Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
SUBVERSIÓN DA REALIDADE

A AGAL denuncia que Galicia Bilingüe e a Mesa por la Libertad Lingüística queren acabar co galego

A asociación afirma que a "extrema dereita" promove derrogar a Lei de Normalización Lingüística.

Redacción - 19:20 25/02/2008

A Associaçom Galega da Língua (AGAL) denuncia a "completa subversión da realidade" por parte de grupos como Galicia Bilingüe ou a Mesa por la Libertad Lingüística, "ligados á extrema dereita", que pretenden completar o proceso de desgaleguización e substitución lingüística. Despois de 25 anos de Lei de Normalización Lingüística, aprobada por unanimidade polo Parlamento, a AGAL constata que o galego segue case ausente e inferiorizada en moitos ámbitos da vida social, como a xustiza, a banca, o cinema, a prensa, o mundo empresarial e mesmo o ensino.

E, a pesar da situación da nosa lingua, xorden, "aproveitando o período electoral", unhas campañas que promoven a derrogación da Lei de Normalización pola suposta "imposición" do galego e a exclusión do castelán. No seu comunicado, o Consello da AGAL afirma que "falar da imposición en Galiza do seu idioma propio é como falar da imposición en Castela do castelán: un completo absurdo". E, como "está en xogo a sobrevivencia da nosa propia lingua", a AGAL afirma que seguirá a traballar pola plena normalización do galego-portugués e denunciando os ataques á lingua.


4,67/5 (9 votos)

Comentarios (9)

LOIS_DE_SILAN #1 25/Febreiro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nin GB nin a MLL foron, son nin van ser ningún tipo de problema para o galego: o seu discurso é absolutamente irracional e absurdo.

O problema seguímolo a ser os que nos consideramos amigos e defensores da nosa lingua e non somos capaces vg de denunciar e esixir que o Tribunal Constitucional publique as súas resolucións nas linguas en que foi publicada a Constitución, ou que as TVs públicas de ámbito estatal emitan nas linguas propias respectivas atendendo ó territorio de destino e non ó de emisión.

O problema non está, ó meu ver, nas manifestas irracionalidades de GB ou MLL, no seu eventual freo ó galego, senón na evidente falta de estratexia impulsora ou defensa coherente dos demais.

Está alguén a dicir algo verbo da indebida imposición do castelán nos cartóns censuais que a Oficina do Censo Electoral está remesando ós electores na Galiza; vai alguén dicir algo polo uso indebido do castelán na documentación electoral (papeletas, sobres, impresos de actas, ...) na Galiza?

Coido que é importante empezar por onde hai que empezar!

Gaviotero #2 26/Febreiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Y yo denuncio que AGAL mató a Manolete.

Menuda gilipollez la afirmación de AGAL, que lo único que demuestra es que no se han leído los principios de estas asociaciones. ¿O será que sí se los han leído pero como buenos liberticidas y totalitarios están en contra de la libertad de elección y de garantizar los derechos de padres y alumnos y prefieren el totalitarismo y la imposición?

No al totalitarismo. No al nacionalismo.

luimipi #3 26/Febreiro/2008 luimipi
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que non se leeron os "principios" desas asociacións???? jajajajaja.

GAVIOTEIRO, dime...qué é ser Bilingüe?¿????, que eu saiba non podes promover o bilingüismo dicindo que o galego so o estudie quen queira, e todos castelán...iso é bilingue?, por favor. E dicir que se estudian en galego perden competitividade?, iso é defender o bilinguismo?.

TI si que es un totalitario.


Eu respeto moitiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiisimo máis o castelán do que ti fas co galego, pq cada vez q sae algo bo pro galego, que fas ti?, rirte diso (como o dos mobiles, q poidan estar TAMEN en galego fódete...eh?, ves?, ti es coma o "perro del hortelano").


fai un favor, date coa cabeza contra un poste unhas cantas veces, a ver se se te arranxa.Q vas moi torcido.

GB é a maior expresión da búsqueda dunha loita de linguas, a búsqueda da supremacía castelán. E non hai máis. o resto "liberdade"...etc, son DEMAGOXIAS, que so xente mooooi parva pode pensar.

arzaya #4 26/Febreiro/2008 arzaya
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois eu lin a web dalgunha asociación en defensa do castelán. Piden que non se obrigue ao coñecemento do galego aos funcionarios. Como os funcionarios están obrigados a saber castelán iso chámase igualdade. Sobre o lingua na escola pensan que somos idiotas. O PP, partido nacionalista godo, non foi capaz de garantir a existencia de escolas infantís para todos os que quixeran, en galego, nos anos en que gobernou e falan de igualdade.

Gaviotero #5 26/Febreiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Victimismo y totalitarismo. El caldo de cultivo ideal del nacionalismo.

Pues lo tenéis claro...

galeguzo #6 26/Febreiro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vitimismo, totalitarismo, nacionalismo: os ingredientes principais de Galicia Bilingüe. Os meus parabéns ao cozinheiro que descobriu a receita, hahahahahahhaha!

piorno #7 26/Febreiro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O comunicado da Agal na íntegra:

http://www.agal-gz.org/modules...

luimipi #8 27/Febreiro/2008 luimipi
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

gavioteiro, pq non respostas as preguntas?, so chegas, dis 4 merdas como "lemas" "frases feitas" e tal...e pasas a outra nova a dici-lo mesmo...

Veña, valente!. Lisca desta web, ou resposta as preguntas. (eu preferiría coñecerte en persoa, pq teño curiosidade por ver como é un animaliño así...e se ten pelotas de dici-lo mesmo en persoa, e sen o anonimato do internet.)

luimipi #9 27/Febreiro/2008 luimipi
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

TROLLS FORA!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: