Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Moncho Iglesias

O Nadal ten DNI

12:00 24/12/2008

Dende hai xa moitos anos, cada 24 de Nadal, xúntanse familiares e amigos para desexarse felices nostalxias, e aderezalas con panxoliñas e oracións de diverso tipo.

Dende hai xa moitos anos, cada 24 de Nadal, xúntanse familiares e amigos para desexarse felices nostalxias, e aderezalas con panxoliñas e oracións de diverso tipo. Co tempo, esas lembranzas do pasado esqueceron o motivo primixenio destas reunións: o comezo do inverno, o nacemento de Xesús ou o andar dunha nova etapa na vida.
Atendendo esa demanda de cancións, cuxo tema adoita xirar entorno a idea de Xesús e o seu Belén natal; casas, comercios, escolas e rúas énchense de representacións que tentan imitar a noite na que naceu o Mesías. Ao mesmo tempo, moitas das figuras que adornan o período de Nadal acompáñanse de cancións únicas para esta época, nas que pastores, lavandeiras e ata reis magos visitan Belén.

Quizais por culpa desa amnesia, que provoca o esquecemento do pasado, o presente sexa anacrónico e esa Belén reconstruída en presebes non teña nada que ver co lugar actual. Por iso, esas panxoliñas nas que a entrada a Belén é un camiño de ledicias que dá benvidas a calquera que por alí pase quedan obsoletas na actualidade. Para evitar confusións, reprodúcese aquí unha panxoliña actual que non fala de nacemento, senón da defunción do Nadal.

Suspenderon o Nadal en Belén
Suspenderon a paz en Belén
Nunha terra noutrora coñecida como Esperanza
A Pistola ten o control
Suspenderon o Nadal en Belén
Suspenderon a liberdade en Belén
Suspenderon a esperanza en Belén
Encerraron o neniño tras o muro do gueto
Suspenderon o Nadal en Belén
E os anxos cantan atrapados tras o muro
Os anxos seguen a cantar, abaixo, en Beit Sahour,
E se as nosas panxoliñas e os nosos rezos
Non son en van
Debemos derrubar o muro da prisión que estrangula a Belén
E o muro
Debe caer
O muro
Debe caer
Se a paz está a chegar á Terra
O muro
Debe caer
Suspenderon os Reis Magos en Belén
Suspenderon os pastorciños en Belén
Pararon aos Reis Magos no control militar
E os pastorciños non poden saír da casa
Están en toque de queda en Belén
E os anxos cantan atrapados tras o muro
Os anxos seguen a cantar, abaixo, en Beit Sahour,
E se as nosas panxoliñas e os nosos rezos
Non son en van
Debemos derrubar o muro da prisión que estrangula a Belén
E o muro
Debe caer
O muro
Debe caer
Se a paz está a chegar á Terra
O muro
Debe caer
E o muro
Debe caer
O muro
Debe caer
Se a paz está a chegar á Terra
O muro
Debe caer
Suspenderon o Nadal en Belén



4.55/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Moncho Iglesias

Moncho Iglesias Míguez (Vigo, 1974). É mestre de castelán como lingua estranxeira en Belén, Palestina. Licenciado en Filoloxía Hispánica e doutorando en Filoloxía Galega. Coas súas crónicas, Moncho cóntanos de primeira man o conflito árabe-israelí. »



Anteriores...