Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SOS-Courel arremete contra a Lei da Minaría

"Imos ser superpotencia mineira, coma os países pobres de África"

Os dirixentes da asociación falan da norma sen papas na boca. Din, entre outras cousas, que obedece a "presións e intereses económicos moi fortes".

Fernando Arrizado - 18:05 28/11/2007

A Lei de Ordenación da Minaría arrincou este martes na Cámara o seu trámite parlamentario logo da súa aprobación polo Consello de Goberno o pasado mes de xuño.

Moitas son as voces críticas (ADEGA e o SLG presentaron as súas propostas aos tres grupos para modificar varios aspectos da norma, que consideran "mellorábel mais necesaria"); mais algunhas outras son moito máis contundentes: tal é o caso de SOS-Courel, membro da rede Galiza non se vende, que a considera totalmente "innecesaria", e feita para "facilitar a instalación de máis explotacións".

Neste mesmo senso maniféstase Xan Duro, coordinador xeral de Verdegaia, quen afirma que estaría ben feita de "regulamentar o que está sen regulamentar", mais non, "legalizando todo este tipo de explotacións instaladas na Rede Natura e noutros terreos protexidos, que incumpren a lexislación ambiental e urbanística".

"Galiza, paraíso mineiro"

"Imos ser unha superpotencia mineira, que non económica, coma os países pobres de África", afirma Orlando Gregorio Álvarez, vicepresidente de SOS-Courel, quen considera que namentres os países máis desenvolvidos renuncian a este tipo de explotacións, "a Xunta busca que Galiza sexa un paraíso mineiro".

Respecto a se consideran que a futura Lei da Minaría é unha norma necesaria, o presidente da asociación, Xosé Ramón Rodríguez, afirma que non: "O que fai falta é que se cumpran as que xa hai, cousa que non pasa; xa existe un ordenamento xurídico, pero non se cumpre".

Presións do sector mineiro ao Goberno

"Se fósemos un país desenvolvido apreciaríamos o valor educativo e científico -xa non só ambiental- que ten un lugar coma o Courel, e non se permitirían canteiras como La Campa", afirma Orlando Álvarez.

Segundo este, detrás da aprobación da lei por parte do Consello da Xunta, existiron "presións e intereses económicos moi fortes". O vicepresidente de SOS-Courel afirma que unha semana antes da reunión dos conselleiros, os empresarios do sector reuníronse con altos cargos do Goberno para exixirlles unha solución á súa situación de alegalidade.

"Hai que ter en conta que Caixa Galicia, por exemplo, é propietaria do 20% da empresa (Cupire-Padesa) que explota a canteira La Campa", di. Actualmente, SOS-Courel mantén varios procesos xudiciais contra a mina.

A Consellaría de Industria fala dun novo procedemento
Pola súa banda, o departamento de Innovación e Industria defende que a Lei de Minas permitirá "introducir un novo procedemento para a legalización das explotacións -en situación alegal dende a arpobación da Lei do Solo de 2002- e que axilice os expedientes pendentes", "moi elevado", segundo afirman fontes da consellaría.

En calquera caso, aseguran que "as canteiras que non cumpran con este novo criterio ambiental e urbanístico non serán legalizadas e terán que pechar".


4,67/5 (12 votos)

Comentarios (6)

Jatopardo #1 29/Novembro/2007 Jatopardo

Como ben din os de SOS-Courel, imos camiño de converxer cos países do terceiro mundo, que só os queren polas súas materias primas. En Galicia non deixan de instalarnos a "merda" que non queren noutros lugares, porque escarallan moito o medio natural, como instalacións acuícolas, eólicas, hidroeléctricas, canteiras...

Para cando os garimpeiros?

ghalisia #2 29/Novembro/2007 ghalisia

Completamente de acordo con SOS-Courel: a Consellería de Industria promociona unha economía do século XX. Visto o fracaso do seu I+D+i teñen que promover as minas e, con elas, aos seus empresarios mafiosos. Así estamos... e sen controis medioambientais nin patrimoniais. Que vergoña.

ulo #3 29/Novembro/2007 ulo

ghalisia, e cal é a economia do seculo XXI, a da especulacion, a da burbulla inmobiliaria e a suposta economia post industrial?
Por certo, Cupire Padesa -galega ela- vai abrir unha canteira nun país tan africano como a Bretaña.
E por certo, que ten de mao ser africano. O problema de Africa é o saqueo a que a someten os imperialistas; se eles contralaran a mineria do diamenta, do coltan, do ouro, outro galo cantaría.
O problema non é en que se traballa, senon a servizo de quen esta, ou das multinacionais (galegas como Cupire Padesa na Bretaña, por exemplo, ou non) ou do pobo traballador.
Non fagamos victimismo nin "que pobriños somos os ghalegos", que mal nos trata Madrid, que logo, por uns millons euros máis ou menos, sostemos a... grande ministra de fomento, MAGDALENA ALVAREZ.

Tarelo #4 29/Novembro/2007 Tarelo

Comparto o que di Jatopardo, ainda por riba, en Galicia só quedan temporalmente uns salarios de miseria para traballadores xeralmente non cualificados, en comparación cos executivos de Madriz, capital do Estado a donde van parar a totalidade dos beneficios económicos que xenera a destrucción de Galicia. Logo sairan estudos que dirn que Madrid aporta ó Estado o dobre que cataluña e maís do que recibe. Manda carallo na Habana! Hai que foderse! A comunidade de Madriz, aporta máis do que recibe. Que carallo e con que criterio se fan estes estudos. Galicia, aporta ó Estado infinitas veces máis do que recibe. Galicia aporta man de obra barata, materias primas, recursos enerxéticos, etc. dos cais recibe contraprestacións do Estado cidadáns cuia vida laboral está esgotada ben pola xubilación ou ben pola morte no tajo, ou no mellor dos casos, algunha da varias prestacións por incapacidade. Estas prestacións, non son de balde, son gañadas día a día co propio traballo destes traballadores, polo tanto Galicia non recibe nada. Ben sí, Galicia recibe os residuos do sociedade de consumo e do capital actual, vertidos nucleres na fosa atlantica, afundimento de petroleiros e outras embarcacións perigosas nas nosas costas (caso prestige), destrucción do entorno natural desaparición da costa, dos ríos, dos vales, dos montes, dos galegos/as, (con todalas consecuencias medio ambianteis, sociais e económicas, ex-traballadores (xubilados, pensionistas, mortos no tajo, etc), emigración,

Que vaian tomar polo cu. Quen carallo aporta máis, o Estado? Non fai falla ser nacionalista ou independentista para darse conta do que digo.

Jatopardo #5 29/Novembro/2007 Jatopardo

Tarelo, en canto a iso que din que "Madrid aporta moito ao Estado", quero lembrar que Madrid ten a vantaxe do "efecto capital", un exemplo, Galicia é unha potencia na produción eléctrica, pero os impostos págannos as empresas no lugar donde teñen a razón social, Fenosa e Endesa en Madrid e Iberdrola en Bilbo, e como estas moitísimas empresas que operan en Galicia pero pagan os seus impostos en Madrid.

Polo tanto, iso de que "Madrid é quen máis aporta ao Estado", permita que como mínimo o teñamos que matizar.

charino #6 29/Novembro/2007 charino

A explotación da natureza sen control ningún, a exportación dos recursos naturais e da man de obra non cualificada e tamén cualificada, fálanos dunha economía subordinada. Colonial dicían antes os que agora din que é progresista. Botaos!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: