Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Infamia e barbarie na UE

10:20 26/06/2008

O 9 de maio de 1950, presentou Robert Schuman a súa proposta para a creación dunha Europa organizada, condición necesaria para acadar a paz nun continente que sufrira as dúas guerras mundiais. O texto afirmaba que a creación de bases comúns de desenvolvemento económico debería servir á mellora do nivel de vida e ao progreso das obras da paz, até chegar a unha federación europea. Verbas que hai anos que son contraditas polas políticas de dereitas que emanan de Bruxelas.

Ese soño de xustiza, paz e liberdade dunha Europa dos pobos quérennolo roubar. A maneira de roubárnolo baséase na redución da Unión Europea a un mero espazo económico onde se imporían as normas dun mercado todopoderoso, coas menos regras posibles (ou favorables ao capital ) e onde todo o resolva unha intanxible competitividade, a guerra de todos contra todos; guerra onde deixamos de ser cidadáns posuidores de dereitos e liberdades para reducírmonos a condición de consumidores indefensos diante dos grandes poderes económicos.

Nestas datas temos exemplos dabondo relevantes e importantes como para afirmar que daquelas políticas neoliberais o que xorde é a infamia e a barbarie. Vótase unha directiva infamante no Parlamento Europeo. Vótase afirmativamente. Serán máis os meses que poidan ter retidos – detidos, presos, na realidade dos feitos – os inmigrantes en situación administrativa irregular, e facelo sen autorización xudicial previa incluídos menores.

O Parlamento Europeo vai logo e vota ampliar a xornada máxima legal de traballo (das ilegais ou forzadas mellor non falamos ) até as 65-78 horas semanais. Doce, trece horas diarias de curro, máis transporte. Dous tercios do día adicado a que nos saquen sen anestesia a plusvalía, xa non só a relativa, senón tamén a absoluta. Semella que nos queren devolver os vellos relatos dickensianos, os das extenuantes xornadas de traballo, o paro, os baixos salarios, a carestía da vida... As organizacións sindicais de clase teñen diante unha esixencia de combater con toda a dureza necesaria semellantes atropelos. Ámbalas dúas propostas penduran sobre a clase traballadora europea e ameazan con dividila e derrotala aínda máis.

A desrregulamentación para as empresas tradúcese na realidade en menos dereitos para os traballadores e traballadoras e para as xentes traballadoras que veñen a Europa a traballar moito por apenas nada, a gañarse a vida. O sindicalismo de clase, a esquerda política e social temos o imperativo de confrontar coa Europa gobernada polas políticas neoliberais, a Europa da globalización capitalista que ergue muros interiores e exteriores e guetos de infamia.

O non irlandés vai nesa direción: os pobos europeos non queren as miserias das políticas neoliberais, queremos liberdades, dereitos e benestar, todo un programa político para a esquerda.

4,43/5 (21 votos)


Comentarios (8)

Credit_Crunch_666 #1 27/Xuño/2008 Credit_Crunch_666
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Repito o que dixen noutra nova:



"Simplemente hai demasiada man de obra non cualificada nunha etapa de contracción económica, estanflación para máis señas (o peor escenario posible alén da deflación). Evidentemente é noxento que aqueles que trouxeron inmigrantes a miles para explotar e abatarar costes -e de paso conxelar salarios-, non teñen autoridade moral para enviar a estes 'esquirols' de volta ás súas casas ou mesmo 'entrullalos' uns cantos meses. Porén, non se pode obviar o deterioro económico, non hai traballo para todos, nen para os 'nativos'. Comezan os anos de De-crecemento sumados á fín do petróleo barato"




Noxento ver o camiñar da UE, noxento. Precarización da clase media e obreira á par que o BCE suministra 'cartiños' á banca (a masa monetaria M3 aumentou un 10% en maio) ou acepta colaterais de bankitos ejpañois, os cales non son máis que tocho-activos en plena devaluación (os prezos da vivenda baixan xa en todas as CCAA). Vaian preparando os cadaleitos para as clases medias continentais. Sorprenden os paralelismos coa América e Europa post-crack do 29.

ecoe #2 28/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Absolutamente duvidoso que o obxectivo dos pioneiros tivera nada a ver con "Ese soño de xustiza, paz e liberdade dunha Europa dos pobos...", que aquí, penso, te inventas. Nada de eso estaban nos obxectivos da Unión do Carbón e o Aceiro, a golpe dwe Plan Marshall -directo intervencionismo económicopolítico sustitutorio do que estaban a exercer nos órganos de goberno institucionais do mesmo intre da Caída do Nazifascismo.

