A asociación recibirá 186.000 euros da Consellería de Industria co fin de preparar a candidatura ante a ICANN.
A Consellaría de Innovación e Industria anunciou este mécores que aportará 186.000 euros para os traballos da Asociación Puntogal, que promove un dominio en internet para a lingua e a cultura galegas.
Esta inxección económica será aprobada no Consello da Xunta de mañá. O acordo establece que Puntogal adicará os cartos a “realizar os traballos técnicos e os custos que a ICANN impoña para poder presentar a candidatura galega”.
Poderase presentar en 2008?
Tamén servirá para financiar a presencia do Puntogal nas reunións da ICANN, a próxima das cales terá lugar en Los Ángeles a finais de outubro. Nesa reunión, a ICANN informará dalgúns dos requisitos que esixirá aos candidatos. É posíbel que o ente que controla os dominios de internet abra a porta á presentación de propostas de xeito oficial durante o próximo ano.
Ademais de Puntogal, outros colectivos lingüísticos -como, por exemplo, os bretóns e os galeses- tamén están rfacendo os deberes de cara a apertura de propostas. Pretenden así lograr un identificador de internet de tipo cultural, como o “.cat”, específico para a lingua e cultura catalás.
Al final, siempre termina todo igual...con jugosas subvenciones para todo tipo de trapalladas.
Agora sairam-nos bilíngües estes "macarras", como dona Esperanza
http://www.publico.es/espana/0...
NINHADA de RATOS!!!!
Al final, siempre termina todo igual...con jugosas subvenciones para todo tipo de trapalladas, yo aún recuerdo cuando le pagamos una pasta gansa a Don Julio Iglesias para que promocionase el Jacobeo, aquellas sí que eran inversiones...
o do punto GAL é a tontería máis grande que vin na miña vida.
Levo no negocio dos dominios de internet desde hai case 15 anos, adicándome a comprar-vender-alugar dominios. E o que saiba algo do tema sabe que os únicos dominios con valor COMERCIAL son os TLD ou sexa .COM .NET .ORG e algún que outro novo dominio como .EU e .INFO
E empezan a coller algo de valor os .ES pola influencia que ten no indexado GOOGLE, xa que en google.com (e .es) entrando desde un país latinoamericano indexan antes un .es que o resto de TLD
O de ter un .GAL ou un .GZ ou o que queiras é todo para chupar do bote, ir a viaxiños gratis, sacar pasta de subvencións, etc etc.
Porque valor COMERCIAL non ten ningún.
A utilidade de internet é precisamente a globalidade, se eu teño para vender PIZARRA, querrei vender toda a que poida, e será máis sinxelo facelo con pizarra.com que con pizarra.gal
E os buscadores indexarán primeiro pizarra.com que pizarra.gal
Se o final vai pasar como co .CAT que nunha entrevista que lin por aí, un dos membros da ICANN que votou a favor, o fixo porque lle venderan a moto de que era unha extensión nova para o mundo dos gatos (CAT=GATO EN INGLÉS). Porque en teoría as extensións de países so se conceden a países declarados como tal nas Nacións Unidas, e eu que saiba nós nos temos bandeira nin asientos na ONU.
LuisManuel, dis levar 15 anos pero non parece que che aproveitaran moito meu rei.
Saberás que unha compañia pode ter un pizzarra.com, pizarra.es e pizarra.gal . A primeira pode redireccionar a ese idioma que che permitirá vender a todoquisque (ingles) ou a un idioma ao que lle venderias a mais xente (o chino mandarín), xa que é o teu obxectivo primordial en internet e supoño que para o que queres os dominios (non sei por que as administracións teñen web, xa mo explicarás). Pero podes ter tamén "pizarra.es" se lle queres vender noutro idioma a eses que pola súa ignorancia igual non che saben falar ingles ou chino mandarin, e poñer as cousas en español.
Por certo, hai compañias que non se enteraron do teu razonamento e compraron dominios .cat, por exemplo:
http://www.yahoo.cat
http://www.microsoft.cat
Podes probar a entrar nestas duas ligazóns e terás unha sorpresa.
Ademais teñen rexistrado o seu dominio .cat compañias como "Google" e a nivel mais domestico "Elpais" (acabo de consultalo nun rexistrador coa súa ferramenta de conculta de dominios). Estas non estan activas pero estan xa reservadas.
O .Cat é un dominio que segundo teño entendido está poñendo a Icann como de bon funcionamento xa que ten mais rexistros hoxe en dia que o .mobi (impulsado e pagado por compañias como Nokia, etc..) e o .tv
O tema dos gatos.... As noticias que teño eu polos foros de internet é que precisamente foi ao revés, houbo membros do Icann que "NON" querian darlle o dominio .cat aos cataláns por que decian que o ian empregar para rexistrar dominios relacionados coa industria gatuna.
