ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Cara á manifestación do 17

"Na defensa do galego, nin un paso atrás"

Carlos Blanco, Nando Casal ou Marilar Aleixandre, entre os persoeiros de diversos ámbitos que amosaron o seu apoio á marcha do vindeiro día 17. Vídeo no interior.

Redacción - 14:45 15/05/2009
"O galego, a nosa columna vertebral" é o lema escollido para este ano

"O galego, a nosa columna vertebral" é o lema escollido para este ano

Os apoios chegados á Mesa pola Normalización Lingüística, así como as adhesións ao seu "Manifesto a prol da convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego", fan presupoñer que a manifestación das Letras deste ano será histórica. Con todo, o presidente desta organización, Carlos Callón, non quixo adiantar cifras, se ben reiterou o obxectivo é superar a participación do ano pasado, que se considera a maior de toda a etapa autonómica con 25 mil persoas. Iso si, xa confirmou que "non vai vir xente de fora de Galiza en autobuses", en referencia á última manifestación de Galicia Bilingüe.

Na última das comparecencias públicas antes do gran día, Callón estivo arroupado por diferentes persoeiros do mundo cultural galego, quen quixeron facer patente o seu apoio á manifestación. Actores como Pepe Penabade, Carlos Blanco ou Federico Pérez; músicos como Mero, Tonhito de Poi, Nando Casal ou Vituco dos Ruxe Ruxe; escritores, poetas e profesionais vencellados ao ensino, como Marilar Aleixandre, Marta Dacosta ou Ramón Latas, fixeron explícito o seu rexeitamento ao que consideran unha "involución en materia de dereitos lingüísticos".

Neste sentido se manifestou, por exemplo, Latas quen foi moi crítico co novo presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijoo: "como pode dicir que agora se lle devolverán os dereitos civís aos alumnos? E que até o de agora lle foron usurpados eses dereitos?", dixo, "se quere espírito de consenso, deberá rectificar declaracións coma esta". Na mesma liña se expresaron Marta Dacosta ou Marilar Aleixandre: "fálase de consenso, mais o consenso xa o tiñamos", dixeron. Finalmente, Carlos Blanco deu lectura ao manifesto que pechará a manifestación do vindeiro domingo, o mesmo que suma sinaturas dende a páxina web da Mesa. Xa para Vieiros lamentou ter que volver a superados debates como o do topónimo coruñés: "xa só nos falta volver falar de Puenteareas", dixo ao tempo que subliñou que "non podemos dar pasos atrás, senón avanzar na convivencia".


Ligazóns

4,68/5 (25 votos)

Comentarios (25)

Soberanista #1 15/Maio/2009 Soberanista
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

"Na defensa do galego, nem um passo atrás" é o mesmo que dizer "Galego Sempre Mais", só que esta última soa melhor e é mais construtivista. ;)

acarondosil #2 15/Maio/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Pero non só ningún paso atrás, a min gustaríame dar varios adiante.

volvebreogan #3 15/Maio/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

todos a Santiago o domingo!!!

Erasmo #4 15/Maio/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo -10 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



alveos #5 15/Maio/2009 alveos
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Asi que de fora de GZ non pode ir ninguen? Magoa, coa ilusion que me facia....

ecoe #6 15/Maio/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Se nos valesen forasteiros como a uns poucos hai un mes, nós levaríamos a centos e miles, forasteiros defensores das línguas propias, fronte o €$pañoli$mo bífido monocorde.

forxas #7 15/Maio/2009 forxas
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Dende Cataluña recibide o meu apoio galego e amigo.

LOIS_DE_SILAN #8 15/Maio/2009 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Á manifestación o domingo si! E despois que?

A Mesa vaise encher a pedir entrevistas con canta autoridade haxa?

Vai esixir, habemos esixir?, que o uso da lingua propia do territorio na Galiza española sexa como é o uso da lingua propia do territorio en Castela ... ou na Galiza portuguesa?

Abondaranos con sair retratados nos medios?

Erasmo #9 15/Maio/2009 Erasmo
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



COIRAMIA_GZ #10 16/Maio/2009 COIRAMIA_GZ
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Erasmo, como adoita facer sempre, demostra o mesmiño que lle pasa a outros: que un pode ler e citar a quen queira (o falar non ten cancelas e o papel terma do que lle poñen, di o noso rico e porén esquecido refraneiro popular, tan contaminado tamén por outro que nos é alleo)mais non enteirarse da misa a metade. Recoméndolle -co maior dos respectos, mais non cunha cordialidade que en absoluto lle podo profesar -, que para se referir a Goretti Sanmartín lave primeiro a boca con xabrón, como se lle di aos cativos. Non vexo incompatibilidade entre o que di a profesora (de sociolingüística, por certo; esa disciplina tan aberrante para os amigos de Erasmo, que fala de conceptos mentiráns como "substitución lingüística", "diglosia" ou "conflito lingüístico")e o que se vai defender na rúa en Compostela o domingo. Só agardamos sermos máis que Erasmo e os seus amigos de Galicia Bilingüe. Abofé que si, porque somos máis os bos e xenerosos, queiran ou non.

Pregunta Lois de Silán que qué acontecerá coa Mesa após o domingo...Falo apenas como un socio individual máis que colabora e participa o que pode e cando pode, porén teño por certo que logo do domingo a casa común do galego seguirá facendo o que leva facendo desde hai 22 anos: traballar, traballar e traballar. Pode ser que a algúns iso lles moleste. Iso xa é outro problema.

mceleiro #11 16/Maio/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Que bonito! Goretti Sanmartín, i-Responsável de Normalização na Universidade da Crunha, onde quase não existe o galego e onde cada vez ainda existe menos.

Diz uma coisa (blablabla teórico oficial do bilinguismo harmónico) e faz outra (NADA).

Uns celebram o retrocesso do galego, e outros nas vésperas do 17M aproveitam para reafirmar o isolacionismo, bilinguismo harmónico, a secretaría de política linguística "detodalavida", a sacrosanta RAG, a gloriosa Mesa e a mãe que os pariu a todos.

O que necessitamos é mudar de rumo. 180º, cona!

MCXOSE #12 16/Maio/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Cada uno habla el idioma que quiere, cada uno habla lo que quiere, cada uno habla lo que le da la gana, yo hablo en el idioma que me da la gana etc, a de aquí a peor nas respostas e manifestacións dos galegos por defecto ou galegos antigalegos. Aínda veño de marcha esta noite de Compostela, onde irei mañá a Defensa do Idioma, e me atopo cunha tía que, foder!, que boa estaba (non vou entrar en detalles, pero ganas que teño de dicir que vaia tetas que tiña!...) e non quixen ir intentalo con ela por honra e respecto que sinto pola miña terra: a SUBNORMAL que vive nas aforas -aldea- de Compostela e traballa nun centro de ancianos -loira ela- díxome tras dicirlle Eu, non lembro a que viña exactamente pero díxenlle que Eu era aldeano e que estaba moi orgulloso de falar galego e tal, e dime a SUBNORMAL PROFUNDA "Eu son antigalega" ou en castelán mo dixo, non lembro ben, pero nun principio falume en galego, pero cando lle dixen que se era antigalega estaba a dicir que era antiMin ou AntiEu, e que era o peor insulto que me podían dicir, vindo dunha galega moitísimo máis aínda! e entón xa falou castelán e quixo maquillar en plan "pero yo respeto"... mimá!
Non podo tío, non podo, ISTO TEN QUE REVENTAR POR ALGÚN LADO, Estou até os putos collóns de tanta puta rebgada e tanto puto renegado, foder! que nos amargan a existencia (como galegos) OS PROPIOS GALEGOS!!! Á manifa co corazón na man, co cerebro e a columna vertebral unidos polo noso excelso idioma. SEMPRE GALIZA!!!!!!

Hispanico #13 16/Maio/2009 Hispanico
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Macxosé, nom misture os seus devaneios sexuais com o amor pola sua língua. A próxima vez que se atope numha situaçóm similar nom faça com que a segunda dimensom (o amor pola língua) estrague a primeira (o amor polas fémeas belas), e verá que sempre haverá ocasom para por as cousas em claro, umha vez satisfeita a força original que o atira às fémeas renegadas da aldeia.

Nesta questom sociolinguística nom adianta nada pensar c'o caralho.

fillotolo #14 16/Maio/2009 fillotolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Erasmo mañá en Compostela contas os que somos e logo comparalo coa manifestacións dos anormais de Galicia Bilingüe. Se eres capaz de sumar e restar correctamente, calculas a diferencia e feito isto reflexiona.
Non necesitamos traer autobuses de fora de Galiza, porque con respecto a nosa lingua so deben opinar os galegos.

Viva Galiza

tranqui #15 16/Maio/2009 tranqui
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Maña non se acaba o mundo, pero pode ser un gran día. Aínda que concordo con Hispanico, o relato de MCXOSE paréceme (no fondo) moi tenro ( Algún día estaría ben estudar a relación entre desamor e sentimento revolucionario)

EVAZSOU #16 16/Maio/2009 EVAZSOU
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Sempre me fascinou dos inimigos do galego, do Século XIX até hoje, passando por todas as fases da nossa história de resistência e imposição do castelão, como cada salto de fase que ameaça com prender (seja político, ortográfico, genérico, de espaços sociais ou de propaganda)sempre vêm os falsos amigos espanholistas de toda a vida e defensores de um galego para usos folclóricos a darem-nos lições de tolerância, concórdia e bons e melhores caminhos tirando à cena a personagens e discursos ultrapassados que no seu dia eles mesmos e os seus meios (especialmente La VOZ) e plataformas (do Folclore Gallego da Pardo Bazán à Galiza Bil de, fora a alma, Glory Lake) se encarregaram de afundir, deslegitimizar e fechar como caminhos...

Sim, sim vinde agora Goretti, a RAG, os mínimos, a MESA, Piñeiro...

No fundo isto destaca que se vai pelo bom caminho. No fndo vai haver que lhe agradecer ao PP e aos tarados estes de Galiza bil que conseguiram fazer que quando menos em algo nos vaiamos entendendo os galegos.

EVAZSOU #17 16/Maio/2009 EVAZSOU
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#14 e Outros vós sabeis quantos galegos andamos por fora de Galiza e não imos poder estar, para o nosso pesar, esse dia e todos os dias, por estar fora da Galiza... quantos descendentes de galegos?

A ver se deixais de nos desanimar e dizer que não fazemos parte... nós também decidimos.

mansdodemo #18 16/Maio/2009 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

E agora, e despois do 17,.........eu pido unha LÍNGUA GALEGA para TODAS, TODOS.
Sen condicionamentos, que non fan máis que dividir, separar....e o que hai é que unir, xunguir, xuntar, sen pisar aos que non pensan igual ca nós, con tolerancia.
LÍNGUA CON AMOR, LÍNGUA CON LIBERDADE, LÍNGUA CON DIGNIDADE. Para que os pequenos a queiran, lle tomen gusto, e segan a falala con todo o seu AMOR.
O futuro da LÍNGUA son os nenos, nenas, e os xóvenes.......por iso temos que practicala con un gran RESPETO: de reverencia, veneración, aprecio, estima, tolerancia, recoñecemento, consideración, importancia.
¡E a traballar por ELA!.

Soberanista #19 16/Maio/2009 Soberanista
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Resistir --> Afiançar-se --> VENCER!

amoscaesquerdosa #20 16/Maio/2009 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Mágoa que o PSdeG-PSOE recuara na súa participación no acto unitario do domingo.
Con actitudes coma esta amosan os lindeiros da súa ideoloxía.
Así como en Francia o NPA (Novo Patido Anticapitalista) deixou moi claro que calquera política de alianzas pasa por desbotar ao PS galo, aquí a esquerda consecuente debería ir pensando en construír alternativas sen estes xestores profesionais do sistema. Poderase tardar máis, pero mellor iso que ir a outro bipartito frustrante.
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com

Lidor #21 16/Maio/2009 Lidor
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

O reintegracionismo debía convocar a súa propia manifestación e non luxarse indo ao lado de Goretti Sanmartín, membros da RAG e demais "nauseabunda" caste.

mandacaralho #22 16/Maio/2009 mandacaralho
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Erasmos cadras mellor nos foros Galiza Bífida.
Mañá todos a Santiago a prol das mil primaveras máis para o galego. Hispanopailáns fora.

jujolor #23 17/Maio/2009 jujolor
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma. —Castelao. Sempre en Galiza
A dominación de Galiza endexamais será efectiva entrementras fale un idioma diferente do castelán. —Castelao. Sempre en Galiza
por iso compre defender o noso idioma

jujolor #24 17/Maio/2009 jujolor
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

¿Con que dereito se nos obriga a deprendermos a lingua de Castela e non se obriga aos casteláns a deprenderen a nosa? —Castelao. Sempre en Galiza.
E xa é hora de decir que Galiza será forte en Hespaña cando se negue a falar en castelán e fale fortemente a súa língoa. —Castelao. Sempre en Galiza

florbela #25 20/Maio/2009 florbela
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Tivo muito tempo o bng para tentar mudar a situação lingüistica, na norma, nos cámbios precisos no governo, e não se fez nada, continuaram os mesmos caciques a trabalhar na política lingüística; a lingua a escrever-se com a grafia de outra,..imposível não vê-la como dialecto...
Felizmente sempre poderemos nos orgulhar de que foi aqui que nasceu uma língua internacional
Mas claudicar não, que isto sirva de aprendizagem

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Vídeo: Monti Castiñeira, Marilar Aleixandre, Carlos Blanco e Marta Dacosta dan os seus motivos para acudir á manifestación do vindeiro domingo

Imaxe da manifestación do ano pasado, cando se xuntaron unhas 25 mil persoas na Quintana
Imaxe da manifestación do ano pasado, cando se xuntaron unhas 25 mil persoas na Quintana
Imaxe dos persoeiros que manifestaron o seu apoio á manifestación do domingo
Imaxe dos persoeiros que manifestaron o seu apoio á manifestación do domingo