
Fixerom,nem mais nem menos, o mesminho que A MAFIA NO SUR DE ITALIA.
E:inda haberá quem ponha a istos piolhos a frente dos intereses do país?.Tremenda disgracia!.Probes,e parvos!.
Sogama foi un despropósito dende a súa construcción. Xa nalquel tempo o Consello de Contas informara durísimamente na súa contra, non só polos procesos "escuros" de contratación senón pola súa propia esencia que ía en contra das últimas direcctivas da UE, xa que sendo a incineración unha opción inviabel, en Sogama supuña a primeira e case única vía. A reciclaxe ou a compostaxe non aperecía por ningures neste proxecto, é máis, trátase dunha planta de selección de residuos, e aqueles (coma botellas) reciclables mandábanse a empresas valenciás. Pois eso, gasta-los cartos de forma sinxela para beneficiar a uns poucos, aos de sempre.
A Benchoseiv non lle falta razón. Arredor dos residuos móvese un mundo de tebras con enormes intereses. Hai que aprender de casos como o napolitano para non repetilo nun futuro. De todos os xeitos alguén terá que explicar porque se lle permitiu controlar durante tantos anos a Unión Fenosa e a outras moitas empresas un servizo público como ten que ser o da recollida de residuos.
Os residuos xeran cartos, postos de traballo pero, convén non esquecelo, son un grave problema ambiental. A Xunta non pode apostar neste caso, como apostou, por un modelo semipúblico. Cre alguén a estas alturas que unha empresa privada vai ter unha gran "sensibilidade ambiental" cando en xogo están balances millonarios? Este é o cerne do problema, a base mesma (como se a educación ou a sanidade quedan en mans privadas). O raro é que cun modelo así non houbese corruptelas.
Para máis inri, o PP creou no seu momento un modelo onde 400 traballadores (os que realmente sacan adiante a planta de Sogama) están contratados por medio de empresas auxiliares. Os de Sogama-Sogama, que dirá algún, non chegan a 30. Eses (a maioría privilexiados e algúns con parentescos ben elocuentes) son os únicos que teñen dende tempos dos conselleiros Carlos Álamo e Xosé Manuel Barreiro estatus de traballadores públicos. Algún cobra máis de 3.500 euros líquidos ao mes logo de pasar un proceso de selección cuestionado incluso polo Consello de Contas.
No xogo de confusión, semella que, por exemplo, CC.OO representa a todos os traballadores do complexo (cando só representa aos 30 devanditos). CIG e UXT teñen practicamente todos os delegados dos outros 400 traballadores, que por certo estaban un pouco fartos de como foron tratados durante anos.
Que o PP queira agora botarlle o morto enriba ao bipartito do seu propio monstruo ten delito. O mellor para todos é que se asuman responsabilidades e arrimar o ombro para outra polítia de residuos (máis lóxica e máis ecolóxica), que boa falta fai neste país. Ten que haber consenso dos partidos pero tamén (e é importante) das organizacións ecoloxistas que, como adega, levan anos alertando de que Sogama era un verdadeiro desastre ambiental que tarde ou cedo ía estourar...
Hai moitos carroñeiros que viviron e viven na merda, perdón do lixo! Cando algo xera moitísimos dividendos, parece ser que, o que menos importa é o medio ambiente.
Sogama pública! Logo, reciclaxe e compostaxe, penso, serían unhas boas medidas.
Un argumento máis a favor dunha xestión con máis control público é precisamente a inxente cantidade de diñeiro que moven os residuos. Seguro que se facemos un reconto do que xera o tratamento de residuos (non só os urbanos que trata Sogama, hai que contar co negocio dos residuos industriais) a cifra é máis que multimillonaria. Se deixamos que isto siga a senda napolitana podemos acabar tendo políticos estilo Giulio Andreotti en San Caetano. O problema da merda é que se pode agachar un tempo (incluso perfumala) pero acaba cheirando.
Isto cada vez cheira peor. A nova ven no ABC, e a pesar das reservas que se lle queiran por, hai datos verídicos.
http://www.abc.es/hemeroteca/h...
Benchoseiv: Ogallá estiveses no certo
O problema non se acaba só en SOGAMA. Probablemente, en cada un dos nosos pequenos concellos existan outras Sogamas. Cada día son maís os concellos que privatizan Servizos Públicos e Básicos como é a recollida do Lixo. Como sinalades anteriormente o lixo da beneficios, pero o beneficio principal, obtense de aforrar procesos de xestión e eliminación dos mesmos. ë decir ¡, incumprir os contratos, non cumprir co que as emprresas se comprometen a facer. A xestións dos ervizos públicos dende os concellos pode ser nefasta, pero é que privatizando os mesmos, agravase as situacións pois os cidadáns e as administraciósn locais perden o control sobre os mesmos, incluso o control sobre o prezo dos mesmos. as emrpesa privadas chantaxean e sacan plusvalías a conta das debedas, que as admnistracións van acumulando con eles.
Nun servizo público, dunha administración pública, quen queira traballar ten que opositar ou pasar probas, pero nun servizo público privatizado a colocación é a dedo, polo que hai cancha libre para que a empresa privada coloque a os amigos, familiares, e membros do partido, do político que os beneficiou, otorgandolle un contrato. Así os políticos non se pillan as máns metendo a dedo e sen un proceso en igualdade de condicións, aos seus familiares na administración pública.
Non vos enganedes. O bipartito non está a facer nada que non viñaeran facendo xa os do PP, Están creando novas sociedades clientelares, donde se afunden inxetentes cantidades de cartos, sen que teñan un rendemento social palpable. Así se enriquecen uns poucos, os seus amiguiños, e dan cholliños aos seus lambecus. Estou Falando de SEAGA, GALESCOLAS, etc.
Governe quen governe, a sociedade ten que ter garantías de control, e representación sobre todolos servizos públicos, e nese caso, as administracións teñen que garantir transparencia de xestión e formulas de subsanación real, e breve, das anomalías que se detecten. Servizos Públicos sempre en mans públicas, e en caso de privatización contratos máis claros, detallados, protección dos máxima dos usuarios e traballadores, control estricto dos mesmos. Na miña opinión privatizar servizos, é o recoñecemento palpable da incompetencia dos políticos, xestores, que se presentaron libre e voluntariamente, e presumiblemente competentes, a xestionar os nosos recursos públicos. Un politico que privatiza, non é capaz de xestionalo, debe dimitir, e a sociedade debello esixir, e non quedarse tan pancho e ca cachola en alto, como se fixera unha gran cousa. Demisión xa, dos cargos políticos que privatizan servizos públicos, por INCOMPETENCIA MANIFESTA
Nom penso que sexa umha incompetencia dos "politiquinhos".Mais bem coido é um interes material($).Um "negocio".
A empresa que tinha o apanhamento,do lixo na cidade de N.Y.era,ou é,da mafia.Curioso;nom si?.
Nom dimisióm;senóm prisóm.