O tema das pelas..... Simplemente decir que estou de acordo con gaviotera.
Un cordial saúdo, e que sigas traballando moitos anos mais nesto dos dominios. Poderías recomendar a grandes compañias como Yahoo e Microsoft
Pero onde pensan que van chegar sen inversión privada?????
Se non hai interese da parte do capital galego, á marxe dos políticos, non van conseguir nada, nadiña.
estimado aquiestou, redireccionar un dominio, implica que ese dominio poida ser borrado de google.
Unha das súas políticas é isa.
Só che indexará correctamente os dominios con contido.
Se redireccionas dominio1.com a dominio2.com e dominio2.com é o que ten contido, seguramente dominio1.com nin o verás nas búsquedas de google.
E que os grandes rexistren todo, é simple política de marca, e de subvención. A pasta que dá o gobern é moita.
Microsoft tiña o seu soft en catalá e non en galego, pola pasta... se lle dan pasta por traducilo, xenial, senón pois non o farían porque seguramente a cota de mercado non interesa.
O que move este mundo é a pasta, non se son galego ou chinés.
E o .mobi non ten éxito por algo tan sinxelo como pola comodidade.
A xente entra en dominio.com mellor que a dominio.mobi
e o propio servidor detecta se estás entrando desde un mobil ou dun PC e xa che serve a páxina correspondente.
Por iso non ten sentido o .mobi
Prezado LuisManuel, segundo o que dis, podemos establecer que:
a) Un dominio = Aloxamento ( polo tema das redireccións). E como saberás esto non é así, un dominio a nivel moi sinxeliño de entender é poñerlle un nome a un numerejo chamado IP que ao fin e ao cabo é o no que se basea este lio de internet, ou sexa, estamos poñendo un nome facil de lembrar e que nos diga algo a un sitio web. Para que?, pois entre outras cousas para que dende o explorador tecleemos ese nome, as empresas podan publicitalo e dalo a coñecer, e os usuarios cheguen facilmente a el, e .... por que non, ter a marca da entidade (sexa empresa, ONG, asociación de veciños ou páxina persoal) en Internet. Así pois esto das redireccións non sei moi ben que queres decir con iso.
b) Internet = google (polo tema das busquedas en google) . Supoño que ti non empregarás o sitio ese que hai nos navegadores para teclear un enderezo (dominio) e todo o fas buscando no google. Deberiamos recomendar ás compañias e entidades que cando publiciten o seu sitio de internet, fagan referencia ás palabras que hai que cubrir no google para chegar a un sitio, e non que poñan esas cousas de "http://www.....". Por certo sendo así non sei por que Google reservou o google.cat e yahoo o yahoo.cat, non deben de ser moi intelixentes eles.
c) Con respecto ao tema das subvencións. Supoño que si que a Yahoo, a Microsoft, a Google e a El Pais (que foron os exemplos que te puxen, e ao que te refires ti con "grandes compañias") o goberno de Cataluña e o do estado Español lles subvencionan os 20 euros que lles poden costar ao ano os .cat e os .es, algo que non me extrana debido aos altos custes que lles supoñen esta cantidade a estas pequenas empresas.
c) Si o mundo movese pola pasta, aínda que ás veces creo que se montan guerras terribles pola relixión, polas ideoloxias e por cachiños de terra que non valen un patacón (ainda lembro o terrible conflicto entre España e Marrocos por unha rochiña no medio do mar onde só pastaban cabras, non fai moito). Alguns tamén nos movemos por outras cousiñas na vida, será que non estamos todo o día pensando na pasta. Pero poderíamos entrar nun debate filosófico e etico de grande calado neste aspecto e non creo que sexa este o espazo, nin a noticia axeitada para iso ;)
d) O .mobi é tan comodo como o .com . Agora ben, deberiamos decirlles tamén a Nokia, Siemens, etc.. que se gastaron un pastón (e falamos de mais dun millon de euros) en levar adiante e aprobar o .mobi, supoño que estas empresas non saben de temas de internet e telecomunicacións e por iso alguén lles enganou decindolles que iso ia ser util para os seus intereses.
e) Sigo pensando que ogalla continues traballando varios anos mais no tema dos dominios, probablemente acabarás de asesor en google, yahoo ou unha empresa medio perdida destas que non teñen moi claro que é isto de internet e tampouco saben que o mundo se move pola pasta. Sería ao fin e ao cabo unha fuga de cerebro galego ao exterior ;)
Como xa te dixen no anterior comentario... Recibe un cordial saudo sen acritude.