Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito no Curdistán

Turquía, EUA e Iraq suman forzas para combater a guerrilla do PKK

O ministro de Exteriores iraquí anunciou a creación dun centro de operacións militar conxunto.

Redacción - 11:00 24/01/2009
Guerrilleiros do PKK en 2005

Guerrilleiros do PKK en 2005

Turquía, Iraq e Estados Unidos acordaron a posta en marcha dun centro de operacións conxunto no Curdistán iraquí onde partillar intelixencia militar coa fin de combater o Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK), informou este venres o ministro de Exteriores iraquí, Hoshiyar Zebari.

"Acordamos co ministro (de Exteriores de Turquía, Ali Babacan) localizar o centro en Erbil", sinalou Zebari nunha conferencia conxunta co seu homólogo turco en Ankara, engadindo que o complexo incluiría os EUA, que consideran o PKK unha organización terrorista.

Ademais, o alto funcionario recoñeceu que existía "un novo clima de entendemento e cooperación" entre o seu país, Turquía e o goberno rexional do Curdistán iraquí.

Relacións tensas entre gobernos

Pola súa banda, Babacan afirmou que anular as actividades do PKK na rexión son un "elemento esencial" na consolidación das relacións entre os dous estados. Diplomáticos turcos informaron que o centro de operacións abrirá en semanas.

Turquía levou a cabo varios ataques aéreos sobre obxectivos do PKK en aldeas do norte de Iraq (Curdistán iraquí) durante o ano pasado. A comezos de 2008, o Exército miles de soldados turcos cruzaron a fronteira para combater a guerrilla, un movemento que tensou as relacións co goberno de Iraq.


1.44/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: