Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Declaración de Ben de Interese Cultural

A Xunta cualificou en 1992 de "boa" a conservación do pazo de Meirás sen visitalo

O Goberno editou dous libros certificando o bo estado do inmóbel guiado só polo seu aspecto exterior.

Redacción - 10:20 13/09/2007
Vista aérea do Pazo de Meirás / Foto: Turgalicia

Vista aérea do Pazo de Meirás / Foto: Turgalicia

A Xunta e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza (COAG) publicaron en 1990 -e en 1992 unha edición revisada- dous volumes co título Pazos de Galicia. Inventario do Patrimonio Histórico Galego onde certificaban que o edificio de Meirás presentaba un estado de conservación "bo", sen visitáreno.

O director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, confirmoulle ao diario La Opinión de A Coruña que non hai constancia de que o Goberno entrase nunca ao interior deste inmóbel, en mans da familia Franco, polo que a cualificación debeuse realizar só polo aspecto exterior do edificio, visto dende a estrada.

A Consellaría de Cultura confirmou que descoñecía a existencia desta publicación así como o feito de que este departamento, nos anos noventa, considerase como "bo" o estado do pazo.


3/5 (4 votos)

Comentarios (6)

outrolector #1 13/Setembro/2007 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Claro, é que non facia falta facer constar o que era óbvio para o anterior governo.

Imaxinade a Perez Varela, na praia de Perbes: "Fago constar que o mar está mollado." . Ridículo.

Jatopardo #2 13/Setembro/2007 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto é o que se chama teletraballo, non si?

carlosroca #3 13/Setembro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É a dislexia, querian escreber "boa conversación" ;-)

xacataca #4 13/Setembro/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que tempos aqueles, os de Pérez Varela!

deLis #5 13/Setembro/2007 deLis
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tampouco é umha novidade. As declaraçons sobre o estado de conservaçom do património fôrom feitas como fôrom. A metade delas desde o carro, sem baixar sequer, ou à vista de pássaro.

BonKarallan #6 13/Setembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A conservación será boa, pero a conversación para entrar é mala. Cónstame, segundo fontes de augas minerais.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: