Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: santiago

29/Abril/2008 /

Estudantes de Medicina maniféstanse en Santiago contra a posibilidade de que se abran máis facultades

Consideran que antes de crear novos centros hai que facer un “estudo rigoroso” das necesidades que ten a titulación.


14/Xaneiro/2008 /

A Asociación Estatal de Investigación da Comunicación constituirase en Compostela

Do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro desenvolveranse unhas xornadas coa presenza de expertos internacionais.


22/Decembro/2007 /

O Gordo da Lotaría deixa 48 millóns de euros en Carballo e Compostela

A administración número tres da capital de Bergantiños vendeu quince series do primeiro premio e a tamén número tres de Compostela unha.


21/Novembro/2007 /

Os alcaldes de Santiago, Ames e O Barco apuntan como posíbeis presidentes da Fegamp

Ás portas da asemblea, o secretario de Organización do PSdeG subliña que non haberá acordo de quendas para a presidencia. Os socialistas xa manexan varios nomes.


15/Outubro/2007 /

Coremain ampliará o seu persoal con 70 traballadores TIC

A firma compostelá presenta un concurso de ideas empresariais para universitarios como parte do seu plano de expansión até 2009.


14/Setembro/2007 /

A contaminación do aire en Santiago supera o límite legal

A Xunta di que é porque a estación de control está preto dun garaxe, estación que trasladará ao Campus. Os ecoloxistas négano e alertan de doenzas pulmonares.


10/Setembro/2007 /

Bota a andar a cooperativa de consumo responsábel de Santiago

Unhas corenta 'unidades de consumo' compran a produtores locais alimentos ecolóxicos na busca dunha alternativa aos supermercados


2/Setembro/2007 /

Dous galegos dominan a montaña

Óscar Freire aproveitou unha caída masiva diante da escola Mestre Mateo na que se viu implicado o anterior líder, Bennati, para se converter no líder da Vuelta.


29/Agosto/2007 /

Bugallo quere publicar na rede as propiedades dos concelleiros de Santiago

Os mandatarios da capital de Galiza serían os primeiros de todas as cidades do país en usar internet para dar a coñecer o seu patrimonio


23/Agosto/2007 /

Os avións de 'Air Deus' viaxarán a Compostela

O Vaticano firma un acordo con Mistral Air, fundada por Bud Spencer, para crear unha liña aérea de baixo custe que unirá centros de peregrinación.


8/Agosto/2007 /

O PP acusa á Xunta de favorecer os municipios do BNG na elección das saídas e chegadas da 'Vuelta'

Consideran que se lle deron as etapas da 'Vuelta' aos municipios onde as concellarías de Deporte son do Bloque, prexudicando outras vilas con máis tradición ciclista.


29/Xullo/2007 /

As actividades arredor da Vuelta encherán de vida varias vilas das primeiras etapas

Circuítos de spining, exposicións fotográficas, unha marcha cicloturista e unha volta ciclista para os máis novos e novas, son algunhas das propostas de Deporte.


12/Xullo/2007 /

Compostela e Santiago do Cacém, cidades "irmás"

No OpenVieiros, o internauta Neo destaca, á beira da irmandade de Compostela e a localidade portuguesa de Santiago do Cacém, a exposición "No Caminho sob as Estrelas".


19/Xuño/2007 /

PSdeG e BNG asinan a súa terceira coalición na capital

Satisfacción e optimismo de socialistas e nacionalistas cara ao novo ciclo de goberno en Compostela que se abre este martes.


16/Xuño/2007 /

BNG e PSdeG chegan a un principio de acordo en Vigo

Este sábado constitúense os 315 concellos do país, que permitirá coñecer con maior alcance o verdadeiro resultado das pasadas eleccións municipais.


15/Xuño/2007 /

O BNG incorporará en Compostela novas áreas de goberno

Tráfico e Transportes ou Persoal sumaríanse ás responsabilidades que desempeñaron neste último mandato os edís nacionalistas en Santiago.


14/Xuño/2007 /

Compostela estrea unha ambiciosa web centrada na "atención ao cidadán"

Xa era a única que aparecía entre as dez mellores a nivel estatal. Agora, a web do Concello de Santiago presenta redeseño e novos servizos.


31/Maio/2007 /

Vigo, Ourense, Pontevedra e Lugo en 3D e a vista de paxaro vía Microsoft

A resolución das imaxes é tal que pode verse as persoas andar pola rúa. Santiago pódese visitar en liña portal a portal.


24/Maio/2007 /

Radiografías: As zonas quentes da campaña

De Vigo, a metrópole máis poboada, a Negueira de Muñiz, o concello máis pequeno de Galiza. Un repaso ás claves das sete cidades e dalgunhas das comarcas con máis en xogo nestes comicios municipais.


23/Maio/2007 /

PSdeG: Pedindo apoios para botarlle "o fecho ao pasado do PP"

"O PP só ofrece pasado: falan de fillos ilexítimos, de voto obrigado, e teñen a 16 persoas empadroadas na casa...", dixo Touriño en Santiago de Compostela.