Xuraría que se trata de unha forma encuberta de papel celofán para regalo, de esa realidade económica que o capitalismo precisaba ante as mismísimas portas -estaban en Berlín e foron os únicos que truncaron na batalla e poñendo directamente millóns de vidas o poderío directo Nazifascista- das demostracións dos valores da URSS.

Non é posible partir de un ponto que ignora a realidade concreta da situación económicopolítica que a envolve (gracias ó marxismo sabémolo).
A infamia e a barbarie xa estaba intrínseca naquil proxecto de intervención imperialista na Europa liberada.

AURINEGRO #3 29/Xuño/2008 AURINEGRO
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que di Iolanda entra dentro dun proceso (que debemos frear)no que a UE intentan competir cos USA mediante as receitas dos conservadores (más cartos para os grandes e menos para os pequenos e ningún para o emigrantes). Queren destruír os dereitos sociais que caracterizan a construcción europea. Dun día para outro hai que varrer as teses dos fundadores dunha Europa solidaria para que sexa só unha grande empresa que vaia desde Lisboa ata Istambul. Non podemos quedar caladiños. Hai que felicitar a tres eurodeputados (coido que os tres son cataláns)do PSOE e hai que putear aos de CIU (nunca estiven de acordo en que o BNG fose socio seu).A min paréceme que fixemos unha sesta demasiado longa e cando espertamos temos diante un panorama diferente. Os galegos non podemos permitir que se trate aos inmigrantes coma nunca se tratou aos nosos emigrantes. Temos memoria e somos boa xente. Eu digo NON e pido que se proteste contra desta inmoral directiva.

Reboredo #4 29/Xuño/2008 Reboredo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Toda a reflexion esta moi ben, pero unha cousa e predicar e outra repartir trigo. E a tenente de alcalde de Ferrol é incapaz, pese a súa ampla experiencia en dereito laboral, dar solución ao tema da policia local de Ferrol. Menos teoria e mais pratica.

martin32 #5 30/Xuño/2008 martin32
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#4 senhor reboredo: noto certa negatividade en cadanseus comentarios de opinión. Debería tamén aportar e deixar de predicar como vostede mesmo acusa. Eu faríamo ver por algún especialista.

DanielErreCe #6 1/Xullo/2008 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Descoñezo a autencidade das críticas vertidas por Reboredo cara á Iolanda D., pero o que si é certo é que os políticos de esquerda están completamente bloqueados, coa boca aberta e deixando que o capital varra todos os dereitos cidadáns conseguidos durante máis de un século de loita desigual entre patróns e proletarios. No PSOE, por poñer un exemplo, hai tantos neoliberais como no PP á vista da súa práctica política.

Abonda de proclamas, queixas e denuncias. Vai sendo hora de que alguén comece a reestatalizar certos servicios básicos e a poñer regulacións alí onde nunca se debiu desregular. Por favor, dirixentes políticos, queremos feitos, acción política, non desexos.

mceleiro #7 1/Xullo/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os discursos dos pseudo-esquerdistas fogem quanto mais longe e abstracto melhor, mas quando têm de molhar-se no concreto e que está a mão, não há nem coragem nem ideias. Só analisar e choromicar. Mas não mover um dedo, que não me chamem radical.

Muitos que têm O Capital no estante, talvez o deveriam ler.

mceleiro #8 1/Xullo/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Seria mais produtivo que Iolanda nos desse a sua visão do que hoje é Astano e que pensa da privatização que propus em Madrid o BNG, por exemplo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Iolanda Díaz

Iolanda Díaz

Naceu en Ferrol en 1971. Exerce como avogada na súa cidade natal. Milita no PCG e é coordenadora nacional de Esquerda Unida. Forma parte, como tenente de alcalde, do goberno local ferrolán .