Vieiros

Vieiros de meu Perfil


10/Xaneiro/2010 /

Portugal: cando se apagan as luces da Eurocopa quedan as débedas

Seis anos despois de albergar a máxima competición do fútbol europeo, as cidades seguen a pagar os gastos da construción de estadios.


29/Xuño/2008 /

A selección española imponse a Alemaña e consegue a súa segunda Eurocopa

Fernando Torres logrou o único gol na primeira parte.


29/Xuño/2008 /

Alemaña e España pelexan por abrazar a Eurocopa

Os alemáns buscan o seu cuarto título europeo e os españois o segundo.


24/Marzo/2008 /

Unhas cámaras voadoras han controlar Suíza durante a Eurocopa

A cidade de Zürich vai empregar estes aparellos para controlar tamén o tráfico e o que acontece na vindeiro europeo de fútbol, que comezará en xuño.


15/Novembro/2007 /

O Extrugasa estréase como local na Eurocopa

A semana pasada estiveron a piques de gañarlles ás venecianas do Beretta, finalmente quedaron a nada de estrear a Liga Europea cunha vitoria.


7/Xullo/2006 /

Entrevista a Juan Carlos Laurenza: "Un Galiza-Holanda na Eurocopa sería saudábel"

Laurenza é o único xornalista que veu de Uruguai para radiar o partido. Columnista de 'La República', coñece ben o fútbol uruguaio e o español. E a importancia simbólica do partido para o rival. Que Galiza poida xogar contra Holanda nas eurocopas do futuro, anque non teñamos liga propia, parécelle "saudábel, como todas as cousas que a xente quere maioritariamente".


5/Xullo/2004 /

A Eurocopa 2004 vai para Grecia

Cunha selección integrada por maioría de xogadores suplentes nos seus equipos, os gregos xa venceran a Portugal no partido de inauguración. A continuación, empataran con España, perderan con Rusia e en cuartos e semifinais eliminaron a Francia, a campiona anterior e favorita e á República Checa, que viña amosando o mellor fútbol. Malia esa dobre xesta, o seu fútbol defensivo e pouco atractivo para o afeccionado nunca lles fixo gozar da condición de favoritos. Os portugueses pareceron marcar o ritmo da final, dominaron a posesión do balón e tiveron as mellores oportunidades, pero o marcador só se moveu no minuto 57, cando Charisteas rematou ao fondo da rede un córner a prol de Grecia. Máis información no Diario de Titulares e no Canal Lusofonía.


1/Xullo/2004 /

Portugal é a primeira finalista da Eurocopa 2004

O estadio da Luz, en Lisboa, será escenario o domingo 4 de xullo dunha final que protagonizará o país anfitrión. A tensión coa que os xogadores viviron a semifinal puxo máis emoción que bo xogo no estadio de Alvalade. Á fin, Portugal conseguiu pasaporte cara o último chanzo no camiño ao trofeo continental logo de gañarlle 2-1 a Holanda na noite do mércores. O outro finalista sairá do partido que este xoves desputan Grecia e a República Checa. Poden ampliar no Canal Lusofonía de Vieiros.


17/Xuño/2004 /

Portugal segue vivo na Eurocopa

A selección portuguesa gañoulle un difícil partido á selección rusa (2-0) e mantén as súas posibilidades intactas na Eurocopa 2004, da que é anfitrioa. Todo se decidirá no último partido desta primeira fase, fronte a España. Por outra parte, o carralés Ricardo Cabanas debutará coa selección suíza fronte a Inglaterra, nun partido onde só vale a vitoria.


12/Xuño/2004 /

Comeza a Eurocopa con derrota portuguesa

O maior espectáculo deportivo do continente, a Eurocopa, vivirase ata o 4 de xuño en Portugal. No Estadio do Dragão portuense, a selección anfitrioa abría o torneo cunha áspera derrota. Un gol grego aos sete minutos de xogo e unha desesperante carencia ofensiva arrefriaron a calideza da ilusión posta por todo Portugal na súa selección. O único galego na Eurocopa, Ricardo Cabanas, non se estreará coa selección suíza ata o 17 de xuño, contra Inglaterra. No outro partido de hoxe, España gañáballe a Rusia 1-0.


2/Decembro/2003 /

Eurocopa 2004

Portugal – Grécia, no estádio do Dragão em Porto o próximo 12 de junho às 18h. inaugura a citação européia de verão para os torcedores: mais de vinte dias seguidos de futebol internacional. O sorteio dos grupos realizouse o passado domingo em Lisboa. Os encontros mais interessantes: duelo ibérico Portugal-Espanha no grupo A, França-Inglaterra no grupo B, Dinamarca-Itália no C e Alemanha, Holanda e a República Checa no que promete ser o quadro mais disputado.


1/Decembro/2003 /

Eurocopa 2004

Portugal – Grecia, no estadio do Dragão no Porto o próximo 12 de xuño ás 18h. abrirá a eurocita de verán para a afección futbolística: máis de vinte días seguidos de fútbol internacional. O sorteo dos grupos realizouse o pasado domingo en Lisboa. Entre as citas máis interesantes: duelo ibérico Portugal-España no grupo A, Francia-Inglaterra no grupo B, Dinamarca-Italia no C, e Alemania, Holanda e a república Checa no que promete ser o cadro máis desputado.


11/Marzo/2003 /

Eurocopa: Antas recebe abertura e Luz encerra

O Euro 2004 abre a 12 de Junho, do mesmo ano, com o jogo de estreia de Portugal no futuro estádio do Futebol Clube do Porto (FCP) e encerra a 4 de Julho, no novo estádio da Luz, com a realização da final. De acordo com o calendário provisório, anunciado esta segunda-feira pela organização, os novos equipamentos de ‘dragões’, ‘águias’ e ‘leões’ vão receber 15 dos 31 jogos da fase final do Campeonato da Europa de Futebol.


3/Xullo/2000 /

Outra derrota para Portugal na Eurocopa

Os jogadores portugueses Abel Xavier, Nuno Gomes e Paulo Bento foram hoje suspensos de toda a actividade internacional pelo comité disciplinar da União Europeia de Futebol (UEFA), uma decisão que se aguardava depois dos incidentes nos últimos minutos e após o final do Portugal-França das meias finais do Euro 2000.


26/Xuño/2000 /

Portugal-Francia nas semifinais da Eurocopa

Portugal, o único semifinalista que não tem qualquer título num Campeonato da Europa, vai defrontar a campeã mundial França no jogo das meias finais do Euro 2000, a decorrer na Holanda e na Bélgica. O jogo terá lugar na próxima quarta-feira, em Bruxelas.


20/Xuño/2000 /

'Abertzales' mercan dominio da Eurocopa

Gazte Abertzaleak, a organización da mocidade de Eusko Alkartasuna, mercou o dominio www.eurocopa2000.org para reclamar a oficialidade de todas as seleccións vascas e o dereito a participaren en competicións coficiais como a propia Eurocopa. Denuncian que os xogadores vascos vense abocados a ter que participar coa camisola da selección francesa ou española malia que o Parlamento Vasco aprobou en 1998 a Lei Vasca do Deporte na que se declaraba a oficialidade da súa selección. Con esta web os mozos abertzales pretenden chamar a atención de xeito pacífico sobre este feito.


20/Xuño/2000 /

Portugal-Turquia nos cuartos de final da Eurocopa

A Turquia garantiu esta segunda-feira a passagem aos quartos de final do Campeonato da Europa, a decorrer na Holanda e na Bélgica, ao vencer a selecção belga, numa partida realizada no Estádio Rei Balduíno, em Bruxelas.


23/Maio/2000 /

Paulinho Santos fóra da Eurocopa

O médio do Porto Paulinho Santos, que sofreu uma lesão no malar no jogo deste domingo na final da Taça de Portugal, foi operado com sucesso, no entanto, o jogador não poderá integrar a selecção nacional no Euro'2000.


26/Abril/2000 /

Para Portugal a Eurocopa comeza este serán

O partido de hoxe da selección portuguesa de fútbol, en Italia, non é só unha pachanguiña amigable. É, dalgunha forma, o gran test ás potencialidades de Portugal para o Europeo de xuño. Porque anque Italia atravese un mal momento, é sempre favorita. E Portugal, se quere ter aspiracións para a victoria no Euro 2000, ten que se bater cos grandes de verdade.


23/Febreiro/2000 /

Portugal ultima os ensaios para a Eurocopa

Comezan esta tarde os partidos de preparación para a Eurocopa do 2000. Portugal vai enfrontarse a unha renovada selección de Bélxica no estadio de Charleroi, ás oito da tarde. Case 4.000 portugueses, entre emigrantes e desprazados, estarán presentes no campo. A selección de Bélxica é precisamente unha das organizadoras da fase final do Europeo, e está dirixida por Robert Waseige, que antes adestrara o Sporting de Lisboa.



Buscador