Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NUNHA ENTREVISTA

Pérez Varela: “Feijoo está tan implicado na Cidade da Cultura como estamos todos”

O ex conselleiro de Cultura segue a defender o proxecto do Gaiás e reitera que foi unha decisión unánime do PPdeG.

Redacción - 14:16 01/10/2007
Tags: Gaiás obras

Xesús Pérez Varela non ten pensado cargar ao lombo con toda a culpa. Nunha entrevista concedida a El País, o ex conselleiro reiterou a importancia do proxecto do Monte Gaiás e deixou un coitelo no ar: “Creo que o señor Feijoo, que ademais era membro do Goberno cando se aprobou unha parte da obra, está tan implicado coa Cidade da Cultura como estamos todos”.

O ex conselleiro, que tantas críticas ten recibido polo control que a anterior Xunta exercía sobre a prensa, asegura que “a comunicación está máis mediatizada polo poder agora”.

Poden ler aquí a entrevista completa.


0/5 (0 votos)

Comentarios (3)

ecoe #1 1/Outubro/2007 ecoe

Si o dí, será, que él sabeo todo sobre MEDIATIZACIÓN DA INFORMACIÓN!

Sara_Mago #2 1/Outubro/2007 Sara_Mago

Ui, ui, ui. Soa a ameaça e soa a confissom. Esta-lhe a dizer a cupula do PP que, ou o progetem ou esta disposto a arrastra-los todos na sua caida. Isto cada vez parece-se mais com o filme "Os Intocaveis".

jovame #3 1/Outubro/2007 jovame

Vexamos rapaces, nunha obra que ía ter un custo de 150 millons e vai camiño dos 450 está claro que houbo pra todos. Ademais cuns contratos de tantísimo diñeiro está claro que algúns tiveron que contar co beneplácito do Consello da Xunta, e con informes favorables da asesoria xuridica, da intervencion xeral e doutros organos da Xunta xuntiña.
Se o señor fiscal fai ben o seu traballo coa Cidade da Cultura igual quedamos sen políticos nesta bendita Galiza (todos inhabilitados por prevaricación, malversación de caudales, cohecho e outras cousiñas).

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: