Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Concentración fronte ao Pazo de Meirás

Centos de persoas esixen "a devolución da dignidade" ao pobo

O presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña afirma que a devolución do Pazo de Meirás "é un tema político", provocado por "unha transición de trinta anos que aínda non rematou".

Redacción - 15:05 18/11/2007

Unhas 300 persoas concentráronse este domingo ao mediodía ante o Pazo de Meirás (Sada, A Coruña), propiedade da familia do ditador Francisco Franco, para esixir "a devolución da dignidade" ao pobo galego.

O presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Manuel Monje, subliñou que esta convocatoria "multiplicou por tres" a afluencia de anteriores, polo que se mostrou "satisfeito" pola resposta cidadá.

Monje incidiu en que a devolución do Pazo de Meirás "é un tema político" que atribuíu a "unha transición de trinta anos que aínda non rematou", e supeditou a "recuperación da dignidade" á devolución do inmóbel.


4,75/5 (8 votos)

Comentarios (4)

Gaviotero #1 18/Novembro/2007 Gaviotero

¿Cientos de personas? ¿Trescientas? ¿No será que han contado tres o cuatro veces a las mismas personas?

La propia policía local de Sada, tirando por lo alto, ha contado apenas un centenar de personas.

http://www.lavozdegalicia.es/g...

Se ve que a los gallegos les interesan más otras cosas que estos trapicheos políticos de bloqueiros revanchistas que quieran limpiar su pasado franquista.

Nenodapobra #2 18/Novembro/2007 Nenodapobra

Gavoteiro.... Eu coido que che coñezo. ¿Ti de quen vés a ser...?

Nenodapobra #3 19/Novembro/2007 Nenodapobra

Gavoteiro ¿estarias alí claro? ¿E...Moncho?

carlosroca #4 19/Novembro/2007 carlosroca

Gaviotero...Ti conta con que son poucos os que están pola devolución do Pazo e verás como cho quitan de diante das túas narices...
...vaite facer parapente ao "Valle de los Caidos" e queda vivir por alí co teu Paco e Pepe, e ficaremos tod@s máis comodos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: