Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Vídeos e documentos

Todo o que sempre quixo saber sobre o Pazo de Meirás

A radio municipal de Sada ofrece unha sección especial dedicada ao pazo dos Franco, que axuda a entender mellor a historia do inmóbel.

Redacción - 18:06 17/09/2007
Pazo de Meirás / Foto: Radio Sada

Pazo de Meirás / Foto: Radio Sada

A web de Radio Sada incluíu unha nova sección que está a recibir moitas visitas. Un apartado especial dedicado ao Pazo de Meirás recolle todo tipo de vídeos sacados de programas de televisión e da biblioteca virtual Miguel de Cervantes dedicados á edificación, dende imaxes do NO-DO até conexións en directo.

Na páxina, o pazo é o protagonista, non só nos vídeos senón tamén en noticias e ligazóns como unha petición en liña para a declaración de Meirás como Ben de Interese Cultural. Tamén se ligan textos sobre a historia do edificio, construído por iniciativa da escritora Emilia Pardo Bazán e que acabou nas mans do ditador Francisco Franco a través dunha Junta provincial pro pazo del Caudillo encabezada por Pedro Barrié de la Maza e o gobernador civil Julio Muñoz Aguilar.


4.29/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: